Susan Boyle

cantante británica

Susan Magdalane Boyle, nada en Blackburn (West Lothian) o 1 de abril de 1961, é unha cantante escocesa que acadou unha gran fama internacional cando apareceu como concursante no programa de televisión da ITV Britain's Got Talent o 11 de abril de 2009. Cantou "I Dreamed a Dream" do musical Les Misérables, mais non gañou o concurso e ficou segunda detrás do grupo de baile Diversity.

Infotaula de personaSusan Boyle

(2013) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Susan Magdalane Boyle Editar o valor em Wikidata
1 de abril de 1961 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
Blackburn, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónQueen Margaret University (en) Traducir
St Kentigern's Academy (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante , actriz , música Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1998 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoMúsica pop Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
TesituraMezzosoprano Editar o valor em Wikidata

InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoColumbia Records
Sony Music Entertainment Editar o valor em Wikidata
Participou en
7 de xaneiro de 2019America's Got Talent: The Champions (en) Traducir
11 de abril de 2009Britain's Got Talent, series 3 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Páxina websusanboylemusic.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm3409164 TV.com: people/susan-boyle
Facebook: susanboyle Twitter: SusanBoyle Instagram: susanboylemusic MySpace: susanboylehq Youtube: UCDwM1WXb_9Bw7FSrm_DVCFA Spotify: 1qAuetfG6mhtDgsVIffWQc iTunes: 337320501 Last fm: Susan+Boyle Musicbrainz: eefcf168-6b1b-46ec-9b75-f8a01161abb5 Songkick: 2785886 Discogs: 1634095 Allmusic: mn0002124302 WikiTree: Boyle-2622 Deezer: 318521 Genius: Susan-boyle Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Antes de cantar na audición, tanto os xuíces como o público demostraban desconfianza pola súa aparencia desleixada e comportamento inseguro. En resposta, despois dunha sorprendente actuación, foi ovacionada polo auditorio e polos xuíces, que aplaudiron de pé. O contraste da súa actuación coa primeira impresión que deu, xerou unha enorme repercusión global. Apareceu nos xornais de todo o mundo e bateu récords de reproducións en vídeos de Internet.

Aínda que non gañou o programa, asinou un contrato co selo discográfico Sony Music, e o 23 de novembro de 2009 saíu o seu primeiro álbum musical, I Dreamed a Dream. Converteuse no álbum de debut máis vendido da historia do Reino Unido, superando o récord de Leona Lewis co seu disco Spirit,[1] e tamén estebeleceu o récord de vendas dun álbum debut na súa primeira semana, segundo a Official Charts Company.[1] No seu primeiro ano de fama, Boyle gañou 5 millóns de libras co lanzamento de I Dreamed a Dream e os sinxelos "I Dreamed a Dream" e "Wild Horses".[2] O éxito continuou no seu segundo traballo, The Gift (2010), que acadou os primeiros postos das listas de vendas do Reino Unido e tamén dos Estados Unidos de América en dúas ocasións no mesmo ano. O seu terceiro álbum saíu o ano seguinte, Someone to Watch Over Me (2011).[3][4] Tamén sacou os álbums Standing Ovation: The Greatest Songs from the Stage (2012),[5] Home for Christmas (2013),[6] Hope (2014), A Wonderful World (2016) e Ten (2019).[7]

O 12 de maio de 2012, Boyle volveu ao programa Britain's Got Talent como convidada para interpretar "You'll See" na gran final.[8] Ao día seguinte, interpretou a canción "Mull of Kintyre" no castelo de Windsor.[9]

Boyle é coñecida por dar o seu apoio a varias causas benéficas e participou nos eventos BBC Children in Need e Comic Relief. En 2013, Boyle vendera arredor de 19 millóns de copias en todo o mundo e foi candidata a dous Premios Grammy.[10] Boyle ten publicados oito álbums, entre os que se inclúen dous de Nadal, Home For Christmas e A Wonderful World. En 2019 celebrou dez anos como artista coa publicación dun álbum recompilatorio titulado Ten e unha xira.

En 2021 estimábase que Boyle vendeu arredor de 19 millóns de discos.[11]

Discografía

Álbums musicais

  • I Dreamed a Dream (2009)
  1. Wild Horses
  2. I Dreamed a Dream
  3. Cry Me a River
  4. How Great Thou Art
  5. You'll See
  6. Daydream Believer
  7. Up to The Mountain
  8. Amazing Grace
  9. Who I Was Born to Be
  10. Proud
  11. The End of the World
  12. Silent Night
  • The Gift (2010)
  1. Perfect Day
  2. Hallelujah
  3. Do You Hear What I Hear?
  4. Don't Dream It's Over
  5. The First Noel
  6. Holy Night
  7. Away In A Manger
  8. Make Me A Channel Of...
  9. Auld Lang Syne
  10. O Come All Ye Faithful
  • Someone to Watch Over Me (2011)
  • Standing Ovation: The Greatest Songs from the Stage (2012)
  • Home for Christmas (2013)
  • Hope (2014)
  • A Wonderful World (2016)
  • Ten (2019)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: