Tiburón touro

O tiburón touro[3] ou tiburón ollo de touro[4] (Carcharhinus leucas) é unha especie de tiburón da familia dos carcarrínidos que habita polo xeral en augas mornas e superficiais ao longo de costas e en ríos. É coñecido pola súa natureza agresiva e a súa presenza en augas salobres superficiais e augas doces, onde se inclúen estuarios e ríos.

Tiburón touro
Rango fósil: Mioceno–presente [1]

Tiburón touro nas Bahamas.


Estado de conservación
Case ameazada (NT)
Case ameazada[2]
Clasificación científica
Reino:Animalia
Filo:Chordata
Clase:Chondrichthyes
Subclase:Elasmobranchii
Superorde:Selachimorpha
Orde:Carcharhiniformes
Familia:Carcharhinidae
Xénero:Carcharhinus
Especie:C. leucas
Nome binomial
Carcharhinus leucas
(J. P. Müller & Henle, 1839)
Distribución da especie.
Distribución da especie.

Distribución da especie.

Os tiburóns touro pode vivir en augas salgadas e doces e poden adentrarse grandes distancias nos ríos do interior. Sábese de exemplares que percorreron o río Mississippi até a altura de Alton, Illinois,[5] a uns 1 100 km do océano. Porén, case non se teñen rexistrado interaccións entre humanos e tiburóns en augas doces. Os tiburóns touro de gran tamaño son responsables da maioría dos ataques de tiburón preto da costa, incluíndo moitas trabadas atribuídas a outras especies.[6]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

  • Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.
🔥 Top keywords: