Paleóxeno

Era [1]PeríodoÉpocaMillóns de anos
CenozoicoCuaternarioHoloceno0,011784
Plistoceno2,588
NeóxenoPlioceno5,332
Mioceno23,03
PaleóxenoOligoceno33,9 ±0,1
Eoceno55,8 ±0,2
Paleoceno65,5 ±0,3

O paleóxeno (escrito ás veces paleoxeno),[2] tamén coñecido como terciario temperán, é, na escala de tempo xeolóxico, un período xeolóxico, o que inicia a era Cenozoica.

Durante o paleóxeno aparecen e diversifícanse os équidos, como Hyracotherium (na ilustración) ou Mesohippus.

Comezou hai 65,5 ± 0,3 millóns de anos e acabou hai 23,03 millóns de anos.[3][4][5] Cunha duración, por tanto, duns 43 millóns de anos, o paleóxeno destacou especialmente pola evolución dos mamíferos a partir de especies pequenas e relativamente pouco importantes como o eran a finais do cretáceo.

Divídese en paleoceno, eoceno e oligoceno.

O período paleóxeno marcou un tempo de transición na historia da Terra. O cambio climático máis profundo foi o arrefriamento que fixo medrar as rexións polares. No ámbito global formáronse cadeas montañosas actuais en América do Norte (Sierra Nevada e Montañas Rochosas) e en Europa (Alpes, cadeas Ibéricas, Béticas, Pireneo e Cantábrica). Os sedimentos que rexistran estes e outros sucesos cenozoicos están, na súa maioría, non consolidados, a excepción de carbonatos e algúns silicatos litificados.

Os organismos que permaneceron nos océanos son os taxons que persisten hoxe en día. Sobre a Terra, as anxiospermas do paleóxeno eran parecidas ás do cretáceo superior. A vida animal cambiou drasticamente; os mamíferos, en xeral pequenos ao inicio do paleóxeno, xa eran moi parecidos aos actuais a finais do período. Importantes no período foron: Mesohippus (cabalos), foraminíferos, monos, plantas con flor, a diversificación dos mamíferos, a formación do carbón, os Alpes e, en Suramérica, a subdución de tipo Andino.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas


 Este artigo sobre xeoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

🔥 Top keywords: