Ulmus × hollandica

especie de árbore

O Ulmus × hollandica é un híbrido natural entre o olmo de montaña (Ulmus glabra) e o olmo mediterráneo (Ulmus minor) que habitualmente acontece por toda Europa alí onde as zonas de distribución das dúas especies emparentadas superpóñense. Tamén se ten plantado amplamente por todas as zonas temperadas[1].[2][3]

En Galicia existen algúns exemplares senlleiros.

Descrición

As árbores e follas son amplamente intermedias entre as dúas especies.[4]

Pragas e enfermidades

Algún exemplares posúen unha moderada resistencia á grafiose.[5] Exemplos de superviventes maduros na zona de hibridación de Essex inclúen os olmos híbridos na presa do río Can, no extremo occidental do Admiral's Park, Chelmsford.

Cultivo

Introducido en América do Norte e Australasia, moitas árbores vellas aínda sobreviven en Nova Zelandia, en particular en Auckland, sendo considerado o mellor exemplar o que se atopa nas aforas do Ellerslie Racecourse.[6]

Árbores senlleiras en Galicia

O Ulmus hollandica do Pazo de Lourizán en Pontevedra e o conxunto destas árbores do Xardín de San Carlosda Coruña, figuran no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos