Víctor Narro

futbolista español

Víctor Narro Valero, nado en Palma o 27 de maio de 1999, é un futbolista español que xoga como extremo dereito no Lugo, da Primeira División RFEF, cedido polo Deportivo da Coruña.

Víctor Narro
Información persoal
NomeVíctor Narro Valero
Nacemento27 de maio de 1999
Lugar de nacementoPalma
Altura1,84 m.
PosiciónExtremo dereito
Información de club
Club actualLugo
Número15
Carreira xuvenil
–2017Mallorca
2015–2016 La Salle
2017–2018Villarreal
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
2018–2019Roda35(3)
2019–2020Villarreal C27(4)
2020–2021Villarreal B21(0)
2021–2022Valladolid B27(6)
2021–2022Valladolid3(0)
2022–2023Deportivo da Coruña14(0)
2023 Atlético Baleares17(1)
2023–Lugo7(1)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 25 de outubro de 2023.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

Comezou a xogar ao fútbol nas categorías inferiores do Mallorca e máis tarde no La Salle,[1] antes de incorporarse á canteira do Villarreal CF en xaneiro de 2017.[2]

Na tempada 2018/19 militou na Terceira División nas filas do CD Roda, club co que o Villarreal mantén un convenio de colaboración.[3] Debutou nunha vitoria por 2-1 ante o Paterna CF e disputou un total de 35 partidos, marcando 3 goles.[4] A continuación regresou ao Villarreal para xogar no equipo C, tamén de Terceira División.[5] Na tempada 2020/21 xogou co Villarreal B na Segunda División B, disputando 21 partidos.

O 31 de xullo de 2021 deixou definitivamente o club e tres días despois o Real Valladolid Promesas, filial do Real Valladolid, oficializou a súa fichaxe para xogar na nova Primeira División RFEF.[6][7] Xogou 27 partidos co filial e o 13 de novembro de 2021 debutou co primeiro equipo na Segunda División, da man do adestrador Pacheta, nunha vitoria por 3-0 sobre o Fuenlabrada, entrando nos instantes finais como substituto de Álvaro Aguado.[8][9] Xogou catro partidos máis co primeiro conxunto valisoletano ata o final da tempada.

O 24 de xuño de 2022 foi anunciado como novo xogador do Deportivo da Coruña, tamén de Primeira RFEF, co que asinou un contrato por dúas tempadas.[10] Participou en todos os partidos mentres tivo como adestrador a Borja Jiménez, pero perdeu protagonismo trala chegada de Óscar Cano ao banco, polo que en xaneiro saíu cedido ao Atlético Baleares.[11] No equipo palmesano contou con máis tempo de xogo e contribuíu cun gol e cinco asistencias á salvación do equipo.[12]

Ao remate da tempada o seu contrato co Deportivo foi rescindido e uns días despois anunciouse a súa fichaxe polo Lugo, equipo que viña de descender á Primeira RFEF.[13]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas