Veda (relixión)

antigos escritos do hinduísmo

En relixión, denomínase Veda a cada un dos textos sagrados que constitúen o fundamento da tradición relixiosa da India. Estes textos están escritos en sánscrito arcaico.[1]

Páxina dun texto sánscrito do Rig veda, en escritura devanagari.

Os Vedas pertencen ao vedismo, ou relixión do período védico, historicamente anterior ao hinduísmo.[2]

Textos

Son catro textos on recompilacións de himnos, coleccións de oracións, fórmulas de consagración e expiación dirixidos aos deuses, escotos nunha lingua chamada sánscrito védico, do que posteriormente se orixinou o sánscrito clásico. Inicialmente, os Vedas transmitíanse só oralmente, e aínda hoxe, nalgunhas rexións da India, como Kerala, hai escolas védicas onde os nenos aprenden o seu contido de memoria.[3]

  • O Rig veda (ou 'Veda dos himnos'), o texto máis antigo da literatura da India, de mediados do II milenio a. C. Texto épico-relixioso con 1 028 himnos (denominados rik) dedicados a múltiples deuses.
  • O Sama veda (ou ‘Veda cantábel’), que consiste nun 96 % dos himnos do Rig-veda, ordenados de maneira diferente.
  • O Yajur veda (ou ‘Veda do sacrificio’), que consta dun terzo de himnos do Rig-veda.
  • O Atharva veda (ou ‘o Veda do [sabio] Átharvan’), conxunto de himnos para contrarrestar maleficios nun sacrificio de fogo.

Patrimonio mundial da humanidade

A tradición do canto védico foi cualificada pola UNESCO en 2008 como Patrimonio cultural inmaterial da Humanidade.[4]

Notas

Véxase tamén

Outrios artigos

🔥 Top keywords: