Voda

Cerimonia mediante a que se principia un acordo de matrimonio

Unha voda,[1] tamén chamada casoiro,[2] casamento,[3] esposorio[4], himeneo[5] ou nupcias[6] é unha cerimonia civil ou relixiosa mediante a que se principia un acordo de matrimonio. A cerimonia componse de varias partes, que poden variar dependendo do rito, aínda que as máis comúns, fundamentalmente na concepción relixiosa do termo, son o intercambio de aneis e os votos nupciais.

Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda, no día do seu casamento, en Buenos Aires.

En Galiza

En Galiza, tradicionalmente foron maioritarias as vodas católicas, mais a partir do comezo do século XXI a tendencia foi mudando en favor dos casamentos civís. Foi no ano 2009 cando estes últimos superaron por vez primeira a aqueloutras de corte relixioso.[7] En 2016 casaron en Galiza un total de 9 129 parellas, das que 6 879 (o 75,35%) o fixeron por medio de cerimonias civís e 2 250 (o 24,65%) seguiron o rito católico.[7]

Foto do casamento de Xavier Prado Lameiro posando coa súa muller, Dolores Montes, en 1907.
AnoTotal de
casamentos
Rito civilRito relixioso
199611 5512 339 (20,25%)9 212 (79,75%)
199811 866 2 682 (22,60%) 9 184 (77,40%)
200011 955 2 676 (22,38%) 9 279 (77,62%)
200211 472 3 121 (27,21%) 8 351 (72,79%)
200411 339 3 839 (33,86%) 7 500 (66,14%)
200611 024 4 506 (40,87%) 6 518 (59,13%)
200810 759 4 812 (44,73%) 5 947 (55,27%)
20109 675 5 292 (54,70%) 4 383 (45,30%)
20129 380 5 767 (61,48%) 3 613 (38,52%)
20148 687 5 856 (67,41%) 2 831 (32,59%)
20169 129 6 879 (75,35%) 2 250 (24,65%)
Tendencia dos casamentos civís e relixiosos en Galiza entre (1996-2016)[7][8]

O casamento na cultura popular galega

  • Casaron a Pedro con Manoela; se ruín é el, ruín é ela.
  • Casou Pedro e non foi mal; casou en terras de pan.
  • Día de casamento, día de contento.
  • O día da voda deixade á noiva que se compoña.
  • O día que me casei, boa cadea me botei.
  • O día que te casas, ou te curas ou te matas.
  • O día que te cases, ten coidado non te manques.
  • Cásate, Xan, en domingo,/ estarás o luns de voda,/ o martes traballarás,/ e acabouse a festa toda.
  • Cásate Xan en domingo,/ estarás o luns de voda/ e o martes traballarás / para que folgue túa dona.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

🔥 Top keywords: