Xosé Neira Vilas

narrador, ensaísta, xornalista e poeta galego

Xosé Santiago Neira Vilas, nado en Gres (Vila de Cruces) o 3 de novembro de 1928 e finado no mesmo lugar o 27 de novembro de 2015, foi un xornalista, recoñecido e premiado escritor galego en lingua galega e lingua castelá e dinamizador cultural, emigrante na Arxentina e Cuba, membro da Real Academia Galega, Medalla Castelao e Medalla de Ouro de Galicia, autor dunha ampla obra narrativa, na que destaca Memorias dun neno labrego (1961), o libro máis editado da historia da literatura galega. Cultivou tamén o ensaio, a poesía e a literatura infantil. A súa obra, tanto por calidade como por cantidade, converteuno nun clásico das letras de Galicia.

Infotaula de personaXosé Neira Vilas

Neira Vilas en 2009. Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(gl) Xosé Santiago Neira Vilas Editar o valor em Wikidata
3 de novembro de 1928 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Morte27 de novembro de 2015 Editar o valor em Wikidata (87 anos)
Gres, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaGres Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaGalicia, Arxentina, Cuba
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Buenos Aires Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura galega, xornalismo e literatura española Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Buenos Aires Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritor , xornalista , ensaísta Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1960 Editar o valor em Wikidata - 2015 Editar o valor em Wikidata
Membro de
Real Academia Galega (2001–2015) Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoNarración, ensaio e poesía Editar o valor em Wikidata
Movementorealismo social [1]
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeAnisia Miranda (1957–2009)
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Bitraga: 287 AELG: 258 Dialnet: 1892053

Traxectoria

Infancia

Xosé Santiago foi o fillo máis vello de Xosé Neira Silva e Manuela Vilas Arteaga, labregos que tiveron en total sete rapaces (Xosé, María, Xesús, Mercedes, Santiago, Manuel e Carme). O pai estivo na Arxentina seis meses xestionando o cobro dunha herdanza. Cos cartos que trouxo fixo unha casa e a familia trasladouse da do Romano, onde nacera Xosé e os irmáns máis vellos, á nova, onde a familia seguiu medrando. O mozo Xosé complementou a súa escasa formación primaria nunha pasantía de Camanzo, estudou comercio por correspondencia e, con dezaseis anos de idade, traballou de contable nun serradoiro.[2]

Na Arxentina

Entrada na Arxentina o 10/2/1949. José Neira Vilas tiña vinte anos.

En xaneiro de 1949 emigrou a América, inicialmente á Arxentina, exercendo traballos diversos de tipo comercial, sempre en calidade de asalariado. Alí publicou os seus primeiros traballos na prensa galega da emigración, como Opinión Gallega. Entrou en contacto con galeguistas como Luís Seoane, Rafael Dieste, Ramón Suárez Picallo, Lorenzo Varela, Ramón de Valenzuela, Emilio Pita ou Alberto Vilanova. Integrou o grupo de teatro galego que dirixía Ricardo Flores Pérez. Estendeu a súa colaboración xornalística a publicacións de Uruguai e México.

Xosé e Anisia no día do seu casamento.

En 1953, con outros mozos e mozas emigrantes, fundou as Mocedades Galeguistas, grupo político nacionalista xuvenil, das que foi secretario xeral e participou no proxecto do seu boletín Adiante (1954), publicado integramente en galego, do que saíron poucos números.[3] Foi Secretario da Comisión Organizadora do histórico Congreso da Emigración Galega (1956).[4] O 21 de febreiro de 1957 casou coa cubana de pais celanoveses Anisia Miranda Fernández, que se trasladara a Buenos Aires en 1953 e estudou xornalismo con Xosé. Nunca tiveron fillos. Vivindo nunha casa da rúa Asunción, en xullo dese mesmo ano, e por consello de Francisco Fernández del Riego, fundaron xuntos Follas Novas, unha modesta editorial e importante distribuidora en América de libros en galego[5] na que, despois de dez anos na capital arxentina e de reunir os poemas que foran aparecendo en distintos xornais e revistas, publica o seu propio primeiro libro: Dende lonxe (1960). Daquela traballaba nunha empresa de importación de madeiras, facía as xestións bancarias e cando remataba metíase no café La Vieja Viena, do barrio porteño de Villa Urquiza, a escribir. De aí, en tres meses, saíu o seu segundo libro, primeiro en prosa, Memorias dun neno labrego (1961).

Neste tempo usou os pseudónimos Xosé Ulla e P. Neirando.[6]

En Cuba

En 1961 o matrimonio marchou para Cuba, permanecendo trinta e un anos no Caribe, onde escribiu a maior parte da súa obra literaria. Na illa traballou a prol da revolución.[7] Alí fundou a Sección Galega do Instituto de Literatura e Lingüística, que dirixiu durante vinte e dous anos. Desempeñou diversos traballos na administración, no Ministerio de Industria Básica (MINBAS), tendo ao seu cargo a división "Organismos internacionales y convenios de colaboración científica y técnica". Colaborou na prensa de dentro e fóra, como Nova Galicia, e exerceu durante seis anos (1983-1989) a xefatura de redacción da revista infantil Zunzún.[8] Dende 1972 a parella fixo unha ducia de viaxes a Galicia.

A volta definitiva a Galicia

Xa xubilados, regresaron definitivamente a Galicia en 1992 para viviren en Gres. Alí continuaron co labor cultural e xornalístico e dirixiron a Fundación Xosé Neira Vilas, constituída en maio de 1993. Foi catalogada oficialmente como de interese cultural[9] e de interese galego,[10] co obxecto de promover e divulga-la cultura galega nos seus máis diversos aspectos, en tódalas facetas da cultura universal que incidan no patrimonio cultural de Galicia. A fundación ten a súa sede na Casa do Romano, que alberga un museo etnográfico e unha biblioteca pública de 8 500 volumes[11] . A FXNV convoca bianual e alternativamente o Premio Arume de poesía e o Premio Estornela de teatro para nenos.

Na Fundación Neira Vilas, en 2008.

Neira Vilas escribiu as series "Memoria da emigración" e "Crónicas galegas de América", aparecidas inicialmente en Faro de Vigo (os domingos de 1992 a 1995) e despois en El Correo Gallego (1995-1999). Neste mesmo xornal, fixo a columna dominical "Arredor do mundo" e "O sarillo do tempo" e, máis adiante, puntualmente, artigos culturais en Galicia Hoxe.[12]

Ingresou como membro numerario da Real Academia Galega no ano 2001, a proposta de Xesús Alonso Montero, Antón Santamarina e Francisco Fernández Rei,[13] pronunciando o discurso A cultura galega en Buenos Aires: 1950-1960, respondido por Alonso Montero.[14] Tralo seu pasamento a súa cadeira foi ocupada en xaneiro de 2017 por Marilar Aleixandre.

Anisia Miranda finou o 22 de outubro de 2009. O de Gres faleceu na súa cama na súa casa de Vila de Cruces o 27 de novembro de 2015 ós 87 anos de idade.[15]

Obra

A súa obra Memorias dun neno labrego é o libro máis lido da historia da literatura galega[16] con máis de 700 000 exemplares vendidos.[17][18] Tanto esta coma outras obras posteriores reflicten o mundo rural e a emigración. Entre as novelas que reflicten o mundo rural hai que distinguir entre as de protagonista infantil e adulto. As de protagonista infantil, forman o chamado "ciclo do neno" e son: Memorias dun neno labrego (1961), Cartas a Lelo (1971) e Aqueles anos do Moncho (1977). Entre as que reflicten o agro galego dende a perspectiva adulta e recrean toda a súa crueza: Xente no rodicio (1965),[19] A muller de ferro (1969)[a] e Querido Tomás (1980). Un pouco diferentes, aínda permanecendo un substrato rural, son as obras Lar (1973), Nai (1980) e Pan (1986). O mundo da emigración aparece en Camiño bretemoso (1967), na colección de contos Historias de emigrantes (1968), en Remuíño de sombras (1972) e en Tempo novo (1987).

Neira Vilas escribiu tamén libros para nenos, entre os que destacan Espantallo amigo (1971), O cabaliño de buxo (1971), A marela Taravela (1976), Contos vellos pra rapaces novos (trad., 1983) e Chegan forasteiros (1992). En colaboración coa súa muller, Anisia Miranda, publicou un libro de cancións e poemas titulado Cantarelas e contos prá xente miúda (1975).

Listaxe da obra en galego

MEMORIAS DUN NENO LABREGO, DE
XOSÉ NEIRA VILAS, REMATOUSE DE
IMPENTAR EN ARTES GRAFICAS AL-
FONSO RUIZ, RUA GENERAL URQUIZA
Nº 564, BUENOS AIRES, O 5 DE XANEIRO
DO 1961.

Narrativa

 

Estatuas a Balbino, protagonista de Memorias dun neno
labrego
, en Lalín e Vigo.

  • Querido Tomás (1980).[28] Sada: Ediciós do Castro. Foi traducida ao castelán.[29] En Galaxia, Biblioteca Neira Vilas: 2011, 140 páxs. ISBN 978-84-9865-394-6.
  • Encrucilladas (1981).[d] Vigo: Galaxia. ISBN 9788471543431.
  • Pan (1986). Vigo: Galaxia. 164 páxs. ISBN 978-84-7154-551-0.
  • Tempo novo (1987). Sada: Ediciós do Castro. Galaxia: Ed. en 2022, Biblioteca Neira Vilas, 162 páxs. ISBN 978-84-9151-803-7. Ambienta os seus relatos no período de cambio que se opera en Cuba tras a Revolución de 1953, onde nos achega o desarraigamento dos galegos e as súas esperanzas nos cambios sociais.
  • Papeis, As toupas e O home dos ferranchos (1992). Contos do Castromil.
  • Charamuscas (1993). Vigo: Galaxia. Inclúe Lar, Nai e Pan. 184 páxs. ISBN 9788471548795.
  • Contos de tres mundos (1995). Vigo: Edicións Xerais de Galicia, Col. Biblioteca das Letras Galegas. 232 páxs. ISBN 9788475079127. Edición e prólogo de Xosé Manuel Enríquez. Textos escollidos de: Xente no rodicio, A muller de ferro, Historias de emigrantes, Tempo novo, Pan.
  • O home de pau (1999). Vigo: Xerais. Ilustracións de Siro López.[e] 176 páxs. ISBN 9788483026571. [30]
  • Relatos mariñeiros (2003). Vigo: Xerais. Ilustracións de Xaquín Marín. 128 páxs. ISBN 978-84-8302-933-6. Unha vintena de narracións curtas inspiradas na comunidade de pescadores galegos das Mariñas, asentados na Habana durante os anos trinta, corenta e cincuenta do século XX.[31]
  • A fuxida de Manuel (2007). Pío García Edicións. Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística. Prólogo de Xaquín Monteagudo.[32]
  • Esperando o leiteiro (2012). Vigo: Galaxia, Biblioteca Neira Vilas. 112 páxs. ISBN 978-84-9865-421-9. Un monólogo sen pausas no que narra a vida dun mozo campesiño mentres agarda para iniciar a viaxe que, a mediados do século XX, o ha levar da súa aldea a Buenos Aires.
  • Lar. Nai. Pan (2014). Vigo: Galaxia, Biblioteca Neira Vilas. 224 páxs. ISBN 978-84-9865-568-1.
  • Romaría de historias (2015). Vigo: Galaxia, Biblioteca Neira Vilas. 152 páxs. ISBN 978-84-9865-644-2. Novela ambientada na aldea galega.
  • Os papeis do vello mariñeiro (2017). (póstuma). Edicións Bolanda. Máis de sesenta historias de mariños da mercante.[33] 88 páxs. ISBN 978-8469737033.
  • Co pai (2019). Vigo: Galaxia, Biblioteca Neira Vilas.[34] 92 páxs. ISBN 978-84-9151-350-6. As vivencias co seu pai. As experiencias dos dous xuntos, en común, en compaña nos labores, traballos e problemas domésticos (póstuma, inéditos).
Xente no rodicio, 1965.

Literatura infanto-xuvenil

Poesía

Inquedo latexar, 1969.

Ensaio

  • Memoria da emigración I (1994). Sada: Ediciós do Castro.[41] Serie Documentos.
  • Eduardo Blanco-Amor, dende Buenos Aires (1995). Sada: Ediciós do Castro. 280 páxs. ISBN 9788474927238.
  • A lingua galega en Cuba (1995).[40] Consello da Cultura Galega. ISBN 978-84-87172-94-6.
  • Memoria da emigración II (1995). Sada: Ediciós do Castro. 316 páxs. ISBN 9788474927627.
  • Memoria da emigración III (1996). Sada: Ediciós do Castro. ISBN 978-8474927986.
  • Galegos que loitaron pola independencia de Cuba (1998).[40] Sada: Ediciós do Castro. 244 páxs. ISBN 9788474928822.
  • Acto de investidura como "doutor honoris causa"…. 1999.[42] UDC.
  • Crónicas galegas de América. Rolda primeira (1999).[43] Sada: Ediciós do Castro. 316 páxs. ISBN 9788474929478.
  • Crónicas galegas de América. Rolda segunda (2000).[44] Sada: Ediciós do Castro. ISBN 978-84-7492-993-5.
  • Manuel Murguía e os galegos da Habana (2000). Sada: Ediciós do Castro. 240 páxs. ISBN 9788474929683.
  • A cultura galega en Buenos Aires, 1950-1960 (2001).[14] Discurso de ingreso na RAG.
  • Crónicas galegas de América. Rolda terceira (2002).[45] Sada: Ediciós do Castro. 400 páxs. ISBN 9788484850458.
  • Prosas varias (2004). Fundación Otero Pedrayo-Ed. Galaxia. 124 páxs. ISBN 978-84-920781-8-9.
  • O sarillo do tempo (2004). Vigo: Xerais. 240 páxs. ISBN 9788497820868. A vida, o mundo, as amizades, as homenaxes, a historia, a literatura protagonizan este centenar de artigos escritos ao compás do sarillo do tempo que marca o existir e o facer de Neira Vilas.
  • Xentes e camiños (2005). Vigo: Xerais. 216 páxs. ISBN 9788497822626. Son cen artigos de acentuado carácter memorialístico, publicados no xornal El Correo Gallego, onde se convocan a xentes moi diversas que percorren os camiños do tempo máis variados.
  • Vinte anos retornando (2006). Vigo: Xerais. 240 páxs. ISBN 978-84-9782-477-4. Recolle a experiencia das doce viaxes que realizou coa súa compañeira Anisia Miranda dende 1972 ata 1992, cando, despois de corenta e tres anos na emigración americana, deciden radicarse definitivamente en Galicia.
  • Arredor do mundo (2007). Vigo: Xerais. 240 páxs. ISBN 9788497826372. Un cento de artigos noutros tantos temas e acontecementos que ocorren no mundo que se chama Galicia.
  • Neira Vilas, os anos da Arxentina: 1949-1961: textos recuperados (2008). Vigo: Galaxia. Ed. de N. Longhini. 312 páxs. ISBN 978-84-9865-060-0.
Entrevista na Casa do Romano, en 2013.
  • Lóstregos (2009). Vigo: Xerais, Crónica, Xornalismo. 224 páxs. ISBN 978-84-9914-025-4. Cen temas variados que informan, analizan ou denuncian cuestións ou acontecementos pretéritos que dalgún xeito inciden nas nosas vidas.
  • Presenza galega en Cuba (2010). Vigo: Xerais. Tradución de Xosé Manuel García Crego. 184 páxs. ISBN 978-84-9914-080-3.[46]
  • Penúltimo dietario (2011). Vigo: Xerais. 312 páxs. ISBN 978-84-9914-286-9. Memoria dos últimos dezasete anos (del e de Ansia) vivindo no retrinco do mundo onde eu: a imaxe do Ulla, os labradíos e os montes de Gres, o Castromouzo, o castro da Pena Andoriña...
  • 100 anos do Himno galego (2012). Ferrol: Edicións Embora. 118 páxs. ISBN 978-84-92644-42-1.[47]
  • Cancela aberta (2013). Vigo: Xerais. 216 páxs. ISBN 9788499145143. Textos que nos levan a lugares, persoas e feitos recreados ou descoñecidos, sempre novidosos.[h]
  • Neira Vilas. Memoria gráfica (2013). Santiago: Edicións Bolanda. ISBN 9788461668649.
  • Con Anisia Miranda na Costa da Morte (2014). Ferrol: Edicións Embora. 176 páxs. ISBN 978-84-92644-86-5.[48]
  • Días de Cuba (2014).[49] Vigo: Galaxia, Col. Memoria. 412 páxs. + 18. ISBN 978-84-9865-523-0. Lembranzas de 1961 a 1992, cando residiu en Cuba.
  • Galicia en Cuba. Lingua, Rosalía, loitas (2014).[40] Consello da Cultura Galega.
  • Isaac Díaz Pardo. Crónica dunha fecunda amizade (2014). Santiago: Edicións Bolanda. 424 páxs. ISBN 978-84-616-9448-8.[50]
  • Semente galega en América (2015). Santiago: Edicións Bolanda. 216 páxs. ISBN 978-84-616-6864-9. As historias de cen "sementes" galegas en América.
  • Olladas no camiño (2016). Silleda: Edicións Fervenza. 216 páxs. ISBN 978-84-943036-6-1. Recompilación de distintos artigos de Xosé Neira Vilas publicados en medios escritos.
  • De Gres a Cádiz (2018). Vigo: Galaxia, Biblioteca Neira Vilas.[i] 216 páxs. ISBN 978-84-9151-167-0.[51]
  • Caderno de Gres (2021).[52] Fundación Xosé Neira Vilas.

Epistolarios

Con Anisia Miranda

Outras obras colectivas

Homenaxe da AELG.
  • II Festival da Poesía do Condado. SCD Condado, 1982.
  • IV Festival da Poesía no Condado. SCD Condado, 1984.
  • Luís Seoane, 1910-1979. Unha fotobiografía. Xerais, 1994.
  • Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade. Ediciós do Castro, 1995.
  • Construír a paz. Xerais, 1996.
  • Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996). Xerais, 1996.
  • E dixo o corvo.... Xunta de Galicia, 1997.
  • Manuel Ponte Pedreira: a resistencia antifranquista na comarca de Ordes. "Obradoiro de História", 1997.
  • Novo do trinque. Bloque Nacionalista Galego, 1997.
  • 16 poemas galegos para Ernesto Che Guevara contra a súa morte (1967-1973). USC, 1997.
  • Poetas e narradores nas súas voces. I. Consello da Cultura Galega, 2001.
  • Un futuro para a lingua. Xunta de Galicia, 2002.
  • Carlos Casares: a semente aquecida da palabra. Consello da Cultura Galega, 2003.
  • Homenaxe poética ao trobador Xohan de Requeixo, 2003.
  • Narradio. 56 historias no ar. Xerais, 2003.
  • Palabra por palabra. Contos da Policía. Ir Indo, 2003.
  • Poemas pola memoria (1936-2006), Xunta de Galicia, 2006.
  • Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo, Difusora, 2006.
  • Actas do Congreso Manuel María. Literatura e Nación. Fundación Manuel María, 2009.
  • Encontros con Laxeiro. Ir Indo, 2009.
  • Cartas de vellos amigos (1959-1998). Galaxia, 2010. Edición de Dolores Vilavedra.[k]
  • En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova. Editorial Toxosoutos, 2010.
  • Correspondencia de Neira Vilas con Valentín Paz-Andrade e Celso Emilio Ferreiro. Cadernos Ramón Piñeiro XXII, CIRP, 2012.[56]
  • Cartas e lembranzas. Epistolario con Francisco Fernández del Riego 1959-2007. Galaxia, 2013.
  • Epistolario Ramón Piñeiro–Xosé Neira Vilas. Cadernos Ramón Piñeiro XXXII, CIRP, 2015. Ed. de A. Requeixo.[57]

Listaxe da obra en castelán

Narrativa

  • En la extraña ciudad: cuentos y recuentos (1982). A Habana: Arte y Literatura.

Ensaio

Biblioteca na avda. Martínez Garrido, Vigo.
  • Los días cubanos de Alfonso Castelao (1988). A Habana: Unión.
  • Presencia diversa de los gallegos en Cuba (2007). Xunta de Galicia.

Traducións

Do castelán ao galego
Do galego ao castelán
Os seus restos repousaron en S. Domingos de Bonaval antes de ser enterrado en Gres.

Igualmente, traduciu varios libros da súa propia autoría, previamente publicados en galego, para publicar en castelán en editoriais cubanas: Memorias de un niño campesino, Aquellos años de Moncho, Querido Tomás, Camino nebuloso, Pescadores gallegos de La Habana e Los días cubanos de Alfonso Castelao.

Recoñecementos

A traxectoria de Neira Vilas foi recoñecida con varios premios e recoñecementos, destacando entre eles os seguintes:

Multimedia externa
Gravacións de son
"Neira Vilas: 'Días de Cuba'" RNE, 3/10/2015 (en castelán).
Vídeos
Entrevista, por Fernanda Tabarés, en V Televisión, 5/3/2012.

Galería de imaxes

Notas

Referencias

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: