Vostok 1

Vostok 1 foi o nome da primeira misión tripulada da Historia, con Iuri Gagarin a bordo. Foi lanzada pola Unión Soviética o 12 de abril de 1961 mediante un foguete Vostok 8K72K desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][5]

Vostok 1
A cápsula e o traxe de Gagarin en exposición
TipoTripulada
Data de lanzamento12 de abril de 1961, 6:07 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorVostok 8K72K[2][5]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2][6]
Duración da misión1 hora e 48 minutos[2][6]
Obxectivo da misiónPrimeiro voo tripulado.[2][6]
Regreso12 de abril de 1961[1][6]
NSSDC ID1961-012A
Masa4725,0 kg[2][5][6]

Características

A misión de Vostok 1 foi realizar a primeira misión orbital tripulada. O equipamento da cápsula incluía o soporte vital e comunicación por radio e televisión para monitorizar o estado do cosmonauta. O voo foi completamente automático e os controis manuais estaban bloqueados polo descoñecemento da influencia do espazo no comportamento dos humáns, pero podían desbloquearse cun código numérico que se atopaba nun sobre pechado que Gagarin tiña á súa disposición. Durante a reentrada o módulo de servizo quedou enganchado na cápsula de reentrada, facendo que esta xirara descontroladamente ata que a calor da reentrada fundíu o cable que mantiña unidos ambos módulos. Gagarin, tal como estaba planeado, exectouse da cápsula a uns poucos quilómetros de altura e aterrou usando o seu propio paracaídas.[2][3][4][5]

O voo tivo lugar 25 días antes do primeiro voo espacial suborbital dos Estados Unidos.[2][3][4][5]

Véxase tamén

Outros artigos

Notas

🔥 Top keywords: