Washington Lions

Os Washington Lions foron un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Washington, D.C., Estados Unidos. Foron un dos membros fundadores da American Hockey League (AHL) na tempada 1941–42. Os Lions xogaron dúas tempadas antes de desaparecer a causa da segunda guerra mundial. Outro equipo denominado Washington Lions xogou na Eastern Hockey League entre 1944 e 1947. Os Lions da AHL Lions rexurdiron en 1947. Despois da tempada 1948-49, o equipo foi trasladado a Cincinnati (Ohio) baixo o nome Cincinnati Mohawks. O baleiro foi enchido por un segundo equipo que xogou na Eastern Hockey League, entre 1951-53, e 1954-57, que posteriormente se convertería nos Washington Presidents.

Washington Lions
Fundación1941
Cidade Washington, D.C.
Estados Unidos de América Estados Unidos
EstadioUline Arena
LigaAmerican Hockey League
DivisiónLeste

Durante o seu primeiro ciclo de existencia, os Washington Lions estiveron afiliados os Montreal Canadiens da National Hockey League (NHL).

Ano a ano

Durante os anos que participaron na AHL, os Lions tiveron uns modestos resultados, participando tan só unha vez nos play-offs.

Liga regular

TempadaPartidosVDEPtsGFGCClasificación
1941–425620306461601723º, Leste
1942–435614348361842723º, Leste
1947–486817456402413696º, Leste
1948–496811534261794016º, Leste

Play-offs

Tempada1ª rolda2ª roldaFinais
1941–42 0-2 Cleveland
1942–43Non clasificado
1947–48Non clasificado
1948–49Non clasificado

Véxase tamén

Ligazóns externas