Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
David Lendoiro Perdomo , coñecido artisticamente como David Perdomo , nado na Coruña o 19 de decembro de 1979 , é un actor e músico galego .[ 1]
Estudou no Colexio Peñarredonda da Coruña e despois arte dramática na Escola Casa Hamlet da mesma cidade. Tamén foi alumno de Leo Bassi ou Churri Silva. Comezou a aparecer na TVG e a facer monólogos. Desde 2009 colaborou con Xosé Antonio Touriñán e Roberto Vilar no Land Rober . En 2010 participou nunha serie de Internet interpretando o personaxe de "Koruño" co seu falár característico. En 2011 participa no programa No le digas a mamá que trabajo en la tele con Dani Rovira , Goyo Jiménez e Iñaki Urrutia.[ 2]
É tamén músico, foi vocalista de diversos grupos (Señor Peligro[ 3] ) e forma parte de Brainwash, ferrolá de banda de death metal .
Colaboracións en televisión e teatro editar a fonte 2003 : Avenida de América , serie televisiva (TVG ) Personaxe episódico.2004 : Diario de un skin , (Director: Jacobo Rispa) Actor especialista en loita escénica.2006 : Zapping comando , espazo de humor (Faro Producciones). Actor secundario.[ 4] 2007 : Arredemo , cámaras ocultas (Productora CTV).2008 : ¡Maldito bastardo! Como Primeira vítima.2009-2011: Land Rober , espazo televisivo de humor da TVG. (Productora CTV). 2011: No le digas a mama que trabajo en la tele , humor de Cuatro . (Productora Mandarina). 2013 : Ilustres ignorantes (TV movies). 1 episodio.[ 5] 2014 : Luci (TV serie). 1 episodio2017 : Casa Manola (serie TVG). 6 episodios.2018 : Contou Rosalía (TV movie). Como Zuma. Dirixida por Raúl Veiga .2018: Los amigos - La pinícula . Como Leroy.[ 6] 2019 : Antes de perder (Serie de televisión). 1 episodio.2021 : La noche D , TVE . Colaboración.[ 7] 2001: Alex y yo , dirixida por Pedro Santos Lacruz. 2005: Mártires , dirixida por Xosé Garrido. 2007: Auga , dirixida por Xosé Antón Ozo. 2006: Polo Amor de Deus , dirixida por Javier García Cea. Con outras tres curtas forman parte da longametraxe Historias dunha torre .[ 8] 2010: Koruño, el legado de Hércules , dirixida por Daniel López. 2013: Canillejas . Como Ricardito de Verea. 2000 - 2006: Grupo de investigación de la Commedia dell’arte (Universidade de Pedagoxía do Teatro da Coruña. Grupo Estragón). 2002 - 2003: Animal vacío , de Xesús Pisón (Director: Manuel Lourenzo) (Cía. de teatro profesional Casa Hamlet). 2005 - 2006: ¿Están tolos estos romanos? , espectáculo infantil (Dirixido por Pablo Sánchez) (Cía. San y San). 2005 - 2008: Yogur DaZe , espectáculo satírico. 2006: The Gel Angels . 2015: En crudo.[ 9] 2019: A mariscada dos idiotas , con David Amor e J.J. Vaquero.[ 10] 2005 - 2008: Yogur DaZe , espectáculo satírico (Gañador do Fórum Comedia 2005). 2006: The Gel Angels , espectáculo satírico. Codirector. 2007: Arredemo , espazo de cámaras ocultas (Productora CTV).[ 11] 2008: O país dos ananos , talk-show familiar (Productora CTV).[ 12] 2004: Premio ao mellor imitador na Bienal de Teatro Cómico de Ourense. 2004: Gañador da II edición de monólogos “Pub d..antón”.