O inferno é, desde o punto de vista de varias relixións, mitoloxías e filosofías, un lugar onde van as almas dos pecadores que morreron en pecado mortal. A orixe do termo é latina infernum 'as profundidades' ou 'mundo inferior'.
Dende moi cedo o inferno acadou un significado negativo, xa que era o lugar onde ían parar as almas condenadas despois da vida, a diferenza do ceo, lugar de eterna salvación.
Ao longo da historia houbo moitas interpretacións sobre o inferno. Destaca a obra cumio de Dante Alighieri, a Divina Comedia.
No cristianismo existen diversas concepcións respecto ao inferno, correspondentes ás diferentes correntes cristiás. A idea de que o inferno é un lugar de condenación eterna, tal como preséntase hoxe para diversas correntes cristiás, nin sempre foi e aínda non hai consenso entre os cristiáns. Nos primeiros séculos do cristianismo, houbo quen defendeu que a permanencia da alma no inferno era temporal, unha vez que inferno significa "sepultura", de onde, segundo os Evanxeos, a persoa pode saír cando resucita. Essa idea é defendida hoxe por varias correntes cristiás.