Ácido montánico

composto químico

O ácido montánico ou ácido octacosanoico é un ácido graxo de cadea liñal con 28 átomos de carbono, cuxa fórmula molecular é C
28
H
56
O
2
, que se simboliza como C28:0.

Ácido montánico
Ácido montánico
Identificadores
Número CAS506-48-9
PubChem10470
ChemSpider10038
ChEBICHEBI:31001
Imaxes 3D JmolImage 1
Propiedades
Fórmula molecularC28H56O2
Masa molar424,74 g mol−1
Densidade0,8191 g/mL
Punto de fusión909 °C; 1 668 °F; 1 182 K
Solubilidade en augaInsoluble

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

A temperatura ambiente moderada é sólido e funde aos 90,0–90,9 °C. A súa densidde é de 0,8191 g/cm3 entre 4 e 100 °C, e o seu índice de refracción é de 1,4313 a 100 °C.[1]

O seu nome común de ácido montánico provén do alemán Montanwachs[2] e esta do latín montanus, ‘relativo á montaña’ e do alemán wachs, 'cera'; xa que se illa da cera montana, extraída do lignito.[3] A cera montana contén aproximadamente un 50 % de ácido montánico.[4]

Atópase tamén no cerebro humano e nos órganos viscerais. Pode obterse a partir da cana de azucre (Saccharum officinarum L.). Biosintetíase a partir do octacosanol por medio de β-oxidación. Tamén aparece na cera de abella e na cera chinesa (obtida dos insectos Ceroplastes ceriferus e Ericerus pela). Os ésteres de etilén glicol e de glicerol de ácido montánico utilízanse como capa protectora na pel de froitos e cubertas de alimentos.[5] Demostrouse que inhibe a agregación plaquetaria inducida ex vivo a causa da adición de agonistas no plasma.[6]

Notas