Ácido punícico

composto químico

|Section2=! style="background: #F8EABA; text-align: center;" colspan="2" | Propiedades|-| Fórmula molecular| C18H30O2|-| Masa molecular| 278,43 g/mol|-

Ácido punícico
Ácido púnico
Identificadores
Número CAS544-72-9
PubChem5281126
Imaxes 3D JmolImage 1

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.


| Punto de fusión| 44–45 °C; 111–113 °F; 317–318 K

|-}}

O ácido punícico, tamén chamado ácido tricosánico, é un ácido graxo poliinsaturado, 18:3 cis-9, trans-11, cis-13. Recibe o seu nome pola granada ou milgranda, (Punica granatum), e obtense do aceite das sementes da granada. Tamén se encontra en aceites das sementes de Trichosanthes cucumerina.[1]

É un ácido linolénico conxugado; é dicir, ten tres dobres enlaces conxugados. É quimicamente similar aos ácidos linoleicos conxugados que teñen dous. Foi erradamente clasificado como un ácido graxo poliinsturado "n-5" ou "omega-5" porque o enlace dobre está localizado a cinco carbonos do carbono terminal "omega", pero, en realidade, a notación "n-x" só se pode aplicar aos ácidos graxos poliinsturados todo cis, interrompidos por metilenos.

En ratas de laboratorio, o ácido punícico era convertido ao ácido linoleico conxugado ácido ruménico (9Z11E-CLA).[2] In vitro, mostra actividades anticanceríxenas contra as células do cancro de próstata.[3] As ratas OLETF, unha cepa de ratas que se fan obesas, permanecen relativamente delgadas cando se engade ácido punícico ao seu alimento.[4]

O ácido púnico constitúe un 65% dos ácidos graxos do aceite de sementes de granada ou milgranda.

Notas