25 de novembro
data
<< | Novembro | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | |
2024 Todos os días |
O 25 de novembro é o 329º día do ano do calendario gregoriano e o 330º nos anos bisestos. Quedan 36 días para acabar o ano. Foi declarado pola ONU como Día Internacional da Non Violencia Contra a Muller.
Acontecementos
- 1034 - Morte de Malcolm II de Escocia. Duncan, fillo da súa segunda filla, herda o trono por diante de Macbeth, fillo da súa irmá máis vella.
- 1120 – O Barco Branco afúndese no Canal da Mancha, afogando con el Guillerme Adelin, fillo e herdeiro de Henrique I de Inglaterra.[1]
- 1177 - Balduíno IV de Xerusalén e Raynald de Chatillon vencen a Saladino na Batalla de Montgisard.
- 1491 - Establécese o sitio de Granada, último reduto mourisco na Península Ibérica.
- 1615 - Filipe IV de España casa con Isabel de Borbón.
- 1758 - Inglaterra apodérase do Senegal.
- 1857 - Créase o Banco de La Coruña.
- 1867 - Alfred Nobel inventa a dinamita.
- 1897 - Decreto do goberno español que concede a autonomía a Cuba.
- 1911 - Os revolucionarios chineses bombardean Nankin.
- 1915 - Albert Einstein presenta a Teoría Xeral da Relatividade
- 1916 - O goberno provisorio grego decláralles a guerra á Alemaña e a Bulgaria.
- 1913 - En Irlanda créase a milicia dos Óglaigh na hÉireann para aplicar a autonomía.
- 1922 - En Italia, Benito Mussolini recibe os poderes plenos por un ano.
- 1936 - En Berlín, a Alemaña nazi e o Xapón asinan o Pacto Anti-Comintern, polo que acordan a defensa mutua en caso de seren atacadas pola Unión Soviética.
- 1943 - Bosnia e Hercegovina recobran a independencia.
- 1960- Son asasinadas as irmás Mirabal na República Dominicana, sendo por esta razón escollida posteriormente esta data como o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller.
- 1963 - Funeral de estado do presidente americano John Fitzgerald Kennedy.
- 1965 - No Congo belga, o xeneral Joseph Mobutu destitúe o presidente Joseph Kasavubu.
- 1970 - No Xapón, o escritor Yukio Mishima e dous compatriotas cometen suicidio ritual após tentar un de golpe de estado.
- 1973 - O presidente grego George Papadopoulos é deposto após un golpe de estado liderado polo tenente xeneral Phaidon Gizikis.
- 1975 - Tentativa de golpe de estado en Portugal por parte das forzas de esquerda. O país fica á beira da guerra civil. Emerxe a figura do xeneral Ramalho Eanes.
- 1975: Suriname tórnase independente da Coroa holandesa.
- 1989 - Estréase o filme Sempre Xonxa, fito da cinematografía en galego, dirixido por Chano Piñeiro.
- 1999 - A Asemblea Xeral das Nacións Unidas declara o 25 de novembro Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra as Mulleres.
Nacementos
- 1562 - Lope de Vega, dramaturgo e poeta español (m. 1635)
- 1778 - Joseph Lancaster, educador e pedagogo inglés (m. 1838).
- 1844 - Karl Benz, enxeñeiro alemán, inventor do automóbil (m. 1929).
- 1845 - José Maria Eça de Queirós, escritor portugués (m. 1900).
- 1881 - Papa Xoán XXIII (m. 1963).
- 1908 - Jenaro Marinhas del Valle, escritor galego (m. 1999).
- 1914 - Joe DiMaggio, xogador de béisbol norteamericano (m. 1999).
- 1915 - Eugenio Rueda Perosanz, guerrilleiro antifranquista 8m. 1948).
- 1926 - Poul Anderson, escritor estadounidense (m. 2001).
- 1964 - Mark Lanegan, músico estadounidense.
Mortes
- 311 - Pedro, Patriarca de Alexandría martirizado (~ 260).
- 1034 - Rei Malcolm II de Escocia asasinado.
- 1120 - Guillerme Adelin, herdeiro de Henrique I de Inglaterra (n. 1103).
- 1185 - Lucio III, papa.
- 1560 - Andrea Doria - almirante xenovés (n. 1466).
- 1749 - Fernando de Casas Novoa, arquitecto galego (n. ca. 1670).
- 1885 - Rei Afonso XII de España (n. 1857).
- 1967 - Ossip Zadkine, pintor ruso (n. 1890).
- 1968 - Upton Sinclair, escritor estadounidense (n. 1878).
- 1970 - Yukio Mishima, novelista e dramaturgo xaponés (n. 1925).
- 1989 - Armand Salacrou, dramaturgo francés (n. 1899).
- 1993 - Anthony Burgess, novelista británico.
- 2016 - Fidel Castro, político cubano (n. 1926).
- 2020 - Diego Armando Maradona, futbolista arxentino (n. 1960).
Festas e Celebracións
Notas
Outros
- Santoral. Santo Audencio de Milán; Santa Catarina de Alexandría, virxe e mártir; San Mercurio de Cesarea de Cappadocia, mártir.
🔥 Top keywords: