Irán

país de Asia

Irán (en persa ایران) , tamén coñecido como Persia,[1] e oficialmente República Islámica de Irán dende 1980, é un país de Asia Occidental.[2][3][4] Limita ó norte con Armenia, Acerbaixán e Turkmenistán, con Casaquistán e Rusia a través do Mar Caspio, polo leste con Afganistán e Paquistán, polo sur co Golfo Pérsico e co Golfo de Omán, polo oeste con Iraq e polo noroeste con Turquía. Comprende unha área de 1 648 195 km², sendo a segunda nación maior de Oriente Medio e a 18 en todo o mundo. Ten unha poboación de 77 millóns de habitantes, o que a converte na nación número 17 en todo o mundo.[2][5] É o único país que ten costa no mar Caspio e no océano Índico.

Modelo:Xeografía políticaIrán
ایران (fa) Editar o valor em Wikidata

HimnoSoroud-e Melli-e Jomhouri-e Eslami-e Iran (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Lema«Takbir (pt) Traducir» Editar o valor em Wikidata
Nomeado en referencia aarianos (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 32°N 53°L / 32, 5353°L / 32, 53
CapitalTeherán Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación86.758.304 (2022) Editar o valor em Wikidata (52,64 hab./km²)
Lingua oficiallingua persa Editar o valor em Wikidata
RelixiónIslam Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie1.648.195 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porMar Caspio, Golfo Pérsico e Golfo de Omán Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoMonte Damavand (5.610 m) Editar o valor em Wikidata
Punto máis baixoMar Caspio (−28 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación 1 de abril de 1979:  (Government of Iran (en) Traducir) Editar o valor em Wikidata
Evento clave
década de 1970Revolución iraniana Editar o valor em Wikidata
Día festivo
Organización política
Forma de gobernorepública islàmica
Estado unitario Editar o valor em Wikidata
• Líder da Revolução (pt) Traducir Editar o valor em WikidataAli Khamenei (pt) Traducir (1989–) Editar o valor em Wikidata
Órgano executivoGovernment of Iran (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
• Presidente Editar o valor em WikidataEbrahim Raisi (pt) Traducir (2021–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoparlamento do Irão (pt) Traducir , (Escano: 290) Editar o valor em Wikidata
Membro de
PIB nominal359.096.907.773 $ (2021) Editar o valor em Wikidata
Moedarial iraniano (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.ir e ایران. (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico+98 Editar o valor em Wikidata
Teléfono de emerxencia110, 115 e 125 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Código de paísIR Editar o valor em Wikidata

Páxina webpresident.ir… Editar o valor em Wikidata

A capital é Teherán. A palabra Irán significa literalmente "terra dos arios" (no sentido racial do termo e non no seu sentido relixioso - arianismo).

Irán é a nación dunha das máis antigas civilizacións do mundo,[6][7] que ten a súa orixe na formación do reino protoelamita e elamita entre os anos -3200 e -2800. Os medos unificaron o territorio no primeiro de moitos imperios no -625, despois do cal, convertéronse no poder político e cultural dominante da rexión.[8] Irán acadou o cumio do seu poder durante o Imperio Aqueménida fundado por Ciro o Grande en -550, que na súa máxima extensión abranguía unha parte importante do mundo antigo, que limitaba co Val do Indo polo leste, e con Tracia e Macedonia polo noroeste, facendo del o maior imperio do mundo ata ese momento.[9] O imperio colapsou no -330 trala conquista de Alexandre o Grande. A área gañou influencia posteriormente co Imperio Parto e co establecemento da Dinastía Sasánida en -224, baixo a cal Irán converteuse nunha das principais potencias de Asia Occidental e Central durante os seguintes catro séculos.[10][11]

Historia

Artigo principal: Historia de Irán.

Política

Artigo principal: Política de Irán.

Subdivisións

Artigo principal: Provincias de Irán.

Ardabil
Buixehr
Chaharmahal
e Bakhtiari
Isfahan
Fars
Gilan
Golestan
Hamadan
Hormozgan
Ilam
Kerman
Kermanxah
Khuzestan
Kohgiluyeh e
Boyer-Ahmad
Kurdistán
Lorestan
Mazanderan
Qazvín
Razavi
Khorasan
Sistan e
Baluchistán
Yazd
Zanjan
Khorasan
Norte
Khorasan
Sur
Acerbaixán
Oeste
Acerbaixán
Leste

Irán está dividido en 30 provincias (ostan-haa, singular - ostan). Estas provincias son gobernadas desde a maior cidade de cada unha. A autoridade provincial está nas mans dun gobernador(استاندار: ostāndār, en farsi ou persa), escollido polo Ministerio do Interior de Irán, e suxeito a aprobación do goberno.

Irán ten unha das taxas máis altas de crecemento urbano no mundo. De 1950 a 2002, a proporción de poboación urbana medrou do 27% ó 60%.[12] As Nacións Unidas predin que, en 2030, o 80% da poboación será urbana.[13]

A maioría dos inmigrantes internos asentáronse preto das cidades de Teherán, Isfahán, Ahvaz e Qom. As poboacións enumerades son de 2006/07 (1385 AP) do censo.[14] Teherán, cunha poboación de 7 705 036, é a meirande cidade de Irán, e a capital. Teherán é o fogar de case o 11% da poboación do país. Teherán, igual que moitas grandes cidades, padece dunha grave contaminación atmosférica e é o centro de todas as comunicacións e transportes do país.

Mashhad, cunha poboación de 2 410 800 persoas, é a segunda cidade maior de Irán e o centre da provincia de Razavi Khorasan. Mashhad é unha das cidades máis sagradas do mundo para os xiítas, co Santuario do Imán Reza. É o centro do turismo en Irán e entre 15 e 20 millóns de peregrinos van ó santuario cada ano.[15][16]

Outra cidade iraniana importante é Isfahán (cunha poboación de 1 583 609 de habitantes), que é a capital da Provincia de Isfahán. A Praza de Naghsh-i Jahan de Isfahán foi declarada pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade. A cidade contén unha ampla variedade de elementos arquitectónicos islámicos, que van dende o século XI até o XIX. O crecemento da zona dos arredores da cidade converteu Isfahán na segunda área metropolitana máis poboada (3 430 353).[17]

A cuarta cidade maior de Irán é Tabriz (poboación de 1 378 935 hab.), a capital de Acerbaixán Oriental, que é tamén a segunda cidade industrial de Irán despois de Teherán. Tabriz foi a segunda cidade do país até o final de 1960 e foi tamén unha das súas capitais e a antiga residencia do príncipe da coroa no marco da dinastía qajar. A cidade demostrou ser extremadamente influente na historia recente do país.

A quinta cidade maior é Karaj (poboación de 1 377 450 hab.), que se atopa na provincia de Teherán a 20 km ó oeste da capital, ó pé das Montañas Alborz, mais a cidade está a converterse na extensión da metrópole de Teherán.

Xeografía

Artigo principal: Xeografía de Irán.
Vista dende satélite de Teherán.

A paisaxe iraniana está dominada por cordilleiras que separan varias concas e mesetas unhas das outras. A poboada parte occidental é a máis montañosa, con cordilleiras coma os Montes Zagros e as Montañas Elburz, formando esta o punto máis alto do país no Damavand a 5.610 m. A metade oriental do país consiste basicamente nun deserto deshabitado formado por concas con ocasionais lagos de sal.

As únicas chairas atópanse ao longo da costa do mar Caspio e no golfo Pérsico xunto á fronteira con Iraq en Arvandrud (Shatt a al-Arab). Tamén outras chairas menos extensas atópanse ao longo da costa do Golfo, no Estreito de Ormuz e no Mar de Omán.

O clima é árido ou semiárido, excepto na costa do mar Caspio onde domina un clima subtropical.

As principais cidades de Irán son Teherán, Isfahán, Mashhad, Tabriz, Shiraz e Urmia.

A illa maior é a de Qeshm, na costa de Hormozgan, no estreito de Ormuz (Golfo Pérsico), cunha superficie duns 1200 km² e unhas dimensións máximas de 135 km de longo e 40 de largo.[18]

Economía

Artigo principal: Economía de Irán.

A economía iraniana é unha mestura de economía planificada, sendo o estado propietario dos abundantes recursos petrolíferos do país (o golfo Pérsico contén os dous terzos das reservas mundiais de petróleo livián); mentres a maior parte da poboación vive dun sector primario autosuficiente. O sector servizos e comercial está representado por empresas privadas de pequeno tamaño. O actual goberno continuou coa política do anterior en canto a reformas para impulsar unha maior diversificación da economía nacional e así non depender tanto dos vaivéns do prezo do petróleo no mercado internacional.

Demografía

Artigo principal: Demografía de Irán.
Crecemento da poboación de Irán (1880–2016).
Provincias de Irán por poboación (2014).

Irán é un país diverso, composto por numerosos grupos étnicos e lingüístivos unificados por unha identidade nacional iraniana común.[19]

A poboación de Irán medrou axiña durante a segunda metade do século XX, pasando de 19 millóns en 1956 até 75 millóns en 2009.[20][21] Porén, a taxa de natalidade de país caeu de modo significativo nos últimos anos, cunha taxa de crecemento en xullo de 2012 do 1,29%.[22] Os estudos sinalan que o crecemento continuará a esmorecer até estabilizarse nos 105 millóns de persoas no ano 2050.[23][24]

Irán ten unha das meirandes poboacións de refuxiados do mundo, con máis dun millón de persoas, a maioría delas procedentes de Afganistán e Iraq.[25] Dende 2006, oficiais iranianos traballan xunto co Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados e oficiais afgáns para a súa repatriación.[26] Segundo as estimacións, arredor de cinco millóns de cidadáns iranianos emigraron cara a outros países, a maioría dende a revolución de 1979.[27][28]

Segundo a Constitución iraniana, o goberno é responsable de achegar a cada cidadán do país acceso a servizos de seguridade social, xubilación, desemprego, terceira idade, discapacidade, accidentes, desastres, saúde e tratamento médico.[29] Estes servizos son cubertos pola recadación de impostos derivadas de contribucións públicas.[30]

Linguas

Artigo principal: Linguas de Irán.

A maioría da poboación fala o persa, que é tamén a lingua oficial do país. Tamén existe un número significativo de falantes doutras linguas iranianas, dentro da familia de linguas indoeuropeas, que pertencen a outros grupo étnicos de Irán.

No norte do país, principalmente nas provincias de Gilan e Mazenderan, fálase o gilaki e o mazenderani, tendo ámbalas dúas linguas moitas afinidades coas veciñas linguas do Cáucaso. En partes de Gilan, tamén se fala a lingua talysh que chega até a República de Acerbaixán. Na provincia do Kurdistán e nas áreas veciñas fálanse variedades de kurdo. En Khuzestan fálanse diferentes variedades da lingua persa. O luri e o lari fálanse no sur do país.

O azarí, que é a lingua máis falada do país despois do persa,[31] é falado en varias rexións de Irán xunto con outras linguas turcas, especialmente na rexión do Acerbaixán iraniano. Outras linguas minoritarias salientables en Irán son o armenio, o xeorxiano, neoarameo e o árabe. O árabe khuzi é falado polos árabes de Khuzestan, así como por un bo número de árabes iranianos. O circasiano foi outrora unha lingua amplamente falada pola minoría circasiana, pero debido á asimilación cultura, xa non existen falantes desa lingua no país.[32][33][34][35]

As porcentaxes de falantes das linguas son obxecto de debate xa que están motivadas pola política interna do país que ten en consideración ó meirande e o segundo grupo étnico de Irán, os persas e os azarís. As porcentaxes ofrecidas polo World Factbook da CIA sinalan un 53% de falantes de persas, un 16% de azarí, un 10% de kurdo, un 7% de mazanderani e gilaki, un 7% de luri, un 2% de turcomán, un 2% de baluchi, un 2% de árabe, e un 2% de armenio, xeorxiano, neoarameo e circasiano.[36]

Grupos étnicos

Tal como acontece coa diversidade lingüística do país, a composición étnica tamén é obxecto de debate, atendendo ós dous principais grupos étnicos, persas e azarís, xa que a República de Irán non conta cun censo baseado na identidade étnica. O World Factbook da CIA estimou que arredor do 79% da poboación de Irán é un grupo etnolingüístico indoeuropeo moi diverso que abrangue os falantes das linguas iranianas,[37] formando os persas (incluíndo mazanderanis e gilakis) o 61% da poboación, os kurdos o 10%, os luris o 6% e os baluchis o 2%. Os pobos doutros grupos etnolingüísticos forman o 21%, sendo os azarís o 16%, os árabes o 2%, os turcománs e outras tribos turcas o 2%, e outros (como os armenios, os talysh, os xeorxianos, os circasianos e os asirios) o 1%.[38]

Cultura

Artigo principal: Cultura de Irán.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: