Abū Ḥanīfa
Abū Ḥanīfa al-Nuʽmān ibn Thābit (en árabe: أبو حنيفة نعمان بن ثابت بن زوطا بن مرزبان), nado en Kufa[1][2] (Iraq) en 699 e finado en Bagdad en 767, foi un teólogo e xurista musulmán de ascendencia persa[3] coñecido como Abū Ḥanīfa ou como Imam Abū Ḥanīfa polos musulmáns sunnitas.[4] Converteuse no fundador da escola sunnita de xurisprudencia Hanafi, que continúa a ser a máis practicada na tradición sunnita,[3] predominando en Asia Central, Persia (ata o século XVI), Bosnia, Albania, Skopje, Rusia, Chechenia, Afganistán, Paquistán, Bangladesh, a India, Turquía e algunhas partes do mundo árabe.[5][6]
No islam sunnita adoita ser aludido polos títulos de al-Imām al-Aʿẓam ("O Máis Grande Imán") e Sirāj al-aʾimma ("A Lámpada dos Imáns").[7][3] Tamén é un recoñecido estudoso e unha importante personalidade entre os musulmáns sunnitas.[8]
Traxectoria
Fillo dun comerciante de Kufa, fixo fortuna no negocio da seda e estudou dereito a cargo do célebre xurista Ḥammād.[3] Despois da morte do seu mestre en 738, Abū Ḥanīfah converteuse no seu sucesor. Foi o primeiro en desenvolver doutrinas legais sistemáticas a partir da tradición xurídica islámica acumulada.
Foi principalmente un home de letras, non aceptou unha xudicatura nin tampouco tomou parte activa na política dos tribunais; apoiou os herdeiros de Ali ibn Abi Talib por riba das gobernantes dinastías Omeia e Abbásida.
O seu sistema doutrinal converteuse nunha das catro escolas de xurisprudencia da lei islámica e continúa a ser a máis seguida das catro madhahab sunnitas.
Abū Ḥanīfa e os imáns xiítas
É ben sabido que Abū Ḥanīfa foi un dos alumnos destacados de Muhammad al-Baqir e de Ya'far as-Sadiq (considerados como o quinto e sexto imáns xiítas, respectivamente) na universidade deste último, en que estudaron tamén recoñecidas personalidades como Jābir ibn Hayyān, considerado o fundador da química moderna.
Obras
- Kitaab-ul-Aathar - compilación de 70000 hadith
- Kitabul Assar
- Aalim wa'l-muta‘allim
- Fiqh al-Akbar
- Jaami’ul Masaneed
- Kitaabul Rad alal Qaadiriyah
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- al-Quduri, Ahmad ibn Muhammad (2010). Mukhtasar al-Quduri. traducido por Tahir Mahmood al-Kiani (First ed.). Ta-Ha Publishers Ltd. ISBN 1842001183.
- Nu'mani, Shibli (1998). Imām Abū Ḥanīfah – Life and Works. traducido por M. Hadi Hussain. Islamic Book Service, New Delhi. ISBN 81-85738-59-9.
Ligazóns externas
- The Life of Imam Abu Hanifa Biography at Lost Islamic History
- Imam Abu Hanifa by Jamil Ahmad
- Al-Wasiyyah of Imam Abu Hanifah Translated into English by Shaykh Imam Tahir Mahmood al-Kiani
- Book on Imam e Azam Abu Hanifa (en urdú)
- Abu Hanifa on Muslim heritage
- Imām Abū Ḥanīfah By Shiekh G. F. Haddad
- Some teachers and students of Imam Abu Hanifa