Paquistán

país de Asia

Paquistán[1] (en urdú پاکستان), e oficialmente República Islámica de Paquistán (en urdú اسلامی جمہوریۂ پاكستان), é un estado de Asia Meridional. Cunha poboación de 180 millóns de habitantes, é o sexto país máis poboado do mundo. Ten unha área de 796.095 km2, o que o sitúa no número 36 en tamaño. Está localizado nunha rexión moi importante estratexicamente, cunha costa de 1046 km ó longo do Mar Arábigo e do Golfo de Omán no sur. Limita coa India polo leste, con Afganistán polo norte o polo oeste, con Irán polo suroeste e con China polo nordeste. Está separado de Taxiquistán polo territorio afgán do Corredor de Wakhan.

Modelo:Xeografía políticaPaquistán
پاکستان (ur)
پاکستان (pa)
پاڪستان (sd)
پاکستان (ps)
Pakistan (en)
پاکستان (mis)
پاکستان (brh)
Pákistán (brh)
پاکستان (mis)
پاکِستان (ks)
پاڪستان (skr) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

HimnoQaumī Tarāna (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Lema«Iman, Ittihad, Nazm (en) Traducir» Editar o valor em Wikidata
Nomeado en referencia aIkhlas (en) Traducir, Punjab, Khyber Pakhtunkhwa (pt) Traducir, Caxemira Livre (pt) Traducir, Sind e Baluchistán Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 30°N 71°L / 30, 7171°L / 30, 71
CapitalIslamabad Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación223.773.700 (2021) Editar o valor em Wikidata (253,74 hab./km²)
Lingua oficiallingua inglesa
Lingua urdú (língua nacional (pt) Traducir) Editar o valor em Wikidata
RelixiónIslam Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie881.913 km² Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoK2 (8.610) Editar o valor em Wikidata
Punto máis baixoMar Arábigo (0 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación14 de agosto de 1947 Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernorepública federal
República parlamentaria Editar o valor em Wikidata
• Presidente Editar o valor em WikidataArif Alvi (pt) Traducir (2018–) Editar o valor em Wikidata
Órgano executivoGovernment of Pakistan (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
• Primeiro ministro Editar o valor em WikidataShehbaz Sharif (pt) Traducir (2022–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoParlamento do Paquistão (pt) Traducir , Editar o valor em Wikidata
Membro de
PIB nominal348.262.544.719 $ (2021) Editar o valor em Wikidata
MoedaRupia do Paquistão (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
UTC+5 (pt) Traducir
Asia/Karachi (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Dominio de primeiro nivel.pk Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico+92 Editar o valor em Wikidata
Teléfono de emerxencia1122 (en) Traducir, 15 (en) Traducir e 16 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Código de paísPK Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webpakistan.gov.pk Editar o valor em Wikidata

O territorio do moderno Paquistán foi o fogar de varias culturas antigas, incluíndo a neolítica Mehrgarh e a civilización do val do Indo da Idade de Bronce. O territorio tivo varios reinos gobernados por pobos de diferentes crenzas e culturas, como hindús, persas, indogregos, islámicos, turco-mongois, afgáns e sikh. A área foi dominada por varios imperios e dinastías, como o Imperio Maurya da India, o Imperio Aqueménida persa, Alexandre o Grande, o Califato Omeia árabe, o Imperio Mongol, o Imperio mogol, e Imperio Durrani, o Imperio Sikh e o Imperio Británico. Como resultado do Movemento de Paquistán liderado por Muhammad Ali Jinnah e da loita da India pola independencia, Paquistán acadou a independencia en 1947 como unha nación das rexións da India con maioría musulmá. Inicialmente un dominio, Paquistán adoptou unha nova constitución en 1956, converténdose nunha República Islámica. A guerra civil de 1971 deveu na secesión do leste do país nun novo país, Bangladesh.

Paquistán é unha república parlamentaria federal que consta de catro provincias e catro territorios federais. É un país étnica e lingüisticamente diverso, que tamén posúe unha gran diversidade na súa xeografía e fauna. É unha potencia media e rexional,[2][3] e posúe a sétima maior forza armada do mundo, así como armas nucleares, sendo a única nación do mundo musulmán, e a segunda de Asia Meridional, con esa clase de armas. A súa historia despois da independencia está caracterizada por períodos de goberno militar, inestabilidade política e conflitos coa veciña India. O país enfróntase a problemas como a sobrepoboación, o terrorismo, a pobreza, o analfabetismo e a corrupción. É un membro fundador da Organización da Conferencia Islámica e é membro das Nacións Unidas, da Commonwealth de Nacións, dos Próximos once, da SAARC e da OCE.

Etimoloxía

O nome Pakistan significa literalmente "Terra dos puros" en urdú e persa. Foi acuñado en 1933 como un acrónimo (Pakstan) ideado por Choudhry Rahmat Ali, un activista do Movemento de Paquistán.[4] Está formado a partir das iniciais das rexións do país: Punjab, Afgania, Kashmir (Caxemira en galego), o Sind e o Baluchistán.[5][6][7] A letra i foi incorporada para facer máis doada a pronunciación e dotar do seu significado ó nome.[8]

Historia

Artigo principal: Historia de Paquistán.

A historia de Paquistán, que no período que precede a fundación da nación en 1947, é compartida por Afganistán, India e Irán, pódese datar ata os comezos da vida humana no sur de Asia.

Efixie de pedra dun rei sacerdote, atopada en Mohenjo-daro e exposta no Museo nacional de Paquistán, en Karachi.

A rexión actual de Paquistán serviu como terra fértil para algunhas das máis importantes civilizacións do sur de Asia e como porta de entrada do subcontinente a Oriente medio e Asia Central. Paquistán é fogar dalgúns dos máis importantes sitios arqueolóxicos, incluíndo os restos máis antigos de homínidos do Paleolítico no sur de Asia, localizados no val do río Soan. Localizada na primeira ruta de migración costeira do homo sapiens ó saír de África, a rexión foi habitada dende moi cedo por humanos modernos.

Os seguintes séculos viron á rexión absorber moitas influencias doutras culturas, cuxas representacións pódense atopar no lugar de Taksila, representando o período budista, o sitio greco-budista de Takht-i-Bahi, os monumentos islámicos-sindhi de Thatta, pertencentes ó século XIV, e os monumentos mogois construídos no século XVII no forte Lahore. Dende o s. XVIII, a rexión foi dominada pola Compañía Británica das Indias Orientais, dando como resultado 90 anos de continuo dominio británico, e rematando coa creación de Paquistán en 1947, a través dos esforzos, do poeta nacional Allama Iqbal e o fundador do país, Muhammad Ali Jinnah. Dende entón, experimentou gobernos democráticos e militares, dando como resultado períodos dun importante crecemento económico e militar e tamén outros de inestabilidade; deste último o máis significativo foi o que resultou na secesión, en 1971, do leste de Paquistán, que se convertería en Bangladesh.

Goberno e política

Paquistán declarouse oficialmente unha nación federal, e en outubro de 1999 o xeneral Pervez Musharraf derrocou ao goberno civil, liderado por Nawaz Sharif, e asumiu o poder executivo. As eleccións do goberno local levaronse a cabo no 2000. Musharraf declarouse presidente en 2001. Elixiuse un novo parlamento en 2002, e nomeouse a Zafarullah Khan Jamali, fiel seguidor de Musharraf: primeiro ministro. Despois de máis dun ano de preitos políticos na lexislatura bicameral, Musharraf presentou un compromiso con algúns dos seus opoñentes parlamentarios, e outorgou aos seus seguidores dous terzos da maioría de votos requirida para modificar a constitución en decembro de 2003. As reformas constitucionais aprobaron algúns dos decretos de Musharraf e, de maneira retroactiva, legitimizaron a súa presidencia, co que o liberaron do requisito de ser electo para ocupar o seu cargo.

Os intermitentes períodos democráticos en Paquistán obedecen a unha longa historia de ditaduras militares, incluídas a do xeneral Ayub Khan, na década de 1960, a do xeneral Muhammad Zia-ul-Haq, nos anos 1980, e a do xeneral Pervez Musharraf, a partir de 1999.

Tras gañar as eleccións do 6 de outubro de 2007, Pervez Musharraf prometera renunciar ao seu cargo de xefe do exército e levar a cabo un goberno civil. Ante isto, a ex primeira ministra Benazir Bhutto volveu ao país tras varios anos de exilio, coa esperanza dun retorno paulatino á democracia. Con todo, o 3 de novembro produciuse un autogolpe de Estado, botando por terra as promesas de apertura e iniciando unha nova ditadura militar con Musharraf á cabeza. O 27 de decembro dese mesmo ano a ex primeira ministra Benazir Bhutto é asasinada nun atentado.

O 18 de agosto de 2008, Pervez Musharraf dimitiu para evitar a destitución por parte da Asemblea Nacional que se ía a votar ao día seguinte polos partidos que sostiñan ao goberno. Substituíulle de maneira interina Muhammad Mian Soomro, presidente do Senado, tal como ten previsto a constitución ata a elección dun novo presidente. Nas eleccións presidenciais do 6 de setembro foi elixido presidente Asif Ali Zardari.[9]

División administrativa

O Paquistán está organizado administrativamente en 4 provincias, 3 territorios federais e un estado autónomo.

  • Provincias:
  • Territorios:
  • Islamabad
  • Áreas tribais (Administración Federal).* Zona de Caxemira administrada polo goberno federal
  • Territorios do Norte (Administración Federal)
  • Estado autónomo:
  • Caxemira Libre (en caxemirés Azad Kashmir ou Azad Jammu aur Kashmir (AJK))

Áreas do Norte
Caxemira Libre
FATA
Panxab
NWFP
Territorio da Capital de Islamabad


BandeiraEntidadeNome en
Urdú
CapitalÁreaPoboaciónLinguas Oficiais
BaluchistánبلوچستانQueta347.190 km²10.247.362 (2008)baluchi, urdú
Provincia da Fronteira do Noroesteشمال مغربی سرحدی صوبہPexauar (Peshawar)74.521 km²20.215.000 (2008)Paxto, urdú
PanxabپنجابLahore205.344 km²81.845.433 (2008)panxabés , urdú
SindسندھCarachi (Karachi)140.914 km²46.378.000 (2008)sindés, urdú
Islamabadوفاقی دارالحکومتIslamabad1.165,5 km²955.629 (2008)inglés, urdú
Áreas tribaisوفاقی قبائلی علاقہ جاتPexauar27.220 km²6.500.000 (2008)Paxto, urdú
Caxemira Libreآزاد کشمیرMuzafarabad (Muzaffarabad)13.297 km²4.567.982 (2008)caxemirés, urdú
Territorios do Norteشمالی علاقہ جاتGuilguit (Gilgit)72.496 km²1.800.000 (2008)inglés, urdú

Evolución da división administrativa de Paquistán

División ActualAntiga divisón administrativa
Baluchistán
  • Provincia dos Comisionados Xefes de Baluchistán
  • Unión de Estados de Baluchistán
  • Enclave de Guadar/Gwadar
Provincia da Fronteira do Noroeste
  • Antiga provincia da Fronteira do Noroeste
  • Estados de Amb, Chitral, Dir e Swat
Provincia do Panxab
  • Antiga provincia do Panxab Occidental
  • Estado de Bahaualpur/Bahawalpur
Provincia de Sind
  • Antiga provincia de Sind
  • Estado de Cairpur/Khairpur
  • Antigo Territorio da Capital Federal
Territorio da Capital de Islamabad
  • 906 km² da antiga provincia do Panxab Occidental
Áreas do Norte (ou Áreas Setentrionais)
  • Axencia para o Guilguit / Gilgit
Áreas Tribais
  • 7 distritos da NWFP e 6 zonas fronteirizas
Caxemira Libre
  • 8 distritos do antigo Territorio do Norte

Xeografía

Mapa de Paquistán.
Artigo principal: Xeografía de Paquistán.

Paquistán está situado no sur do continente asiático e linda ao noroeste con Afganistán, ao nordés coa China, ao leste coa India, ao oeste con Irán e ao sur co océano Índico. O seu principal río é o Indo, o cal flúe por Punjab até desembocar no mar Arábigo. Contra o norte e o occidente do territorio localízase unha rexión montañosa, na cal están algúns dos cumes máis altos do mundo. O sueste paquistaní, especialmente cara á fronteira coa India, é unha rexión desértica.

Economía

Artigo principal: Economía de Paquistán.

Demografía

Evolución da demografía entre 1961 e 2003 (cifra da FAO, 2005). Poboación en millóns de habitantes.

Relixión

A mesquita nacional de Paquistán, Mesquita Faisal, construída en 1986 polo arquitecto turco Vedat Dalokay por conta do rei saudita Faisal bin Abdul-Aziz.

Paquistán é o segundo país islámico por poboación[10] e o segundo con máis poboación xiíta no mundo[11]. Arredor do 97% dos paquistanís son musulmáns, a maioría sunnitas, estimándose os xiítas entre o 5 e o 20%[12][13]. Un 2,3% son ahmaditas[14], que oficialmente non son considerados musulmáns desde a emenda constitucional de 1974.[15]. Hai tamén varias comunidades coranistas, que só aceptan o Corán rexeitando a Hadîth (tradición)[16][17]. A violencia sectaria entre denominacións musulmás aumentou nos últimos anos, con 400 mortos entre os xiítas só en 2012 pero tamén chamados á fin desa violencia e apelando á unidade entre xiítas e sunnitas contra ela[18][19]. Os ahmaditas son particularmente perseguidos, en especial desde a emenda constitucional de 1974 e mesmo en 1984 prohibíuselles denominar os seus templos como mesquitas[20]. En 2012 un 12% dos musulmáns paquistanís considerábanse só musulmáns, sen pertencer a ningunha denominación particular.[21]

O islam sincretizou nalgún grao as crenzas preislámicas, resultando nunha relixión con algunhas tradicións diferentes ás do mundo árabe[22]. O sufismo, unha tradición mística islámica ten unha longa historia no país e é moi popular, con dous santuarios de místicos sufís con longa tradición, os de Alí Hajweri en Lahore (ca. XII)[23] e Shahbaz Qalander en Sehwan.

Tras o islam, as outras dúas grande relixións son o hinduísmo e o cristianismo con arredor de 2.800.000 de fieis cada unha en 2005.[24]. Tamén hai seguidores da Fe Bahá'í, uns 30.000, do sikhismo, budismo e zoroastrianismo, con arredor de 20.000 seguidores cada unha[12] e uns poucos xainistas. A maioría dos cristiáns son descendentes de conversos das castas baixas hinduístas punxabís durante a época colonial británica. Fóra do Punxab, os cristiáns só teñen presenza nos centros urbanos. Unha excepción é a comunidade católica de Karachi, que ten a súa orixe en emigrantes procedentes de Goa e mais en támiles establecidos na cidade na primeira metade do século XX.

Cultura e sociedade

Artigo principal: Cultura de Paquistán.
Camión artístico de Paquistán, un elemento único da cultura do país.

A sociedade paquistaní é moi xerárquica, con grande importancia das etiquetas culturais locais e os valores tradicionais islámicos que gobernan a vida persoal e política. A unidade familiar básica é a familia extensa,[25] malia que hai unha tendencia cara ás familias nucleares por razóns socioeconómicas.[26] O traxe tradicional tanto para homes como para mulleres é o Shalwar Kameez; os pantalóns e as camisolas son populares tamén entre os homes.[Cómpre referencia] A clase media medrou ata os 35 millóns de habitantes, e a clase alta e media alta acadou os 17 millóns nas últimas décadas.[27] As festas de Paquistán, como o Eid ul-Fitr, Eid al-Adha e o Ramadán son relixiosas na súa orixe.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Ahmed, Akbar (1997). Jinnah, Pakistan and Islamic Identity: The Search for Saladin. Routledge. ISBN 978-0-415-14966-2
  • Cohen, Stephen Philip (2006). The Idea of Pakistan. Brookings Institution Press ISBN 978-0-8157-1503-0
  • Lieven, Anatol (2012). Pakistan: A Hard Country. PublicAffairs. ISBN 978-1-61039-145-0
  • Malik, Hafeez (2006). The Encyclopedia of Pakistan. Oxford University Press. ISBN 978-0-19-597735-6
  • Malik, Iftikhar (2005). Culture and Customs of Pakistan (Culture and Customs of Asia). Greenwood. ISBN 978-0-313-33126-8
  • McCartney, Matthew (2011). Pakistan – The Political Economy of Growth, Stagnation and the State, 1951–2009 Routledge. ISBN 978-0-415-57747-2
  • Raja, Masood Ashraf (2010) [1857–1947]. Constructing Pakistan: Foundational Texts and the Rise of Muslim National Identity. Oxford. ISBN 978-0-19-547811-2
  • Spear, Percival (2007). India, Pakistan and the West. Read Books Publishers. ISBN 1-4067-1215-9

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: