Accidente do Tu-154 da Forza Aérea de Polonia

accidente de aviación en Smolensk (Rusia) en 2010

O 10 de abril de 2010, un Tupolev Tu-154 do 36o Rexemento de Aviación Especial que levaba ao Presidente de Polonia Lech Kaczynski estrelouse no aeroporto de Smolensk preto de Pechersk próximo a Smolensk, Rusia, sen rexistrarse superviventes.

Accidente da Forza Aérea Polaco Tu-154
Avión PL Tu-154M .
Resumo
Data 10 de abril de 2010
Causa Accidente
Lugar Suvorova Street, Severny[1]
Coordenadas 32°03′05″L / 54.823888888889, 32.051388888889
Orixe Varsovia
Destino Smolensk
Finados Todos os pasaxeiros e a tripulación
Feridos 0
Aeronave
Tipo de aeronaveTupolev Tu-154
Superviventes 0

Accidente

Mapa do voo

Ás 10:56 tempo de Moscova, (06:56 UTC),[2] un Tupolev Tu-154, levando o presidente polaco, Lech Kaczynski estrelouse preto de Smolensk, Rusia. O presidente Kaczynski ía á conmemoración do 70 aniversario do masacre de Katyń[2]. Ningunha das persoas que viaxaban no avión sobreviviu ao accidente.[3][4] [5][6]

O accidente suscitouse a 1,5 km do aeroporto debido ás condicións de néboa que había na zona.[7] O gobernador do óblast de Smolensk, Sergei Antufiev, confirmou para a canle de noticias Russia 24, que non había sobreviventes no accidente. Informou que o avión golpeara coas copas dos árbores, golpeou o chan e caeu roto en pedazos. A bordo tamén se atopaba o gobernador do Banco Nacional de Polonia, Sławomir Skrzypek, o xefe do exército polaco Franciszek Gągor e o Viceministro de Relacións Exteriores Andrzej Kremer[8].

Manifesto de voo

De acordo co manifesto do voo a bordo atopábanse entre outros:

Primeira lista incompleta de pasaxeiros, que ían no voo

Figuras presidenciais e gobernamentais

  • Lech Kaczyński, Presidente de Polonia
  • Maria Kaczyńska, primeira dama
  • Mariusz Handzlik, Subsecretario na Oficina do Presidente da República de Polonia
  • Ryszard Kaczorowski, derradeiro presidente do Goberno de Polonia no exilio
  • Andrzej Kremer, Ministro de Asuntos Exteriores adxunto
  • Tomasz Merta, Ministro de Cultura adxunto
  • Sławomir Skrzypek, Presidente do Banco Nacional de Polonia
  • Władysław Stasiak, xefe da Oficina do Presidente da República de Polonia
  • Aleksander Szczygło, cabeza da Oficina de Seguridade Nacional
  • Paweł Wypych, Secretario do estado na Oficina do Presidente da República de Polonia

Figuras militares

  • Tenente xeneral Andrzej Błasik, Xefe da Forza Aérea Polaca
  • Maior xeneral Tadeusz Buk, Comandante das Forzas Terrestres Polacas
  • Xeneral Franciszek Gągor, Xefe do Exército do Estado Maior polaco
  • Vicealmirante Andrzej Karweta, Comandante en Xefe da armada naval polaca
  • Xeneral Włodzimierz Potasiński, Comandante en Xefe das Forzas Especiais Polacas
  • Stanislaw Komorowski, Ministro de Defensa adxunto
  • Tenente Xeneral Bronislaw Kwiatkowski, Comandante do Comando Operacional das Forzas Armadas Polacas
  • Brigadier Xeneral Kazimierz Gilarski, Comandante da Gornición de Varsovia

Deputados do Senat

  • Krystyna Bochenek, Vice-Mariscal do Senat
  • Janina Fetlińska, membro do Senado
  • Stanisław Zając, membro do Senado

Deputados do Sejm

  • Krzysztof Putra, Vice-Mariscal do Sejm
  • Jerzy Szmajdziński, Vice-Mariscal do Sejm
  • Leszek Deptuła, membro do Sejm
  • Grzegorz Dolniak, membro do Sejm
  • Grażyna Gęsicka, membro do Sejm
  • Przemysław Gosiewski, membro do Sejm
  • Izabela Jaruga-Nowacka, membro do Sejm
  • Sebastian Karpiniuk, membro do Sejm
  • Aleksandra Natalli-Świat, membro do Sejm
  • Arkadiusz Rybicki, membro do Sejm
  • Jolanta Szymanek-Deresz, membro do Sejm
  • Zbigniew Wassermann, membro do Sejm
  • Wiesław Woda, membro do Sejm
  • Edward Wojtas, membro do Sejm

Figuras relixiosas

  • Arcebispo Miron Chodakowski, Ordinario Ortodoxo do Exército de Polonia
  • Tadeusz Płoski, Bispo do Ordinariato Militar do Exército de Polonia
  • Ryszard Rumianek, Reitor da Universidade Cardeal Stefan Wyszyński en Varsovia
  • Bronisław Gostomski, Reverendo da Igrexa Polaca de St Andrew Bobola en Londres[9][10]

Outros

  • Janusz Kochanowski, Ombudsman polaco
  • Janusz Kurtyka, Historiador e presidente do Instituto de Memoria Nacional
  • Piotr Nurowski, Presidente do Comité Olímpico Polaco
  • Maciej Płażyński, Presidente da asociación da Comunidade Polaca
  • Andrzej Przewoźnik, Secretario xeral do Rada Ochrony Pamięci Walk i Męczeństwa
  • Anna Walentynowicz, activista e membro de Solidarność
  • Janusz Zakrzeński, actor

Investigacións

Logo do accidente abrironse diversas investigacións tanto por parte das autoridades rusas como polacas para esclarecer as causas do accidente. O informe do Comité de Investigación presidido por Jerzy Miller, Ministro do Interior e da Administración presentouse o 29 de xullo de 2011.[11]Dentro das causas que levaron ao fatal accidente o informe sinalaba as adversas condicións climatolóxicas e os erros cometidos tanto polo controlador aéreo ruso como pola tripulación do avión.[12]
En 2012 realizaronse algunhas exhumacións a instancia das familias, nas que se constataron deficiencias na investigación, concretamente na xestión dos restos mortais.[13]
En 2015 reabriuse unha nova investigación que implicou a exhumación dos restos mortais daquelas vítimas que non foran cremados. En novembro de 2016 comezaron as labores de exhumación dos restos de 83 vítimas. Esta decisión foi moi polémica debido á oposición das familias de 17 vítimas e parte da sociedade polaca.[14]. Dúas viúvas conseguiron que Polonia fora condenada polo Tribunal Europeo de Dereitos Humanos por vulnerar os dereitos das familias das vítimas[15][16]
Un estudo de 2017 sinalaba a distintas incongruencias na investigación levado a cabo en 2010 e, en base as probas dispoñibles naquel momento, recomendaba un novo estudo máis exhaustivo.[17]Como resultado da apertura da nova investigación iniciada en 2015, declararonse nulas as conclusións da investigación aberta en 2010. Concluíuse que o avión se incendiara no ar debido a unha primeira explosión na á esquerda do Tupolev 154, seguida dunha segunda explosión no casco do aparato.[3][18][19]

Galería dos falecidos

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: