Andrea M. Ghez

Andrea Mia Ghez, nada o 16 de xuño de 1965, é unha astrónoma estadounidense profesora no Departamento de Física e Astronomía da UCLA, coñecida polo estudo do centro da galaxia da Vía Láctea.[1] En 2020 converteuse na cuarta muller galardoada co Nobel de Física,[2] premio cuxa metade foi compartida con Reinhard Genzel (a outra metade do premio correspondeulle a Roger Penrose). O Nobel foille outorgado a Ghez e Genzel pola súa descuberta dun obxecto compacto supermasivo, agora recoñecido como un burato negro, no centro da galaxia da Vía Láctea.[3][4]

Infotaula de personaAndrea M. Ghez Premio Nobel

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Andrea Mia Ghez Editar o valor em Wikidata
16 de xuño de 1965 Editar o valor em Wikidata (58 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónInstituto Tecnolóxico de California - Doutor en filosofía (–1992)
Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts - graduado en ciencias (–1987)
University of Chicago Laboratory Schools (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Director de teseGerald Neugebauer Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoAstronomía, matemáticas e ciencia Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónastrónoma , matemática , profesora universitaria , científica Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de California, Os Ánxeles Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoSylvana Yelda (en) Traducir e Jennifer Lynn Patience (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webastro.ucla.edu… Editar o valor em Wikidata
TED: andrea_ghez Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Ghez naceu na cidade de Nova York, filla de Susanne (Gayton) e Gilbert Ghez.[5][6] O seu pai, de ascendencia xudía, nacera en Roma, nunha familia orixinaria de Tunisia e Frankfurt.[7][8] A súa nai procedía dunha familia irlandesa de North Attleborough, Massachusetts.[9]

Ghez creceu en Chicago e asistiu á University of Chicago Lab School.[10] A chegada á lúa dos programas Apolo foron a inspiración para que Ghez decidise converterse na primeira muller astronauta, meta que obtivo o apoio materno.[astronauta 1][11] O referente feminino que máis a influenciou foi a súa profesora de química no instituto.[12] Ghez comezou os estudos universitarios na área de Matemáticas, pero cambiouse para Física.[13] Conseguiu o seu Bachelor of Science en Física no MIT en 1987 e logrou o título de doutora en 1992 baixo a dirección de Gerry Neugebauer no Instituto Tecnolóxico de California.[14]

Carreira investigadora

Na súa carreira investigadora actual fai uso de técnicas de imaxe de alta resolución espacial, como o sistema óptico adaptativo adaptive optics dos telescopios Keck,[15] para estudar rexións de formación de estrelas e o burato negro supermasivo no centro da Vía Láctea, coñecido como Sagittarius A*.[16] Ghez utiliza a cinemática das estrelas preto do centro da Vía Láctea como sonda para investigar esta rexión.[17] A alta resolución dos telescopios Keck[18] supuxo unha mellora significativa no primeiro grande estudo da cinemática do centro da galaxia realizado polo grupo de investigación de Reinhard Genzel.[19]

En 2004 foi elixida membro da Academia Nacional de Ciencias[20] e no ano 2019 foi elixida membro da American Physical Society (APS).[21]

Ghez apareceu nunha longa lista de presentacións audiovisuais. Os documentais foron producidos por organizacións como a BBC, o Discovery Channel, e The History Channel e en 2006 presentouse na cadea de televisión PBS a serie Nova.[22] Foi identificada como unha Heroína da Ciea polo proxecto My Hero Project.[11] No ano 2004 a revista Discover incluína na listaxe das 20 científicas dos Estados Unidos que amosaran un alto nivel de coñecemento* nos seus respectivos campos.[1]

O burato negro no centro da Galaxia (Sgr A*)

A través das imaxes con largura de onda infravermella, Ghez e os seus colegas foron capaces de ver a través do po espeso que bloquea a luz visible, e reproducir imaxes do centro da Vía Láctea. Grazas ós 10 metros de apertura do telescopio W.M. Keck e o uso de óptica adaptativa para corrixir a turbulencia na atmosfera, estas imaxes do centro galáctico teñen unha moi alta resolución espacial e fixeron posible seguir as órbitas das estrelas ao redor do burato negro, tamén coñecido como Sagittarius A* ou Sgr A*. Observáronse as órbitas parciais de moitas estrelas que orbitan o burato negro. Unha delas, S2, realizou unha órbita elíptica completa dende que comezaran as observacións no ano 1995. Precisaranse varias décadas máis para documentar as órbitas dalgunhas destas estrelas; estas medidas poderían fornecer dunha forma de comprobar a teoría da relatividade xeral. Unha segunda estrela foi identificada polo seu equipo na UCLA, a S0-102, orbitando o centro da galaxia.[23] Seguindo a terceira lei de Kepler, o equipo de Ghez utilizou o movemento orbital para mostrar que a masa de Sgr A* equivale a 4.1±0.6 milllóns de masas solares (M).[24] Posto que o Galactic Center (onde se sitúa o Sgr A*) está un centro de veces máis preto ca M31 (o burato negro supermasivo máis próximo)[25] é agora un dos casos mellor demostrados dun burato negro supermasivo.[26]

En 2020 Ghez compartiu o Premio Nobel de Física con Roger Penrose e Reinhard Genzel polas súas descubertas sobre os buratos negros.[3] Concretamente, Ghez e Genzel gañaron a metade do premio por descubriren o burato negro supermasivo que moi probablemente goberna as órbitas das estrelas no centro da Vía Láctea.[27][28]

Escolma de publicacións

Premios e recoñecementos

  • Annie J. Cannon Award en Astronomía (1994)[29]
  • Premio Packard Fellowship (1996)[30]
  • Premio Newton Lacy Pierce en Astronomía, da American Astronomical Society (1998)[29]
  • Premio Maria Goeppert-Mayer, da American Physical Society (1999)[31]
  • Premio Sackler Prize (2004)[32]
  • Premio Escudo de Ouro á Excelencia académica (2004)[33]
  • Marc Aaronson Memorial Lectureship (2007)
  • MacArthur Fellowship (2008)[34]
  • Premio Crafoord en Astronomía (2012)[35]
  • Royal Swedish Academy of Sciences (2012)[36]
  • Medalla da Royal Society Bakerian (2015)[37]
  • Doutoramento Honorario en Ciencias, Universidade de Oxford (2019)[38]
  • Membro da American Physical Society (2019)[21]
  • Elixida membro da American Astronomical Society (2020)[39]
  • Premio Nobel de Física (2020)[3]


Notas

Referencias

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: