Arthur Houghton

numismático estadounidense


Arthur Amory Houghton, nado en Nova York o 6 de maio de 1940, é un numismático estadounidense especializado na moeda do Imperio Seléucida.

Infotaula de personaArthur Amory Houghton
Biografía
Nacemento6 de maio de 1940
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeestadounidense.
Educación Universidade Harvard.
Universidade Americana de Beirut.
Coñecido porEstudos de moeda seléucida.
Actividade
Campo de traballoNumismática e Administración.
Ocupaciónnumismático Editar o valor em Wikidata
Premios
· (2003): Premio literario AINP.
· (2015): Huntington (ANS).

Traxectoria

Orixe e formación

Houghton é fillo do industrial do vidro e filántropo Arthur Amory Houghton (1906-1990).[1]

Pasou a infancia na súa cidade natal e posteriormente ingresou na Universidade Harvard, onde se graduou en Administración Pública en 1963. Tres anos despois acadou o mestrado en Estudos de Oriente Medio na Universidade Americana de Beirut.[2][3][4]

Carreira profesional

Concluída esta primeira etapa formativa, Houghton pasou a traballar para a Administración dos EEUU e desenvolveu o seu labor en postos como o Consello de Seguridade Nacional (1974-1976) e outros de carácter diplomático no exterior, como as embaixadas do seu país en Beirut, Amán e O Cairo, entre 1966 e 1979.[2][3][4]

Maisen fixo unha paréntese na súa carreira administrativa en 1981 para cursar na Universidade Harvard o mestrado en Belas Artes, do que se graduou en 1982, e logo traballou por un período de catro anos (1982-1986) como conservador adxunto no Museo J. Paul Getty en Malibú, California.[2][3][4]

Ao seu regreso á función pública, foi membro dunha comisión sobre seguridade nas fronteiras exteriores dos EEUU (1987-1989) e traballou na Oficina de Política Nacional de Control de drogas da Casa Branca (1989-1995), ademais de formar parte de diversos comités técnicos.[2][3][4]

Houghton foi tamén o fundador da compañía de consultoría Arthur Houghton Associates, Inc., que presidiu entre 1995 e 2005.[2][3]

Entre outras organizacións, Arthur Houghton formou parte cos consellos directivos da Escola Americana de Estudos Clásicos de Atenas, do Instituto Chipriota-Americano de Investigación Arqueolóxica, do Instituto de Oriente Medio, do Museo do Vidro de Corning e do Museo de Arte de Baltimore.[2][4]

Carreira numismática

Paralelamente á súa traxectoria profesional, Houghton interesouse pola arqueoloxía e a numismática antigas, aspecto sobre o que publicou diversos artigos e traballos monográficos, sinaladamente acerca da moeda seléucida dos sucesores de Alexandre o Grande.[2][5]

É membro da American Numismatic Society, entidade que presidiu desde 1985 a 1989.[3] Entre 1984 e 1987 foi tamén un dos membros do comité asesor do Departamento do Tesouro dos EEUU para a elección dos temas das moedas emitidas pola US Mint.[2][4]

Recoñecementos

Publicacións

Arthur Hougton é autor de máis de 60 artigos numismáticos en diversas revistas e publicacións conxuntas de diversos países (Revue Numismatique, Schweizerische numismatische Rundschau, Schweizer Münzblätter, Israel Numismatic Journal etc.).[8][9] Estes son os seus traballos monográficos, centrados na moeda seléucida:[10][11]

Monografías

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: