Schweizer Münzblätter
A Schweizer Münzblätter (de), cabeceira trilingüe tamén titulada Gazette Numismatique Suisse (fr) e Gazzetta Numismatica Svizzera (it) é unha revista numismática de periodicidade trimestral publicada pola Sociedade Suíza de Numismática desde outubro de 1949.[1][2]
Schweizer Münzblätter Gazette Numismatique Suisse Gazette Numismatique Suisse | |
---|---|
País | Suíza |
Lingua | Alemán, francés e italiano. |
Especialidade | Numismática |
Abreviatura | SM |
Fundación | 1949 |
Fundador | Herbert A. Cahn (primeiro director). |
Desenvolvemento | |
Publicador | Schweizerischen Numismatischen Gesellschaft. |
Circulación | |
Frecuencia | Trimestral. |
ISSN | 0016-5565 |
Na rede | |
http://www.numisuisse.ch/33001/33401.html | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O seu primeiro director foi Herbert A. Cahn, ata 1964.[1][3]
Schweizer Münzblätter (SM) é un dos dous órganos de expresión da Sociedade Numismática Suíza, xunto con Schweizerische Numismatische Rundschau (SNR).[2]
A revista publica artigos científicos sobre a historia da moeda, o diñeiro e a economía ao longo da historia e en diferentes rexións, escritos en calquera dos tres idiomas da súa cabeceira. No entanto, os artigos publicados en SM adoitan ter menor extensión que os aparecidos en SNR. Ademais destes artigos, Schweizer Münzblätter é un boletín informativo sobre numismática suíza, con recensións bibliográficas, noticias, e avisos sobre exposicións e conferencias sobre numismática, así como as actas da Sociedade Numismática Suíza.[2]
Consello editorial
O consello editorial das revistas publicadas pola Sociedade Suíza de Numismática está composto polas seguintes persoas:[4]
- Michael Alram (Viena).
- Michel Amandry (París).
- Wolfgang Fischer-Bossert (Viena).
- Hans-Ulrich Geiger (Zürich).
- Lutz Ilisch (Tübingen).
- Ulrich Klein (Stuttgart).
- Denis Knoepfler (Neuchâtel).
- William E. Metcalf (Connecticut).
- Markus Peter (Berna).
- Samuele Ranucci (Perugia).
- Lucia Travaini (Milán).