Batalla de Kursk

A batalla de Kursk foi un enfrontamento bélico da segunda guerra mundial entre tropas alemás e soviéticas que tivo lugar entre o 4 de xullo e o 23 de agosto de 1943. Iniciouse nos arredores de Kursk, e foi o maior enfrontamento de blindados da historia.

Batalla de Kursk
Parte de Segunda guerra mundial

Granadeiros Panzer xunto a un Tiger I da 2.ª SS División Panzer "Das Reich", durante os combates.
DataOfensiva alemá: 5-16 de xullo de 1943
Contraataque soviético: 12 de xullo-23 de agosto de 1943
LugarKursk, URSS
Coordenadas51°30′04″N 36°03′05″L / 51.50111, -36.05139
ResultadoVitoria soviética[a][1]
Cambios territoriais
  • Os soviéticos recuperan o territorio ao longo dunha fronte de 2000 km despois da batalla [b]
Belixerantes
Alemaña nazi AlemañaUnión Soviética Unión Soviética
Líderes
  • Georgy Zhukov
  • Konstantin Rokossovsky
  • Nikolai Vatutin
  • Ivan Konev
  • Sergei Rudenko
Forzas en combate
  • Operación Citadel:
    • 780.900 homes[2]
    • 2.928 tanques[2]
    • 9.966 canóns e morteiros[3]
  • Fase contraofensiva soviética:
    • 940.900 homes[2]
    • 3.253 tanques[2]
    • 9.467 canóns e morteiros[4]
  • 2.110 avións[5]
  • Operación Citadel:
    • 1.910.361 homes[6]
    • 5.128 tanques[6]
    • 25.013 canóns e morteiros[3]
  • Fase contraofensiva soviética:
    • 2.500.000 homes[6]
    • 7.360 tanques[6]
    • 47.416 canóns e morteiros[4]
  • 2.792[7][c] a 3.549[8][d] avións
Baixas
  • Operación Citadel:[e]
  • Batalla de Kursk:[g]
    • Aproximadamente 50.000 mortos ou desaparecidos e 134.000 feridos (por datos médicos militares alemáns)[17]
    • Estimación de 760 tanques e armas de asalto destruídos [18]
    • 681 avións (do 5 ao 31 de xullo)[19][h]
  • Operación Citadel:[e]
  • Batalla de Kursk:[g]
    • 254.470 asasinados, desaparecidos ou capturados
      608.833 feridos ou enfermos[25][i]
    • Total 863.000 homes
    • 6.064 tanques e armas de asalto destruídas[26][j][12]
    • 1.626[23]–1.961 avións[22]
    • 5.244 canóns[23]

Antecedentes

Trala deshonrosa derrota en Stalingrado, o III Reich buscaba un revulsivo para retomar a iniciativa na fronte do leste. O Estado maior alemán decidiu que as planicies que rodeaban Kursk serían un bo escenario dunha vitoria que necesitaban vender á súa poboación. Por esa época os exércitos do Eixe tiveran as súas primeiras derrotas de relevancia: batalla de El-Alamein, perda de Tobruk, desembarco en Sicilia... Así, os alemáns comezaron a retirar material de guerra de países calmos coma Grecia, Francia, Holanda, e ós veteranos do Afrika Korps e a concentralos ó redor da cidade de Kursk. Pero os continuos atrasos, os cambios de humor de Hitler e a complicada cuestión loxística atrasaron demasiado tempo o ataque. Ós soviéticos deulles tempo a construír tres barreiras defensivas ó redor da cidade, reunindo en total 50 divisións, das cales 16 eran blindadas e compostas cos famosos T-34.

Desenvolvemento

Nos cinco primeiros días de batalla, os alemáns perderon dous terzos do seu material. Kursk era impenetrable. O 12 de xullo, as Panzerdivisionen perderon 350 tanques e 10 000 homes, ademais perderon a iniciativa do combate, os rusos saíron dos seus postos defensivos e avanzaron.

Foi a primeira batalla da fronte do leste no que o Exército Vermello tivo claramente a superioridade aérea. Ademais, o impulso moral para a poboación de saber que podían vencer, só pode ser comparado co sucedido trala batalla de Stalingrado.

No día 50 de batalla, os alemáns xa perderan 30 divisións completas (uns 50 000 homes).

Tropas

III Reich

  • 50 divisións, incluíndo 17 divisións mecanizadas.
  • Entre estas incluíanse as mellor equipadas e adestradas de todo o exército alemán: Gross Deustchland (Grande Alemaña). As Divisións mecanizadas da Arma SS (Waffen SS): Leibstandarte, Totenkpf (Caveira) e Das Reich (O Imperio).
  • Os alemáns concentraron novas armas recentemente saídas da fábrica: tanques Tigre, carros antitanque Elefante (cunha armadura máis ancha que o blindaxe dun destrutor).
  • Numerosas unidades da Luftwaffe e de artillaría.

Unión Soviética

  • 1 300 000 soldados.
  • 3 600 tanques.
  • 20 000 pezas de artillaría, (6 000 canóns antitanque de 76 mm).
  • 2 400 cazas.
  • Estes datos representaban a quinta parte do Exército Vermello, a terceira parte dos tanques, e a cuarta parte da aviación.
  • Despregaron 3 400 minas por quilómetro de fronte.
  • Puxeron a 300 000 civís a cava-las trincheiras para esconder todo o material.

Notas

Referencias

Véxase tamén

Bibliografía

  • The Battle of Kursk, David Glantz e Jonathan House

Outros artigos

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: