Benidorm

Benidorm é un concello da provincia de Alacant (Comunidade Valenciana), situado na costa mediterránea, ao sueste da Península Ibérica. Está a 40 km da capital da provincia, Alacant.

Modelo:Xeografía políticaBenidorm
Imaxe

Localización
Mapa
 38°32′03″N 0°07′53″O / 38.534166666667, -0.131388888888890°07′53″O / 38.534166666667, -0.13138888888889
EstadoEspaña
Comunidade autónomaComunidade Valenciana
ProvinciaProvincia de Alacant
Comarcas da Comunidade ValencianaMarina Baixa Editar o valor em Wikidata
CapitalBenidorm Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación72.342 (2023) Editar o valor em Wikidata (1.878,53 hab./km²)
Lingua oficiallingua catalá (lingua predominante) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie38,51 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porMar Mediterráneo Editar o valor em Wikidata
Altitude15 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1325 Editar o valor em Wikidata
Santo padrónQ11705130 Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal03501–03503 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE03031 Editar o valor em Wikidata
ARGOS ID (en) Traducir03031 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webbenidorm.org Editar o valor em Wikidata

Segundo datos de 2005, tiña 67.492 habitantes, aínda que se calcula unha poboación aproximada de 100.000 habitantes durante a meirande parte do ano debido ó gran número de estranxeiros non censados[Cómpre referencia]. Benidorm é unha cidade eminentemente turística grazas ao seu clima e temperaturas medias, que varían ó longo do ano entre os 12 °C no inverno e os 28 °C ós que se chega no verán.

O atractivo de Benidorm baséase nas súas tres praias con bandeira azul. Estas tres praias son: Llevant, Ponent e El Mal Pas. Benidorm é tamén coñecida por ter un animado e variado ambiente nocturno.

Demografía e urbanismo

Benidorm experimentou nos últimos anos unha transformación urbanística extraordinaria, que fixo que a súa poboación pasara dos 5000 habitantes a finais da década dos 50, ata chegar á cifra actual.

Por outra banda, Benidorm é a localidade con máis rañaceos por habitante do mundo e a segunda en relación ó número deles por metro cadrado, despois de Manhattan. Un dos maiores edificios de España, o Gran Hotel Bali, que ademais é o hotel máis alto de Europa, atópase en Benidorm. Tamén deu comezo a construción do edifico residencial máis alto de Europa (200 m).

Evolución da poboación desde 1857 ata 2008

185718871910193019501960197019811991199620012008

37203181349831132726625912.12425.54442.44250.04051.87370.280

Historia

No termo municipal atópanse restos iberos e romanos. Parece ser que no momento da Reconquista había unha alquería árabe na Partida de Lliriets; de calquera xeito, a poboación sería de pouca importancia. O nome de Benidorm aparece por vez primeira no Llibre del Feyts de Xaime I de Aragón, que conquistou esta parte da provincia de Alacant no ano 1245. As terras de Benidorm, e a meirande parte do resto da bisbarra, foron outorgadas ó almirante Bernat de Sarriá. Este importante señor feudal pode considerarse o verdadeiro fundador da cidade, ó outorgar Carta Puebla a Benidorm o 8 de maio de 1325, creando o castelo e a vila. A función deste documento era marcar os límites do termo da nova poboación (que se separou así administrativamente da baronía de Polop), e tamén intentar atraer o estabelecemento exclusivo de familias cristiás. Estratexicamente, a orixe da vila debeuse ó medo imperante naquel tempo ó superior número de mouriscos existentes na zona, e as posibles alianzas destes cos seus irmáns de relixión no Reino de Granada e no norte de África.

En 1335 o señor territorial é o Infante Pedro de Aragón e de Anjou, seguido polo seu fillo Afonso de Aragón e de Foix. Posteriormente, Benidorm pasou a mans dos condes de Dénia, volveu á coroa, e finalmente vendeuse ó nobre Ruy Díaz de Mendoza, debido as dificultades financeiras do monarca con motivo de conflitos bélicos que lle obrigaron a desprenderse de moitos dos seus señoríos.

Vista de Benidorm

A poboación sufriu dous terribles ataques piratas berberiscos, o primeiro en 1410 e o segundo en 1448, que asolaron a vila e o castelo. En concreto, no ataque de 1448, os piratas leváronse escravizados a meirande parte dos habitantes de Benidorm, coa resultante despoboación

No século XVI ampliouse e reparouse o castelo, pero a vila urbana, que volvera a pertencer á baronía de Polop, atopábase case completamente despoboada.

A mellora das construcións defensivas e o establecemento, a partir de 1666, dunha canle que podía achegar auga desde o interior da bisbarra permitiron atraer novos poboadores ó lugar. En 1701, por iniciativa aristocrática, outorgouse unha nova Carta de poboación á vila, que volveu ser municipalidade independente.

En 1715 Bendidorm contaba cuns 216 veciños, cifra que aumentou a 2700 a finais do século XVIII. Esta forte expansión demográfica púidose realizar grazas, esencialmente, a unha importante actividade pesqueira baseada na pesca con almadraba (pesca de atúns durante a súa viaxe de migración, mediante dun cerco de redes), na que os seus habitantes se especializaron.

Na guerra da Independencia española, as tropas napoleónicas profanaron o cemiterio e destruíron o castelo.

Durante o século XIX continuou o crecemento e comezaron tímidas aventuras turísticas como a inauguración do Balneario de la Virgen del Sufragio. Aínda que nos anos posteriores melloraron as comunicacións con Alacant e con Madrid, os demais sectores económicos non estaban pasando polo seu mellor momento, a mariña mercante entraba en crise pola perda das últimas colonias españolas de ultramar en 1898 (Cuba, Porto Rico e Filipinas) e pouco despois o "boom" da agricultura da vide (viño e uvas pasas) arruinouse coa chegada dun parasito da vide a comezos do século XX. Esta desaceleración económica foi unida a unha certa emigración a Cuba, ó barrio marítimo de Barcelona e á costa de Cádiz.

Durante estes anos, produciuse a ampliación do porto e, en 1925, a construción dos primeiros chalés na praia de Llevant. Trala Guerra civil española, pouco a pouco fóronse recuperando as actividades socioeconómicas, coa pesca como ramo produtivo máis destacado. Foi na década dos 50 cando se deron os primeiros pasos para producir unha verdadeira transformación: por unha banda, en 1952, pechouse por baixo rendemento nas capturas a almadraba máis importante, algo traumático para moitas familias. Ó mesmo tempo, en 1956, o Concello aprobaba o ordenamento urbanístico da vila para crear unha cidade concibida para o lecer turístico baseada en rúas ben trazadas e amplas avenidas seguindo a configuración das praias. A partir dese momento, produciuse un forte desprazamento das actividades tradicionais (pesca e agricultura) ó sector servizos orixinado polo turismo, que se converteu na base da prosperidade da cidade. O turismo español comezou a compartir o espazo cos visitantes doutras partes de Europa, primeiro chegados cos seus vehículos e máis adiante, coa apertura do aeroporto de L'Altet en 1967, cun importante número de estranxeiros chegados en voos charter. Actualmente, Benidorm é unha das primeiras cidades turísticas de toda a costa mediterránea.

Balcón del Mediterráneo

Festas e celebracións

Benidorm é unha cidade na que as festas adquiren un especial protagonismo. As festas patronais, en honor á virxe do Sufraxio e San Xaime Apóstolo, xunto con numerosas celebracións ó longo de todo o ano, son un atractivo importante para aqueles que a visitan. Teñen comezo en novembro, de sábado a martes a partir do segundo domingo do mes. Tamén se celebran Fallas, en marzo, Fogueiras de San Xoán en xuño e, en outubro, a festa de Mouros e cristiáns.

Un dos acontecementos máis coñecidos da cidade foi a celebración anual, entre 1954 e 2006, do Festival Internacional da Canción de Benidorm.

Parques temáticos e de atraccións

Dentro da grande oferta de lecer de Benidorm, destacan os seus parques temáticos e de atraccións:

  • Terra Mítica: un dos grandes parques temáticos de España, está inspirado nas distintas civilizacións que habitaron o Mediterráneo.
  • Aqualandia: atraccións de auga (escorregadoiros, rápidos...).
  • Mundomar: parque de observación de animais.

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: