Eilat

Eilat (en hebreo: אֵילַת e en árabe: إيلات) é a máis meridional das cidades do Estado de Israel, cun importante porto e un concorrido resort internacional. Sitúase no Distrito Meridional de Israel, na exigua costa que o país ten sobre o golfo de Eilat na rexión sur do Deserto do Negev, no extremo sur do Aravá. A súa poboación en 2016 era duns 50.072 habitantes [1] A cidade sitúase ao carón da poboación exipcia de Taba ao sur e coa cidade portuaria xordana de Aqaba ao leste, e a vista de Arabia Saudita ao sueste, cruzando o golfo. O seu nome deriva da bíblica cidade Elath, que adoita identificarse hoxe en día coa veciña Aqaba. As praias da cidade, a vida nocturna e as paisaxes do deserto, converten a cidade nun destino popular para o turismo nacional e internacional.

Modelo:Xeografía políticaEilat
אילת‏‎ (he) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Mapa
 29°33′N 34°57′L / 29.55, 34.9534°57′L / 29.55, 34.95
EstadoIsrael
Distrito (pt) TraducirDistrito Sul (pt) Traducir
Subdistrict of Israel (en) TraducirBeersheba Subdistrict (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación51.935 (2019) Editar o valor em Wikidata (612,52 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie84,789 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porMar Vermello e Golfo de Aqaba Editar o valor em Wikidata
Altitude16 m Editar o valor em Wikidata
Creación1951 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoMeir Yitzhak Halevi (pt) Traducir (2003–) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Prefixo telefónico+972 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con
Palanga (pt) Traducir
Sorrento (pt) Traducir
Toronto
Benidorm
Ialta
Ushuaia
Serres (pt) Traducir
Os Ánxeles (1959–)
Durban (1976–)
Antibes (1979–)
Kamen (1980–)
Kampen (Países Baixos) (pt) Traducir (1983–)
Smolyan (pt) Traducir (1985–)
Arica (1997–)
Piešťany (pt) Traducir (2006–)
Karlovy Vary (pt) Traducir (2012–)
Yinchuan (pt) Traducir (2012–)
Sopron (2015–)
Acapulco (2017–) Editar o valor em Wikidata

Páxina webeilat.muni.il Editar o valor em Wikidata

O abrasante calor do Negev, un dos máis áridos desertos do planeta, queda suavizado pola situación costeira de Eilat: as augas do mar Vermello axudan a suavizar as altas temperaturas, gozando a cidade dun clima idóneo que fixo unha das máis importantes atraccións turísticas de Israel. O reclamo turístico queda completado coa existencia de formacións coralinas, moi apreciadas polos submarinistas, e as expedicións de aventura ao interior do Negev.

Etimoloxía

A orixe do nome Eilat, mencionado no Antigo Testamento, non se coñece a con certeza, pero probablemente proveña da raíz hebrea A-Y-L (hebreo: א. י. ל.), que tamén é a raíz para a palabra Elah (hebreo: אלה), que significa Pistacia. Como outras moitas localidades, Eilat aparece mencionada na Biblia tanto na forma singular como plural (Eilot).[2]

Historia

Antigüidade

O asentamento orixinal situábase probablemente no extremo norte do Golfo de Eilat.[3] As escavacións arqueolóxicas excavations descubriron importantes tumbas prehistóricas que datan do milenio 7 a.C. na zona occidental de Eilat, mentres que as escavacións e traballos co cobre no Val de Timna datan dos milenios 5 e 6 a.C..[4]

Período xudeu

O asentamento de Eilat na década de 1960

Eilat mencionase na Biblia por primeira vez no Libro do Éxodo. As primeiras seis estacións da ruta do Éxodo teñen lugar en Exipto. A sétima é o cruzamento do mar Vermello e desde a 9ª a 13ª teñen lugar nas proximidades de Eilat. A estación 12ª refírese a unha ducia de campamentos arredor de Timna no moderno Israel preto de Eilat. Cando o rei David conquistou Edom,[5] que ata entón fora a fronteira común entre Edom e Midian, pasou por Eilat, a cidade compartida tamén por eles. A cidade portuaria comercial e centro da industria do cobre mantivéronse con Exipto ata que foi reconstruída por Salomón no lugar hoxe coñecido como Ezion-Geber (I Reis 9:26). En 2 Reis 14:21-22 "Xudá enteiro fixouse en Azarías, cando tiña dezaseis anos, e aclamárono rei, no lugar do seu pai Amasías. El reconstruíu Eilat e volveullo a Xudá, despois de que o rei adormeceu con seus pais."[6] E de novo en 2 Reis 16:6 "Por aquel mesmo tempo o rei de Edom recuperou Eilat, desbotando de alí a Xudá. Os edomitas entraron en Eilat e quedaron alí ata o día de hoxe."[7]

Foi un prospero porto de comercio xudeu entre os séculos 9º e 7º a.C.[8]

Períodos romano e musulmán

Durante a ocupación romana, construíuse unha estrada para unir a área coa cidade nabatea de Petra, na actual Xordania.

Unha comunidade islámica de comerciantes de cobre de entre 250 e 400 residentes floreceu durante o Califato Omeia entre os anos 700 e 900 d. C.. Os seus restos atopáronse en 1989, no extremo norte da moderna Eilat, entre o que hoxe en día é a súa zona industrial e próxima ao Kibbutz Eilot.[9]

Tralo establecemento do Estado de Israel

O izado da Bandeira de Tinta, cando o terreo sobre o que foi edificado Eilat foi capturado durante a operación Uvda.

A área foi designada como parte do estado xudeu no plan de partición de 1947. O posto abandonado da policía británica de Umm Al-Rashrash foi ocupado sen loitas o 10 de marzo de 1949, como parte da operación Uvda.[10][11]

As miñas de Cobre de Timma[12] preto do val de Timma quedaron abertas, construíuse un porto, e o turismo comezou a chegar. A construción da cidade e o porto de Eilat comezou pouco despois do final da guerra. O porto pasou a ser vital para o desenvolvemento do novo país.

Trala Guerra árabe-israelí de 1948, os países árabes mantiveron un estado de hostilidade con Israel, bloqueando tódalas rutas terrestres; os accesos a Israel e o comercio co resto do mundo realizábase por aire e mar. Máis adiante, Exipto denegou o paso pola canle de Suez aos buques rexistrados en Israel e a calquera buque que transportara mercancías cara portos israelitas. Isto converteu ao porto de Eilat nun punto crucial para as comunicacións de Israel, o seu comercio e intercambios con África e Asia, así como para as importacións de petróleo. Sen acceso a un porto no mar Vermello, Israel non podería lograr as súas relacións diplomáticas, culturais e comerciais máis aló do mar Mediterráneo e Europa. Esta situación sucedeu en 1956 e de novo en 1967, cando o peche por parte de Exipto dos estreitos de Tirán ao comercio para Israel bloqueou o porto de Eilat.

En 1956, isto levou a participación israelí xunto ao Reino Unido e Francia na guerra contra Exipto desatando a Guerra de Suez, mentres en 1967 o 90% do petróleo israelí pasaba polos estreitos de Tirán.[13] Os petroleiros que tiñan que cruzar os estreitos atrasáronse.[14][15] O peche dos estreitos foi citado por Israel como un casus belli adicional, levando ao comezo da Guerra dos Seis Días. Tralo tratado de paz asinado con Exipto en 1979 e Xordania en 1994, as fronteiras de Eilat cos seus veciños quedaron finalmente abertas.

Conflito árabe-israelí

O primeiro ministro David Ben-Gurion dando un discurso en 1959 durante o décimo aniversario da cidade.
Véxase tamén: Conflito árabe-israelí.

Eilat está defendida polas súa propia unidade das forzas especiais, a Lotar Eilat. Esta unidade de reservistas das Forzas Especiais de Israel está adestrada en contraterrorismo e rescate de reféns na área de Eilat. Tomou parte en moitas misións na rexión desde a súa creación en 1974. A unidade está formada unicamente por reservistas, cidadáns que deben ser habitantes de Eilat, e ter idades comprendidas entre 20 e 60 anos, que son chamados en caso de ataque terrorista na cidade. É ademais unha das tres unidades autorizadas polo exército israelí para liberar reféns baixo o seu propio comando.[16][17]

No ano 2007 un atentado acabou coa vida de tres panadeiros civís.[18][19] Este foi o primeiro ataque deste tipo desde a Segunda Intifada que tivo lugar en Eilat.[20] Porén, outros ataques xa tiveran lugar na rexión anteriormente.[21]

En 2011, varios terroristas infiltráronse en Israel a través da fronteira coa península do Sinaí, perpetrando varios ataques na autoestrada 12, nos que se viron afectados autocares civís e vehículos privados a varios quilómetros ao norte da cidade.[22][23]

Por mor destes ataques e, en prevención de infiltración de terroristas en territorio israelí, as autoridades do país construíron unha barreira de aceiro na fronteira con Exipto. Esta barreira está equipada con cámaras de seguridade, radares e sensores de movemento ao longo de toda a fronteira.[24] A valla quedou rematada en xaneiro de 2013.[25]

Xeografía

Montañas de Eilat

A xeoloxía e a paisaxe son variadas: as rocas ígneas e metamórficas, pedra arenisca e pedra calcaria; montañas de ata 892 metros sobre o nivel do mar; amplos vales, como o Arava, e a beira do mar no Golfo de Aqaba. Cunha precipitación media anual de 28 milímetros e as temperaturas no verán de 40 °C e superiores, os recursos hídricos e a vexetación son limitados.

Clima

Eilat ten un Clima árido (segundo a Clasificación climática de Köppen de Köppen BWh[26]). Os invernos adoitan estar entre 11-23 °C. Os veráns oscilan entre 26-40 °C.

Datos climáticos para Eilat (Temperatura: 1987–2010, Precipitación: 1980–2010)
MesXanFebMarAbrMaiXuñXulAgoSetOutNovDecAnual
Temperatura máxima en °C32,235,838,743,445,247,448,348,045,044,338,133,648,3
Media mensual máxima en °C26,329,332,838,242,143,644,143,241,939,733,428,044,1
Media máxima en °C21,323,026,131,035,738,940,440,037,333,127,723,031,46
Media diaria en °C15,817,420,524,729,132,033,833,731,327,422,017,125,4
Media mínima en °C10,411,814,618,422,525,227,327,425,221,816,311,919,4
Media mensual mínima en °C5,97,410,113,417,721,524,824,822,017,411,57,55,9
Temperatura mínima en °C1,20,93,08,412,118,520,019,418,69,25,32,50,9
Chuvia media mm43321000042524
Media de días con chuvia (≥ 0.1 mm)2,11,81,60,90,700000,70,81,910,5
Humidade relativa media (%)32282519161517182327293323,5
Media de horas de sol mensuais229,4237,3251,1273319,3324347,2347,2291282,12462173 364,6
Fonte: Israel Meteorological Service[27][28][29][30]
Temperatura media da auga do mar[31]
XanFebMarAprMaiXunXulAugSepOutNovDec
22 °C21 °C21 °C23 °C25 °C26 °C28 °C28 °C28 °C27 °C25 °C23 °C

Transporte

O porto de Eilat.
O aeroporto de Eilat.

Aire

  • O aeroporto de Eilat está situado no centro da cidade e utilízase maioritariamente para voos domésticos[32] (IATA: ETH, ICAO: LLET).
  • Os voos internacionais adoitan chegar ao aeroporto de Ovda, situado a 50 km ao norte da cidade.[33] (IATA: VDA, ICAO: LLOV).
  • O novo Ramon International Airport está previsto que comece as súas operacións en 2018, tanto para voos domésticos como internacionais.

Estrada

Eilat conta con dúas estradas principais que a conectan co centro de Israel:

  • A autoestrada 12, que se dirixe cara ao noroeste.
  • A autoestrada 90, que se dirixe cara ao nordés, e sueste cara a fronteira con Exipto.

Cruces fronteirizos

  • O cruzamento fronteirizo de Taba permite cruzar a Taba, Exipto.
  • O cruzamento fronteirizo de Wadi Araba, renomeou o antigo cruzamento de Yitzhak Rabin no lado israelí, permite o cruzamento a Aqaba, Xordania.

Marítimo

O porto de Eilat e a Eilat Marina permiten a viaxe por mar.

Os plans de futuro inclúen unha liña de ferrocarril[34] para reducir os tempos de viaxe ata Tel Aviv e Xerusalén.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: