British Racing Partnership

BRP
Nome completoBritish Racing Partnership
BandeiraReino Unido Reino Unido
Baseada enTring, Hertfordshire, Reino Unido
Tempadas en activo6 (1958-1959, 1961-1964)
Número de pilotos Stirling Moss
Masten Gregory
Innes Ireland
Trevor Taylor
Jim Hall
DebutGran Premio de Marrocos de 1958
Carreiras43
Campionatos de Construtores0
Campionatos de Pilotos0
Vitorias0
Pole positions0
Voltas Rápidas2
Puntos totais0
Derradeiro GPGran Premio de México de 1964

British Racing Partnership (BRP) foi un equipo de carreiras, e, finalmente un construtor, do Reino Unido. Foi fundado en 1957 por Alfred Moss e Ken Gregory, pai e representante de Stirling Moss respectivamente, para representar os coches de Stirling, cando non tiña contrato con outras empresas.[1]

O BRP BRM P25 co que Stirling Moss acadou o segundo lugar no Gran Premio do Reino Unido de 1959, o mellor resultado de BRP

BRP participou cun Cooper-Borgward de Fórmula Dúas e, ocasionalmente, cun BRM de Fórmula 1 en 1959, este último resultou destruído nun espectacular accidente no circuíto alemán de AVUS. BRP foi o primeiro equipo de Fórmula Un en vender a totalidade do nome do equipo a cambio dos ingresos de patrocinio, foron patrocinados polo Yeoman Credit Ltd., unha empresa de venda e alugueiro, a partir de agosto de 1959, e converteuse en Yeoman Credit Racing na tempada 1960. BRP recibiu unha suma de 40.000 libras para comprar o seu equipamento e máis 20.000 libras ao ano para o funcionamento do equipo. O equipo competiu con Coopers, tanto na Fórmula Un como na Fórmula Dúas, durante 1960, cun éxito desigual. Durante este tempo, catro dos pilotos do equipo morreron mentres competían co coche, e os propietarios de Yeoman Credit comezou a preocuparse porque o equipo non estaba xerando publicidade positiva para a súa empresa. O contrato con Yeoman Credit foi traspasado a Reg Parnell Racing ao final do ano, e para as tempadas de 1961 e 1962 BRP foi renomeado UDT Laystall Racing, como parte dun similar novo acordo de patrocinio. UDT eran as iniciais de United Dominions Trust, entre as varias propiedades do holding estaba Laystall Engineering, o principal provedor de veos de manivelas para as industrias do automóbil e da aviación británicas.[1]

En 1963, o equipo volveu ao seu nome orixinal e converteuse nun verdadeiro construtor, as tempadas anteriores correra con Lotus 24 e Cooper T51, e trataran de adquirir sen éxito o máis moderno, monocasco Lotus 25. Isto orixinou que o xefe de deseño, Tony Robinson, deseñara o seu propio coche monocasco, inspirado no Lotus 25, pero máis basto e cun motor V8 de BRM en lugar do típica Coventry Climax do Lotus 25. Este coche coñécese comunmente como o BRP-BRM e foi pilotado por Innes Ireland e Trevor Taylor.[1]

Como construtor, BRP participou en 13 probas de Gran Premio, anotando un total de 11 puntos no campionato. Logo de 1964 o equipo viuse obrigado a retirarse da F1; a BRP negóuselles a súa adhesión á Asociación de Construtores de Fórmula Un, o que os privou de diñeiro para arrincar, que entón era un factor importante nos ingresos do equipo. BRP construíu coches para as 500 Millas de Indianápolis, pero gozaron de pouco éxito.

Resultados Completos na Fórmula Un

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

AnoChasisMotorPneu.Piloto1234567891011
1958Cooper T45Climax FPF 1.5 L4DARXMONNED500BELFRAGBRALEPORITAMAR
Tom BridgerRet
1959Cooper T51
BRM P25
Climax FPF 1.5 L4
BRM P25 2.5 L4
Borgward 1500 RS 1.5 L4
DMON500NEDFRAGBRALEPORITAUSA
Ivor BuebNSC13
Stirling MossDSC2
Chris Bristow10
Alemaña Hans HerrmannRet
1961Lotus 18
18/21
Climax FPF 1.5 L4DMONNEDBELFRAGBRALEITAUSA
Cliff Allison8NTS
Henry TaylorNSCNPP10Ret11
Bélxica Lucien BianchiRetRet
Juan Manuel BordeuNTS
Masten GregoryRetRet
1962Lotus 24
18/21
Climax FWMV 1.5 V8
Climax FPF 1.5 L4
BRM P56 1.5 V8
DNEDMONBELFRAGBRALEITAUSARSA
Innes IrelandRetRetRetRet16Ret85
Masten GregoryRetNSCNCRet7126
1963Lotus 24BRM P56 1.5 V8DMONBELNEDFRAGBRALEITAUSAMEXRSA
Jim HallRetRet811658108
Innes IrelandRetRet
1964Lotus 24BRM P56 1.5 V8DMONNEDBELFRAGBRALEAUTITAUSAMEX
Innes IrelandNTS
Trevor TaylorRet

Como construtor

(key)

AnoChasisMotor(es)Pneu.Pilotos12345678910PuntosPos.
1963BRP 1BRM V8DMONBELNEDFRAGBRALEITAUSAMEXRSA6
Innes IrelandRet47Ret4
1964BRP 1
BRP 2
BRM V8DMONNEDBELFRAGBRALEAUTITAUSAMEX5
Innes Ireland10Ret1055Ret12
Trevor TaylorRet7RetRetNSC6Ret

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas