O Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1960 é o undécimo campionato anual de Fórmula 1 organizado pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA), a terceira Copa Internacional de Construtores de F1 e numerosas carreiras fóra do campionato de Fórmula Un. Con 10 Grandes Premios no calendario, deu comezo o 7 de febreiro, e finalizou o 20 de novembro.
Foi o último ano da fórmula de 2´5 litros e trouxo outra vitoria de Brabham e Cooper, e viu como Lotus, Ferrari e BRM adoptaban o motor traseiro. Os automóbiles con motor dianteiro foron superados.
O sistema de puntuación foi cambiado, eliminouse o punto pola volta rápida e no seu lugar outorgouse 1 punto ao sexto clasificado. Así pois, adxudicáronse puntos aos seis primeiros lugares (8, 6, 4, 3, 2, 1). Para a conta final do campionato só se contaron os seis mellores resultados dos dez posibles.
Equipos e pilotos
Os sguientes equipos e pilotos competiron no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1960 da FIA.
Piloto de probas dos venres (PP) (desde 2003 en diante)
En branco
Non participou nas prácticas (NPP)
Excluído (EX)
Non chegou (NCG)
Negra. Volta rápida
Só os 6 mellores resultados contan para o Campionato. Os números sen paréntese son puntos do campionato, os números entre paréntese son puntuación total obtida.
Clasificación do Mundial de Construtores de 1960
Os puntos concédese sobre unha base 8-6-4-3-2-1 en cada carreira (excluído o obtido nas 500 Millas de Indianápolis), cos mellores resultados de seis carreiras. Só o mellor coche de cada fabricante era elixible para gañar puntos.