Clash of Clans

videoxogo de 2013

Clash of Clans, tamén coñecido CoC é un videoxogo de estratexia e de construción de aldeas en liña, para dispositivos móbiles con plataformas de IOS e Android. Lanzado o 2 de agosto de 2012, foi creado por Supercell,[1] compañía de videoxogos con sede en Helsinqui, Finlandia.

Clash of Clans
Desenvolvedor(es)Supercell
Versión13.369.9
Lanzamento2 de agosto de 2012 e 7 de outubro de 2013
XéneroSimulación
Modos de xogoUn xogador, multixogador
Clasificación USK
Plataforma(s)Android, iOS
RequisitosiOS 9.0.0 o versión superior (iPhone, iPad e iPod Touch).
Android 4.2.2 o versión superior.
É requirida unha conexión de rede.
SerieXogos de Supercell
Na rede
Páxina oficial
IMDB: tt6318978 Facebook: clashofclans Twitter: clashofclans Instagram: clashofclans Youtube: UCD1Em4q90ZUK2R5HKesszJg TikTok: clashofclans Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

O xogo foi lanzado para a plataforma iOS o 2 de agosto de 2012. O 30 de setembro de 2013 foi lanzado para Android.[2]

Funcionalidade

Clash of Clans é un videoxogo de estratexia multixogador ou dun xogador no que o usuario debe construír unha aldea (nunha cuadrícula de 44x44), adestrar tropas e elaborar feitizos para atacar outras aldeas de xogadores en liña ou a campañas dun xogador chamadas "os trasnos" onde se conseguen recursos sen gañar nin perder trofeos, para conseguir ouro, elixir e elixir escuro, que pode usarse para protexerse de ataques inimigos, adestrar e mellorar as tropas. Tamén poden crearse clans onde se poden unir diferentes xogadores en liña para axudarse mutuamente doando tropas no castelo do clan e facendo guerras de clan con estes xogadores en liña.

Acollida

Puntuacións de críticas
PublicaciónCualificación
Metacritic74/100[3]
3djuegos8.8/10[4]
148Apps [5]
Gamezebo [6]
Modojo [7]
Pocket Gamer [8]

Clash of Clans recibiu na súa maioría boas críticas e foi moi exitoso para Supercell, xa que xunto ao seu outro xogo, Hay Day, a compañía finlandesa conseguiu 770 millóns de dólares, xerando 2,4 millóns ao día.[9] Na Google Play ten unha recepción[10] de 4,5 sobre 5 e na App Store ten unha recepción[11] de 4,7 sobre 5.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: