Club Deportivo El Nacional

O Club Deportivo El Nacional é unha entidade deportiva ecuatoriana da cidade de Quito, fundada o 1 de xuño de 1964, máis coñecida pola súa sección de fútbol, unha das máis importantes do país con 13 títulos da Liga ecuatoriana. Trátase dun club vinculado ás Forzas Armadas, que patrocinan ó club, cuxos socios son maioritariamente membros activos ou retirados de dita institución. O club caracterízase por ter só xogadores de nacionalidade ecuatoriana.

CD El Nacional
NomeClub Deportivo El Nacional
Alcume(s)Los puros criollos, El 13 Veces Glorioso, Equipo Militar, El Nacho, La Máquina Gris
Fundación1 de xuño de 1964
EstadioEstadio Olímpico Atahualpa
Quito, Ecuador
Inauguración25 de novembro de 1951
Capacidade40.948
PropietarioConsistorio de Quito
Presidente Hugo Villacís
AdestradorUruguai Mario Saralegui
LigaSerie A de Ecuador
2011
VestimentaLotto
PatrocinadorANDEC
Na rede
http://www.elnacional.ec/
Facebook: elnacionalec Twitter: elnacionalec Instagram: elnacionalec Editar o valor em Wikidata
Titular
Alternativo

Outras seccións deportivas do club adícanse ó baloncesto, á ximnasia e ó tenis de mesa.

A maior rivalidade deportiva do CD El Nacional é a que mantén co LDU Quito, xa que ámbolos dous equipos son os máis laureados e seguidos da capital do país, aínda que tamén mantén moita rivalidade co Barcelona SC, co CS Emelec e co Deportivo Quito.

O equipo de fútbol disputa os seus encontros como local no Estadio Olímpico Atahualpa, recinto que comparte co Deportivo Quito e coa selección de Ecuador, e que foi construído polo consistorio de Quito. Foi inaugurado o 25 de novembro de 1951, e actualmente conta con capacidade para acoller a 40.000 seareiros. Ademais de ter o terreo de xogo para os encontros de fútbol, conta cunha pista de atletismo sintética.

Nas 23 participacións do club na Copa Libertadores, o seu mellor resultado foi a semifinal no ano 1985. En 1970 foi finalista da Recopa Suramericana. Esa final foi a primeira dun equipo ecuatoriano nunha competición continental da Conmebol.

Palmarés

Continental

Nacional

  • Serie A de Ecuador (13) = 1967, 1973, 1976, 1977, 1978, 1982, 1983, 1984, 1986, 1992, 1996, Clausura 2005, 2006
    • Subcampionatos (7) = 1964, 1972, 1974, 1994, 1999, 2000, 2001

Xogadores

Estadio Olímpico Atahualpa.
PostoPaísXogador
1POR Bonard García
2DEF Juan Triviño
3DEF Frickson Erazo
4DEF Christian Minda
5MED Jefferson Villacís
6DEF Javier Chila
7MED Tyrone Macías
8MED Flavio Caicedo
10DIA Christian Lara
11MED Fabricio Guevara
12POR Mario Ortiz
13DIA Édison Preciado
14MED Marwin Pita
15MED Franklin Guerra
16DEF Johan Gómez
PostoPaísXogador
17DEF Ricardo López
20DEF José Madrid
21MED Hugo Vélez
22POR Danny Cabezas
23DEF Juan Carlos Anangonó
24DIA Juan Luis Anangonó
30DIA Ivan Kaviedes
32POR Rodrigo Perea
50DIA Erick Chauca
51MED Roddy Zambrano
52MED Edder Fuertes
53MED Steven Soto
54DIA Nilo Valencia
57MED Paúl Minda
88DIA Guisseppe Bautista

Véxase tamén

Ligazóns externas