Saltar ao contido

Cormo (esporófito)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Exemplo dun cormo con caules e follas.

O cormo é a forma en que se organiza o corpo das plantas vasculares.

Trátase dunha estrutura diferenciada en tecidos situados en dous órganos: raíz e *vástago. O *vástago normalmente pode diferenciarse en talo ou caule e follas e por iso ás veces considérase ao cormo constituído por tres órganos, raíz, caule e follas (as flores son follas modificadas).

Cada órgano posúe unha función distinta: a raíz ten a función de absorber auga e sales minerais disolvidas nela, e o *vástago ten a función de fotosintetizar. Pero se o *vástago está diferenciado en caule e follas, o caule ten a función de sostemento da parte aérea da planta, mentres que a función fotosintetizadora recae nas follas e, accesoriamente, nos caules novos, verdes.

Un sistema de feixes vasculares vincula raíz e *vástago, levando a auga e os sales ao *vástago a través do xilema, e levando os produtos da fotosíntese e sínteses subseguintes ás raíces a través do floema.

Véxase taméneditar a fonte

Outros artigoseditar a fonte

  • Cormófito
🔥 Top keywords: PortadaLuísa VillaltaPaulino PereiroEspecial:ProcurarDía das Letras GalegasEspecial:Cambios recentesCarles PuigdemontEva Iglesias MiguénsFrancisco Porto MellaRosario Porto OrtegaMaría do Socorro Ortega RomeroEslovaquiaJean SimmonsHindemburg Melão Jr.NeptunoLucas PérezWikipedia:Entradas de Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXIAWStatsSegunda guerra mundialAlfonso Basterra CamporroNova CaledoniaChevrolet CamaroLista de xentilicios de concellos galegosFerhan e Ferzan ÖnderPartido GalegoTonhito de PoiWikipedia:Artigos de calidadeRaquel AtanesAdalia bipunctataCaso Asunta BasterraWikipedia:Acerca deEmydocephalus annulatusRosalía de CastroNomes da folla do piñeiro en GaliciaGaliciaMíriam FerradánsPosicións sexuaisWikipedia:Portal da comunidadeRosalía Fernández Rial