Rosalía Fernández Rial

escritora galega

Rosalía Fernández Rial, nada en Muxía o 30 de maio 1988, é unha escritora galega.

Infotaula de personaRosalía Fernández Rial

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento30 de maio de 1988 Editar o valor em Wikidata (36 anos)
Carballo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoBelas letras e poesía Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Galicia Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpoetisa , escritora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

BNE: XX4923010 AELG: 462 Dialnet: 3652851

Traxectoria

Na entrega do Premio Illa Nova 2018.
En concerto con Chicharrón.

Licenciada en Filoloxía e Doutora en didáctica das linguas e expresión dramática pola Universidade de Santiago de Compostela. Estudou e toca o acordeón, fai teatro e, sobre todo, escribe. A súa tese de doutoramento presentada na USC é Expresión dramática e teatral para a clase de linguas no ensino secundario[1].Forma parte do grupo musical Chicharrón.

Obras

Poesía

  • En clave de sol. Poemario musical (2009). Asociación Cultural Lumieira.
  • Átonos. Poemario sensorial (2011). Asociación Cultural Lumieira.
  • Vinte en escena (2012). Positivas.
  • Ningún amante sabe conducir (2014). Positivas.[2]
  • Contra-acción (2016). Neopàtria.
  • SACAR a BAILAR. Poesía reunida (2009-2016) (2016). Sial-Pigmalión. Edición bilingüe galego-castelán.
  • Árbores no deserto (2020). Galaxia. Ilustracións de María Xosé Costa Valiño (Chiña). 124 páxs. ISBN 978-84-9151-470-1.[3] Publicados en Grial algúns dos poemas do libro.[4][5][6]
  • Desnortada (2021). Espiral Maior, Col. Poesía Alba Longa. CD con 8 poemas con voz da propia autora e composición musical e interpretación (acordeón) de María Álvarez Santiago.

Ensaio

  • Aulas sen paredes (2016). Positivas. Estudo teórico-práctico derivado da Tese de Doutoramento sobre o uso da expresión dramática e teatral como ferramentas pedagóxicas para as aulas de linguas.
  • "Medrar é aprender a fuxir das dictaduras. Unha proposta alén das lecturas obrigatorias" (2020). En Grial, 228, tomo LVIII. pp. 136-139.
  • Mover ficha. Proposta didáctica para as aulas de linguas e literatura (2024). Vigo: Galaxia. 272 páxs. ISBN 9788411762052.

Narrativa

Obras colectivas

Premios

  • Premio á mellor iniciativa bibliográfica da II Gala do Libro Galego no 2017, por Aulas sen paredes.
  • O seu poema A reflexión foi Premio aRi[t]mar 2021, convocado pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago con apoio de institucións de Galiza e Portugal.[13]
  • Premio Vidal Bolaño 2024 por Fóra de campo.[14]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas