Chevrolet Camaro

O Chevrolet Camaro é un automóbil deportivo producido polo fabricante estadounidense Chevrolet. O Camaro xurdiu como resposta de General Motors ó seu rival máis digno durante esta época: o Ford Mustang. No 1970, en plena era dos muscle cars e pony cars, Chevrolet presentou este modelo en tres versións, o 350, o Z-28 e o Super Sport (SS). Este último contaba cun motor gasolina de 5,7 litros similar ó do Chevrolet Corvette pero con denominación menor xa que estaba feito para a clase de norteamericano apaixonado pola velocidade, coa idea de corre o domingo e vende o luns. Esta tradición continuou a pesar da gran decadencia a mediados dos anos 70, coa subida do prezo dos combustibles.

Chevrolet Camaro

Chevrolet Camaro 2SS 2019
MatrizGeneral Motors
FabricanteChevrolet
PaísEstados Unidos de América Estados Unidos
Período19662002
20092023
Configuración
TipoPony car

Este modelo fíxose famoso nas carreiras IROC-NASCAR, a NHRA (National Hot Rod Association) e os tradicionais cuartos de milla.

A súa produción fíxose máis en serie converténdoo nun automóbil corrente para 1990, a lenda resucitou co seu pintoresco 30 aniversario e despediuse no 2002 cunha gran historia.

Chevrolet Camaro de 1967

Véxase tamén

Ligazóns externas