David Carradine
John Arthur Carradine, nado no barrio de Hollywood, nos Ánxeles (California), o 8 de decembro de 1936 e finado en Bangkok o 3 de xuño de 2009[1][2][3], foi un actor estadounidense, máis coñecido polo nome de David Carradine. Acadou sona polo seu traballo na serie de televisión dos anos 70 Kung Fu e máis recentemente coa película Kill Bill. Apareceu en máis de 100 filmes[4] e foi nomeado catro veces a un Globo de Ouro[5].
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) John Arthur Carradine 8 de decembro de 1936 Hollywood, Estados Unidos de América |
Morte | 3 de xuño de 2009 (72 anos) Bangkok, Tailandia |
Causa da morte | Misadventure (en) (Asfixiofilia ) |
Lugar de sepultura | Forest Lawn Memorial Park (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educación | Universidade Estatal de San Francisco Bayard Rustin Educational Complex (en) Oakland High School (en) Laney College (en) |
Altura | 181 cm |
Actividade | |
Ocupación | actor de cinema , actor de televisión , guionista , produtor de televisión , actor de xénero , produtor de cinema , actor de dobraxe , director de cinema , actor |
Período de actividade | 1947 - 2009 |
Partido político | Partido Demócrata |
Xénero artístico | Wéstern |
Lingua | Lingua inglesa |
Selo discográfico | Polydor Records |
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América |
Familia | |
Familia | Carradine family (en) |
Cónxuxe | valor descoñecido (2004–2009), morte da persoa valor descoñecido (1998–2001), divorcio valor descoñecido (1986–1997), divorcio valor descoñecido (1977–1983), divorcio valor descoñecido (1960–1968), divorcio |
Parella | Barbara Hershey (pt) (1969–1975) |
Fillos | Calista Carradine (pt) () |
Pais | John Carradine e Ardanelle McCool (en) |
Irmáns | Bruce Carradine (pt) , Keith Carradine e Robert Carradine (pt) |
Premios | |
Páxina web | david-carradine.com |
| |
Lista |
Traxectoria
Primeiros anos
Carradine naceu en Hollywood (California), fillo de Ardanelle Abigail (nacida McCool; 1911-1989)[6] e do destacable actor estadounidense John Carradine[7]. Era o medio irmán de Bruce, Keith e Robert Carradine, así como o tío de Ever Carradine e mais Martha Plimpton. Carradine tiña devanceiros irlandeses, ingleses, escoceses, galeses, alemáns, españois, italianos, ucraínos e cherokees[8]. Carradine acudiu á escola de primaria de Oakland (California)[9] e máis adiante estudou drama na Universidade do estado de San Francisco[9] antes de traballar como actor en teatro, televisión e cinema. Cambiou o seu nome a David tras comezar a súa carreira.
Carreira
Actuou na serie de televisión, Shane, pero sobre todo se fixo coñecido polo seu papel de Kwai Chang Caine na serie Kung Fu. Tamén interpretou numerosos papeis en filmes, destacando o seu de Bill nos volumes das películas Kill Bill, de Quentin Tarantino.