Discord

software de mensaxería instantánea e voz IP

Discord é unha plataforma social de mensaxería instantánea e VoIP que permite a comunicación mediante chamadas de voz, videochamadas, mensaxes de texto e a compartición de ficheiros. A comunicación pode ser privada, por mensaxes directas, ou realizarse en comunidades virtuais chamadas "servidores". Un servidor é unha colección de salas de chat e canles de voz ás que se pode acceder mediante ligazóns de invitación. Moitos servidores fan uso de bots que amplían as funcionalidades do servidor ou axudan coa moderación.

Discord
Logo de Discord
Desenvolvedor(es)Discord Inc.
Publicación inicial13 de maio de 2015
Escrito en
Sistema operativoWindows, macOS, Linux, iOS, iPadOS, Android, navegador web
Lingua/sInglés (USA/UK), búlgaro, chinés (simplificado/tradicional), croata, checo, dinamarqués, neerlandés, finés, francés, alemán, grego, hindi, húngaro, italiano, xaponés, coreano, lituano, noruegués, polaco, portugués (Brasil), romanés, ruso, español, sueco, tailandés, turco, ucraíno e vietnamita
Galego: Non
TipoVoIP, mensaxería instantánea, videoconferencias, distribución dixital e rede social
LicenzaProprietario[7]
Sitio webdiscord.com

Discord funciona en Windows, Mac OS, Android, iOS, iPadOS, Linux e en navegadores web. A partir de 2021, o servizo conta con máis de 350 millóns de usuarios rexistrados[8] e máis de 150 millóns de usuarios activos mensuais. Inda que inicialmente comezou como unha rede para xogadores de videoxogos foise abrindo a outras comunidades, artísticas, políticas, empresariais, etc.[9] En setembro de 2023, Discord era o 35º sitio web máis visitado do mundo.[10][11]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: