Economía de Tanzania

Tanzania é un dos países máis pobres do mundo, cun PIB per cápita de soamente 1 700 dólares en 2012. Con todo, a súa economía alcanzou altos índices de crecemento grazas á produción de ouro e o turismo.[1] O país practicamente concluíu a súa transición para unha economía de mercado liberalizada, aínda que o goberno manteña presenza en sectores como telecomunicacións, bancario, enerxía e minaría.[1]

Economía de Tanzania
MoedaXilin tanzano
Organizacións comerciais de que fai parteOMC, Unión Africana
Datos estatísticos[1]
PIB73,5 mil millóns (2012)
Posición do PIB85ª no mundo[2]
Crecemento do PIB6,5% (2012)
PIB per cápita1 700 (2012)
PIB por sectoragricultura 27,1%, industria 24,1%, comercio e servizos 48,7% (2012)
Inflación15,3% (2012)
Poboación abaixo da limiar de pobrezadato non dispoñíbel
Total da forza de traballo24.770.000 (2012)
Forza de traballo por sectoragricultura 80%, industria e servizos 20% (2002)
Desempregodato non dispoñíbel
Industriasprocesamento agrícola (azucre, cervexa, cigarro, sisal); minaría de diamante, ouro e ferro, sal mariño, carbonato de sodio; cemento, refino de petróleo, calzados, roupas, produtos de madeira, fertilizantes
Parcerías comerciais[1]
Exportacións5 031 millóns (2012)
Produtos de exportaciónouro, café, castaña de anacardo, manufacturados, algodón
Principais mercadosRepública Popular da China 14,3%, Xapón 7,8%, India 7,8%, Alemaña 6,7%, Emiratos Árabes Unidos 4,5% (2011)
Importacións9 724 millóns (2012)
Principais produtos importadosbens de consumo, máquinas e equipamentos de transporte, materias primas industriais, petróleo cru
Finanzas públicas[1]
Débeda externa3 787 millóns (2012)
Ingresosdato non dispoñible
Gastosdato non dispoñible
Mercado próximo a Arusha.

A súa economía é moi dependente de agricultura, sector responsable por 40% do PIB, 85% das exportacións e que emprega o 80% da man de obra. Con todo, a topografía e as condicións climáticas limitan as terras cultivables a só o 40% do total. O país sitúase entre os 10% máis pobres do mundo[1].

A industria do país consiste principalmente no procesamento dos produtos agrícolas do país, e algúns bens de consumo non durábeis. O Banco Mundial e doadores internacionais teñen axudado con diñeiro a rehabilitar a obsoleta infraestrutura e aliviar a pobreza. Debido á axuda internacional e sólidas políticas económicas, o país conseguiu manter o crecemento malia a recesión mundial[1].

Notas

🔥 Top keywords: