Edu Sousa

futbolista galego

Eduardo Sousa Pérez, nado en Tui o 15 de xullo de 1991, é un futbolista galego. Xoga de porteiro no Pontevedra, da Segunda División RFEF.

Edu Sousa
Información persoal
NomeEduardo Sousa Pérez
Nacemento15 de xullo de 1991 (32 anos)
Lugar de nacementoTui
Altura1,79 m.
PosiciónPorteiro
Información de club
Club actualPontevedra
Carreira xuvenil
2004–2005Areosa
2005–2006Celta de Vigo
2006–2007Atlético de Madrid
2007–2010Deportivo da Coruña
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
2010–2012Fabril4(0)
2012–2013Pontevedra B35(0)
2012–2020Pontevedra250(0)
2020–2022Talavera de la Reina52(0)
2022–2023Deportivo da Coruña6(0)
2023–Pontevedra0(0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 13 de agosto de 2023.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

Tras pasar brevemente polas canteiras do Areosa, o Celta de Vigo e o Atlético de Madrid, chegou en 2007 ao Deportivo da Coruña.[1] Militou tres anos equipo xuvenil do club, e na tempada 2009/10 debutou co Fabril na Terceira División, nun encontro ante o Coruxo en Abegondo, participando así do ascenso á Segunda División B. Pasou os dous seguintes anos no filial, pero sen apenas participación, ao ter por diante ao porteiro Diego Rivas primeiro e máis tarde a Marc Martínez.

En 2012, despois de cinco anos no Deportivo, deixou o club e asinou co Pontevedra B, de Preferente. Disputou 35 partidos co filial e na tempada 2013/14 fíxose coa titularidade no primeiro equipo do Pontevedra, da Terceira División. Defendeu a portería de Pasarón durante os seguintes sete anos, logrando o ascenso a Segunda B e acumulando 251 partidos oficiais. Exerceu ademais como capitán do equipo.[2]

En 2020 deixou Pontevedra despois de oito anos e puxo rumbo a Castela-A Mancha, onde fichou polo Talavera. No club manchego coincidiu de novo con David Añón, co que compartira equipo tanto no xuvenil do Deportivo, como no Fabril e no Pontevedra.[2] Xogou un total de 52 partidos co Talavera en dúas tempadas, a segunda delas nova Primeira División RFEF, perdendo a categoría ao remate da campaña.

Tralo descenso do club regresou a Galicia, onde ingresou de novo no Deportivo da Coruña, unha década despois da súa saída do club.[1] Debutou co equipo o 9 de outubro de 2022, nun partido da Primeira División RFEF diante do Rayo Majadahonda, conseguindo manter a portería a cero.[3] No Deportivo contou con poucas oportunidades, sendo a titularidade para Ian Mackay. Con todo, xogou seis partidos e substituíu a Mackay trala súa expulsión no treito final do partido de volta das semifinais da promoción de ascenso ante o Castellón, na que o club coruñés quedou eliminado.[4]

Tras rematar o seu contrato regresou ao Pontevedra, equipo da Segunda División RFEF.

Palmarés

Fabril
Pontevedra

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas