Preferente Galicia

competición de fútbol en Galicia

A Preferente Galicia[1] é a sexta categoría de fútbol de Galicia. É a división inmediatamente inferior á Terceira División e por encima da Primeira Galicia. É unha categoría non profesional e a súa organización corre a cargo da Federación Galega de Fútbol. Anteriormente coñeceuse como Serie A Rexional e despois como Rexional Preferente e Preferente Autonómica.

Preferente Galicia
Encontro UD Ourense - Villalonga CF
no Estadio do Couto, tempada 2021-22.
Fundación1940
RexiónGalicia
Equipos50
AscensoTerceira División
DescensoPrimeira Galicia
Actual campiónNoia (norte) e Atlético Arnoia (sur)
OrganizadorFGF
Sitio webfutgal.es
Preferente Galicia 2022–23

Historia

Inicialmente, a Serie A era a máxima categoría do Campionato de Galicia de fútbol organizado pola Federación Galega de Fútbol, ata que, en 1940, a Real Federación Española de Fútbol ordenou cun decreto a supresión de facto de tódolos campionatos rexionais, incluído o Campionato de Galicia, excluíndo da participación nos mesmos aos clubs que xa militasen simultaneamente en categorías estatais[2] e modificando o sistema de clasificación para a Copa de España, que a partir de entón sería outorgada segundo a posición final acadada nas ligas estatais e non mediante os campionatos rexionais[3]. A decisión da RFEF transformou a Serie A na primeira categoría territorial de Galicia dentro do sistema de divisións estatal, facendo que os equipos galegos que militaban en divisións estatais xa non tomasen parte da Serie A. Denantes de 1940, os clubs galegos que xogaban en categorías estatais tamén participaban na Serie A do Campionato de Galicia ao mesmo tempo.

A pesar dos cambios, mantívose a denominación Serie A durante varias décadas ata que a competición trocou o seu nome polo de Preferente.

Sistema de competición

Distribución xeográfica dos equipos que xogan na Preferente Galega, tempada 2010-11

A categoría está formada por 50 equipos repartidos en dous grupos:

  • Preferente Norte, formada por equipos das provincias de Lugo e A Coruña, e subdividido á súa vez en dous subgrupos (A e B).
  • Preferente Sur, formada por equipos das provincias de Ourense e Pontevedra, e subdividido á súa vez en dous subgrupos (A e B).

Anteriormente a competición estaba formada por 40 equipos, divididos en dous grupos (Norte e Sur). Aínda que esta era a norma xeral, na tempada 2010–11 a Preferente Norte contou con 21 equipos logo do descenso administrativo da SD Compostela e dado que os equipos con opcións de ascender no seu sitio, o CD Dorneda e o CD Choco, non puideron aboar a cantidade que lles esixía a Federación Galega de Fútbol para a compra da praza.[4]

Ao finalizar a tempada, os primeiros e os segundos de cada grupo ascendían directamente ao grupo 1 da Terceira División. Os terceiros de cada grupo xogaban unha promoción de ascenso entre si, pero o cambio de categoría dependían do que sucedía cos ascensos e descensos entre a Segunda B e a Terceira. Os tres últimos equipos descendían á Primeira Autonómica de Galicia.

Debido á situación sanitaria provocada pola pandemia de COVID-19, o sistema de competición cambiou a partir da tempada 2020/21. Os cinco primeiros de cada subgrupo acceden á fase de ascenso a Terceira, mentres que os clasificados do 6º ao 12º ou 13º posto pasan á fase de permanencia para evitar o descenso á Primeira Galicia.

Participantes

Árbitro, asistentes e capitáns do CD Boiro e CD Lalín na Preferente Galicia 2023-24.

Preferente Norte

Subgrupo A
EquipoLugarEstadio
Agrupación EstudiantilSantiago de CompostelaSanta Isabel
Atlético ArteixoArteixoPonte dos Brozos
BoimortoBoimortoO Carballal
BoiroBoiroBarraña
DubraVal do DubraJuan Baleato
FisterraFisterraAra Solis
LarachaA LarachaMunicipal da Laracha
O PinoO PinoReboredo
Unión Deportiva PaiosacoPaiosacoA Porta Santa
Puebla FCA Pobra do CaramiñalA Alta
Sigüeiro FCSigüeiro, Oroso, OrosoLino Balado
XallasSanta CombaA Fontenla
Subgrupo B
EquipoLugarEstadio
Atlético EscairónEscairón, Vilasante, O SaviñaoMunicipal do Saviñao
As PontesAs Pontes de García RodríguezO Poboado
BetanzosBetanzosGarcía Hermanos
FozFozMartínez Otero
Galicia de MugardosMugardosA Pedreira
LemosMonforte de LemosA Pinguela
MontañerosA CoruñaRodrigo García Vizoso
ResidenciaLugoA Cheda
RibadeoRibadeoPepe Barrera
SantaballésVilalbaA Liga
San TirsoAbegondoO Monte
SarrianaSarriaA Ribela
Victoria CFA CoruñaSan Pedro de Visma 1

Preferente Sur

Centro Deportivo Municipal de Pardellas.
Subgrupo A
EquipoLugarEstadio
BelusoBeluso, BueuAs Laxes
CéltigaA Illa de ArousaSalvador Otero
Gran PeñaVigoBarreiro
MoañaMoañaIago Aspas Juncal - O Casal
Pontevedra BPontevedraManolo Barreiro 1
PortonovoPortonovo, Adina, SanxenxoBaltar
RibadumiaRibadumiaA Senra
Umia CFRibadumiaA Bouza
ValadaresVigoA Gándara
VillalongaSanxenxoSan Pedro
Xuventude de CambadosCambadosBurgáns
Xuventude SanxenxoSanxenxoBaltar de Arriba
Subgrupo B
EquipoLugarEstadio
AtiosO PorriñoO Carballo
BarbadásBarbadásOs Carrís
CaselasSalceda de CaselasA Gándara
Cultural AreasPonteareasA Lomba
MondarizMondarizA Lagoa
Nogueira de RamuínNogueira de RamuínA Tella
UD OurenseOurenseO Couto
Polígono San CibraoSan Cibrao das ViñasAntonio González Blanco
PontellasPontellas, O PorriñoSan Campio 2
Porriño IndustrialO PorriñoO Lourambal 1
Sporting GuardésA GuardaA Sangriña
VelleOurenseMonte da Aira
VerínVerínJosé Arjiz

Historial

TempadaCampiónEquipos que ascenderon a Terceira
1940-41Vigués FCVigués FC
1941-42Club CoruñaNon houbo ascensos
1942-43Lugo SportingUD Ourensana e Pontevedra CF
1943-44Club TuristaClub Turista
1944-45Rápido de BouzasNon houbo ascensos
1945-46Deportivo XuvenilDeportivo Xuvenil
1946-47CD CoiaArousa
1947-48Club TuristaNon houbo ascensos
1948–49Club LemosClub Lemos
1949–50MarínNon houbo ascensos
1950–51Club TuristaNon houbo ascensos
1951–52MarínMarín
1952–53Club TuristaClub Turista
1953–54FabrilFabril
1954–55Club ArenalNon houbo ascensos
1955–56Club SantiagoClub Santiago e Marín
1956–57CD CambadosCD Cambados, Choco e Club Arenal
1957–58SD AvenidaPontevedra CF e Viveiro
1958–59Club LemosClub Lemos e Coruxo
1959–60MarínMarín e Choco
1960–61CoutoCouto e Alondras
1961–62FozFoz e Bueu SD
1962–63SD CompostelaSD Compostela e Choco
1963–64As PontesAs Pontes e Arenteiro
1964–65Rápido de BouzasRápido de Bouzas e Brigantium
1965–66Arsenal de FerrolArsenal de Ferrol e As Pontes
1966–67Atlético PontevedrésAtlético Pontevedrés e Ordes
1967–68ChocoNon houbo ascensos
1968–69Club TuristaClub Turista
1969–70Club LemosClub Lemos
1970–71SD CompostelaSD Compostela e Fabril
1971–72Gran PeñaGran Peña
1972–73CD LugoCD Lugo
1973–74Gran PeñaGran Peña
1974–75ArousaArousa
1975–76SD CompostelaSD Compostela e Gran Peña
1976–77FabrilFabril, Sporting Celanova, Club Turista, CX Cambados e Noia SD
1977–78AlondrasAlondras
1978–79Atlético de RibeiraAtlético de Ribeira e Noia SD
1979–80Vista AlegreVista Alegre, Club Lemos, Flavia, Boiro, Choco, Porriño Industrial, Arenteiro, San Martiño, Céltiga e Fisterra
1980–81ViveiroViveiro, Lalín e Verín
TempadaCampión Grupo NorteCampión Grupo SurEquipos que ascenderon a Terceira
En amarelo, equipos que foron campións absolutos tras gañar a final entre os vencedores de ambos os dous grupos.
1981–82Eume DeportivoBarcoEume Deportivo, Barco e Gondomar
1982–83Noia SDCéltigaNoia SD, Céltiga e Tyde CF
1983–84BoiroCoruxoBoiro, Coruxo e As Pontes
1984–85FlaviaPortonovoFlavia, Portonovo e Marín
1985–86BergantiñosGondomarGondomar e Bergantiños
1986–87Club LemosTyde CFClub Lemos, Tyde CF, Pobra FC, CX Cambados, Valadares e Sporting Sada
1987–88ViveiroVilalongaViveiro, Vilalonga, Brigantium e Ponteareas
1988–89OrdesCelta TuristaCelta Turista, Ordes e Burela
1989–90Sporting SadaAlondrasSporting Sada, Alondras e Meirás CF
1990–91SD MindonienseEstradenseSD Mindoniense, Estradense, Flavia e Coruxo
1991–92Racing VilalbésCaselasRacing Vilalbés, Caselas, Portonovo e Xove Lago
1992–93BetanzosCD MosteiroBetanzos, CD Mosteiro e Somozas
1993–94CercedaPonte OurenseCerceda, Ponte Ourense e Gran Peña
1994–95RibadeoCD MosteiroRibadeo, CD Mosteiro, SD Mindoniense, Flavia e Coruxo
1995–96Vista AlegreCX CambadosVista Alegre, CX Cambados, Club Lemos e Gondomar
1996–97LarachaXuventú de SanxenxoLaracha, Xuventú de Sanxenxo e Imperátor
1997–98Atlético ArteixoAtlético OurenseAtlético Arteixo, Atlético Ourense e Alondras
1998–99Racing VilalbésDeportivo GroveRacing Vilalbés, Deportivo Grove e Rápido de Bouzas
1999–00SCD MalpicaCaselasSCD Malpica, Caselas, Sporting Pontenova e Verín
2000–01NegreiraArousaNegreira, Arousa e Atlético Arteixo
2001–02BergantiñosPortonovoBergantiños, Portonovo e Sporting Guardés
2002–03Narón Balompé PiñeirosPorriño IndustrialNarón Balompé Piñeiros, Porriño Industrial e Coruxo
2003–04O ValVilalongaO Val, Vilalonga, Alondras e Viveiro
2004–05Atlético MineiroCéltigaAtlético Mineiro, Céltiga e Club Lemos
2005–06OrdesOurense BOrdes, Ourense B e Cruceiro do Hío
2006–07MontañerosPontevedra BMontañeros, Pontevedra B e Cidade de Santiago
2007–08SD CompostelaGran PeñaSD Compostela, Gran Peña e Somozas
2008–09Racing VilalbésCultural AreasRacing Vilalbés, Cultural Areas e Bergantiños
2009–10Mesón do BentoPortonovoMesón do Bento, Portonovo, Estradense e As Pontes
2010–11BetanzosLalínBetanzos, Lalín, CD Dorneda e Xuventú de Sanxenxo
2011–12SD CompostelaBarbadásCompostela, Narón, Barbadás e Céltiga
2012–13BoiroCultural AreasBoiro, Grixoa, Bertamiráns, Cultural Areas, Choco e Arousa
2013–14RibadeoRibadumiaRibadeo, Ribadumia, Bergantiños, Xuventú de Sanxenxo e Silva
2014–15NegreiraBarcoNegreira, Barco, Galicia de Mugardos, Verín e Noia CF
2015–16CD CastroVilalongaCD Castro, Vilalonga, SD Dubra e Céltiga
2016–17Noia CFCultural AreasNoia CF, Cultural Areas, Laracha, Ourense CF e Arenteiro
2017–18Polvorín FCUD OurensePolvorín FC, UD Paiosaco, UD Ourense e Porriño Industrial CF
2018–19CD As PontesCD PontellasCD As Pontes, CSD Arzúa, CD Pontellas e CD Estradense
2019–20Viveiro CFCD RibadumiaViveiro CF, SD Fisterra, CD Ribadumia e UD Atios
2020–21CF NoiaAtlético ArnoiaCF Noia, SD Sofán, Atlético Arnoia, Xuvenil de Ponteareas

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: