Eduardo Gutiérrez

político e ensaísta galego
(Redirección desde «Eduardo Gutiérrez Fernández»)


Eduardo Gutiérrez Fernández, nado en Ribadeo o 3 de febreiro de 1948, é un político e ensaísta galego.

Infotaula de personaEduardo Gutiérrez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento3 de febreiro de 1948 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Ribadeo, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Ribadeo
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoBloque Nacionalista Galego Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

AELG: 19

Traxectoria

Cultural

Fundou e presidiu a Agrupación Cultural Francisco Lanza[1].

Política

Esbozo de Eduardo Gutiérrez (comezos do s.XXI)

Profesor de historia e historiador, militante do BNG, foi concelleiro en Ribadeo dende 1983. Foi ademais alcalde entre 1987 e 1995, realizándose durante o seu mandato a piscina municipal ou a restauración do Forte de San Damián. Despois de ser deputado provincial (1995-1997) e deputado no Parlamento de Galicia pola circunscrición de Lugo (1997[2]-2001[3], rematando no 2005) sempre polo BNG. A raíz da sucesión de Xosé Manuel Beiras Torrado por Anxo Quintana na cabeza do BNG, abandonou esta formación. En 2010 anunciou a súa candidatura á alcaldía de Ribadeo encabezando a lista do PSdeG-PSOE[4], sendo concelleiro por dita formación en 2011-2015.

O 30 de maio de 2016 o pleno extraordinario do concello concedeulle por unanimidade o título de cronista oficial de Ribadeo, recibido en acto celebrado o 23 de xullo[5]. É autor dos textos ilustrativos das placas de Sargadelos no rueiro ribadense.[6] Asemade, ten publicado ducias de artigos en prensa, en particular en La Comarca del Eo.

Obras publicadas

Ensaio

  • A lingua é o noso escudo, 1978, Escola Aberta.
  • Introducción ao Sempre en Galiza, 1986, Ediciós do Castro.
  • Alexandre Bóveda en A Nosa Terra, 1988, Asociación Cultural Alexandre Bóveda. 2ª edición publicada en Laiovento no 2003.
  • Do vello Ribadeo, 2005, Agrupación Cultural Francisco Lanza, Ribadeo.
  • A muralla de Ribadeo e outras historias, 2019.[7]

Edicións

Obras colectivas

Premios

  • Premio de Ensaio da Asociación Cultural Alexandre Bóveda no 1987, por Alexandre Bóveda en A Nosa Terra.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas


Predecesor:
José Luis Trashorras Méndez
 
alcalde de Ribadeo
 
1987 - 1995
Sucesor:
José Carlos Rodríguez Andina
🔥 Top keywords: