Río Eo

curso fluvial do noroeste da península Ibérica
(Redirección desde «Eo»)

O río Eo é un curso fluvial do noroeste da Península Ibérica que discorre por terras de Galicia e Asturias, delimitando ao cabo a fronteira entre ambas. Desemboca no mar Cantábrico pola ría de Ribadeo. A súa cunca ten unha extensión duns 819 km², dos que 3/4 atravesan terreo galego. É apto para a pesca de salmóns.

Río Eo
PaísEspaña España
Comunidades AutónomasGalicia Galicia
Asturias Asturias [1]
NacementoFonteo (Baleira) [1][2]
Altitude597 m
Lonxitude99 km [1]
Conca828 km² [1]
Caudal medio19,61 m³/s [1]
Caudal relativo23,68 L/s/km²
DesembocaduraRía de Ribadeo / Mar Cantábrico[1]
Altitude desembocadura0 m
Conca do río Eo no territorio galego, marcada en azul escuro
O río Eo na ría de Ribadeo, en primeiro termo a zona ZEPA

Historia

Ruta do ferrocarril. Cartel da central eléctrica do Louredal

Antigamente o curso chamouse río de Abres.[3] O nome actual Eo provén do hidrónimo Euue, que podería vir do paleoeuropeo *oiw-upe[4] Na Idade Media documéntase cos nomes Iuve (775), Euve (875), e finalmente Ove (905-), nome dunha parroquia de Ribadeo, próxima á ría. Na Idade Moderna aparece tamén co nome de río de Miranda.Pola súa ribeira, a comezos do século XX, construíuse dende Vilaoudriz a Ribadeo un ferrocarril mineiro que contribuíu a dinamizar toda a zona. Asemade, coa electrificación comezou a construción de pequenas centrais hidroeléctricas, como a do Louredal, erixida en 1932 para unha futura fábrica de vidro óptico en Santiso de Abres que non chegou a funcionar.

Captación de auga para Ribadeo e Trabada

O río ten diversas captacións de auga, como a que subministra a Ribadeo e Trabada, que colle auga por riba da desembocadura do río Ouria.

Datos

  • Nacemento: Fonteo, Baleira, Lugo, Galicia
  • Desembocadura: Mar Cantábrico, formando a ría de Ribadeo, entre Ribadeo (Galicia) e Castropol (Asturias)
  • Lonxitude: 91,5 km
  • Afluentes principais
  • Outros afluentes
    • Polo oeste: río Liñeiras, río Ouria
    • Polo leste: río de Ríotorto, río Trabada
  • Maquinaria da Central eléctrica do Louredal, río Eo, en Naraído, Santiso de Abres, Asturias
    Poboacións que atravesa: A Pontenova en Galicia; Santiso de Abres e Abres, en Asturias. Desemboca cerca da Veiga dando lugar á mencionada ría.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: