Santiso de Abres

concello de Asturias

Santiso de Abres[1] (oficialmente San Tiso d'Abres) é un concello da Comunidade autónoma do Principado de Asturias. O xentilicio é «santiseiro».[2][3]

Modelo:Xeografía políticaSantiso de Abres
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 43°24′12″N 7°07′56″O / 43.4033, -7.13237°07′56″O / 43.4033, -7.1323
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAsturias
Provinciaprovincia de Asturias Editar o valor em Wikidata
CapitalO Chao Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación412 (2023) Editar o valor em Wikidata (13,12 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie31,41 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Mayor of San Tiso d'Abres (en) Traducir Editar o valor em WikidataMaría Goretti Quintana Rey Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal33774 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE33063 Editar o valor em Wikidata

O municipio limita polo norte, o sur e polo oeste coa provincia de Lugo (concellos de Trabada na zona norte e da Pontenova na zona sur) e polo leste con Taramundi e A Veiga, ambos do Principado. É o concello máis occidental do Principado.

Ten unha extensión de 31,51 km² e 590 habitantes (2006), densidade 18,72 hab./km². Atravésao de oeste a leste o río Eo. A súa maior altitude é o Pico Xunqueira de 664 metros.

Demografía

Variación demográfica do concello entre 1991 e 2020
202020062004200119961991
421590612624675746

Parroquia

A única parroquia de Santiso de Abres é San Salvador, que conta cos seguintes nomes:

  • En ortografía da RAG, proponse Santiso de Abres (San Salvador).[1]
  • En ortografía da ALLA, considérase a forma San Tiso, que é a oficial.[4]
  • O nome castelanizado é San Tirso de Abres (San Salvador).[4]

Lugares

A parroquia de Santiso de Abres está composta polos seguintes lugares:

Entidade de poboaciónLugarNome proposto en ortografía RAG[1][5]Nome en galego asturiano (ALLA) (oficial)[4]Nome en castelán[4]
A AntiguaA AntiguaA AntiguaLa Antigua
Cabo da AldeaO Cabo da Aldea
O CampoO Campo
CarracidoCarracidoCarracido
Lugar de Baixo
A Casa Lousada
A Casa da Toucida
O CotoO CotoO Coto
O Coto de Baixo
O Coto de Riba
Porta de AresA Porta d'Ares
A Ribeira
Río TrabadaO Riotrabada
O San Miguel
A CarreteraA CarreteraA CarreteraLa Carretera
A Casa Marqués
O Empalme
O Randeo
O San Sidro (da Carretera)
O CastroO CastroO CastroLos Castros
O Castro de Baixo
O Castro de Riba
EilaleEilaleEilaleEilale
Eilale de Riba
EspasandeEspasandeEspasande
A Aldea de Baixo (d'Espasande)
A Aldea de Riba (d'Espasande)
A Casa de Sidro
A Casa do Cabo
O Ceán
FoxasFoxas/ As FoxasFoxasFojas
A Pena da Cabra
GoxeGoxeGoxeGoje
A Aldea de Baixo (de Goxe)
A Aldea de Riba (de Goxe)
A Casa do Barrodelo
A GrandelaA GrandelaA GrandelaGrandela
O ChaoO ChaoO ChaoEl Llano
Amaído
O Barreiro
A BreaA Brea
As Conchadas
A GrandaA Granda
As Menciñas
A Nogueira
O Pacio
O Paxarelo
O Piñeiro
Regada
A Riademuiños
RobaínRobaín
San Bras
O San Juan
A Tapia
A TorreA Torre
LombalLombal/ O LombalLombalLombal
O Bustelo
O LouredalLouredal/ O LouredalO LouredalLouredal
O Voudinso
LouridoLouridoLouridoLourido
O Barrio de RibaO Barrio de Riba
A Casa de Corveiras
O Chantadoiro
A Rúa
MatelaMatela/ A MatelaMatelaMatela
A MourelaMourela/ A MourelaA MourelaMourela
NaraíoNaraíoNaraídoNaraido
A Casa do Rego
As Casas de Baixo
A Porqueira
PradoPrado/ O PradoPradoPrado
Prado de BaixoPrado de Baixo
A SelaA Sela
Prado de RibaPrado de Riba
Prado do MedioPrado do Medio
SalcidoSalcidoSalcidoSalcido
A BustargaAs Cabeceiras
A Bustarga
O Boutarón
A Casanova
O Castro
O Chao da Señora
A Ermida (de Salcido)
A Fonte da Moura
A Fonte Seca
A Lameira
A Louseira
A Mariña (de Salcido)
A Pumarega
O Regatelo
A Rúa
O San Silvestre
SueiroSueiro
O Tarangoz
O Torgaedo
A Vitouriña
San AndrésSan AndrésSan AndrésSan Andrés
A Airavella
A Aldea
A CapillaA Capilla
O Loureiro
CandaedoCandaído
A Ermida (de San Andrés)
A Fontegrande
A Mariña (de San Andrés)
A Negra
A Pallaza
Sobre da VeigaSobre da VeigaSobredaveigaSobrelavega
SolmaiorSolmaiorSolmayorSolmayor
A Aldea de Baixo (de Solmayor)
O Curullo
O Pedrón
Tras da CordaTras da CordaTrasdacordaTrasdacorda
CasavellaA Casa Vella
Tras da Corda de AbaixoTrasdacorda de Baixo
Tras da Corda de RibaTrasdacorda de Riba
Trasdacorda do Medio
ValiñasecaValiñaseca/ A ValiñasecaValiñasecaValiñaseca
A Casa de Baldomero
A Casa do Cayoco
As VeigasAs VeigasAs VeigasVegas
As Veigas de BaixoAs Veigas de Baixo
As Veigas de RibaAs Veigas de RibaAs Veigas de Riba
AnguieiroAnguieiro
O Cabo
Cas Tiófilo
Cas Valledares
O Lugar
Os Muíños
O Salgueiro
O Túnel
A Vía
VilarVilar/ O VilarVilarVilar
VilelasVilelasVilelasVilelas
O San Sidro (de Vilelas)
Vilela de BaixoVilela de Baixo
Vilela de RibaVilela de Riba

Historia

Os primeiros vestixios históricos atopados no concello, pertencen ó paleolítico, corresponden a necrópole tumularia do Couzogordo e na Xunqueira no linde co veciño concello de Taramundi. É a única zona de toda a comarca onde se atopáronse restos tan antigos.

A presenza romana na zona deixase sentir por mediación das explotacións mineiras de ferro e as auríferas. Así e todo o achado máis importante da época romana é a presenza de tres asentamentos da cultura castrexa no concello: Croas de Castro, orientado a labores agrícolas. Croas de Eilale, relacionado coas explotacións mineiras de Salgueiro, e o Castro de Salcido, dedicado a labores extractivas e de transformación, que conta cunha pequena escada de lousa que da acceso a unha acrópole e un recinto amurallado de máis de tres metros de grosor.

Santiso forma parte da doazón efectuada por Afonso VII á igrexa de Oviedo, pero en 1172 o mosteiro de Meira, situado en Galicia, consegue a metade do territorio para deixalo en mans de 50 repoboadores ó fundar Goxe e Naraído en 1232. Aproveitando as boas condicións das veigas do concello, o mosteiro instalou tres granxas no Chao, A Pumarega e A Brea. En 1537 o conde de Altamira, Don Lope Moscoso, comprou o coto por 672.000 marabedís, aínda que non se incluíu a parte do mosteiro de Meira.

En 1579 Filipe II necesitado de ingresos para paliar os gastos ocasionados polas guerras, obtén, coa bendición do Papa Bieito, o privilexio de vender ou incorporar a coroa os señoríos eclesiásticos, e entre eles este territorio, o que aproveitarían os veciños de Santiso de Abres para adquirilo, expedíndose título de vila e cédula de xurisdición. En Santiso os veciños exerceron a súa xurisdición nomeando xuíces e rexedores, porén, a xurisdición quedou compartida co mosteiro de Meira e co conde de Altamira, algo que apreciábase nas percepcións do décimo. Santiso obtén representación na Xunta Xeral do Principado a través do partido da bispalía, cedendo todo o protagonismo a Castropol, que exercía de cabeza do mesmo.

Escultura en lembranza do tren mineiro, con motivo do centenario do seu funcionamento (1903-2003)

No século XIX, ve como se implanta a industria no concello coa posta en marcha dun tear que dá traballo a varios vendedores ambulantes. Nos tramos finais do século a emigración a ultramar pon en perigo a estrutura demográfica no territorio, sendo a construción do ferrocarril mineiro a comezo do século XX[6] (posta en marcha, 1903, para uso de pasaxeiros, 1905) o efecto amortecedor da mesma.

A principios do século XX proxéctase na capital a instalación dunha industria óptica, finalmente rexeitada por culpa da guerra civil española. Durante os últimos tempos novamente comezan a aparecer movementos migratorios, aínda que esta vez cara ao centro da rexión e Europa, que fan descender perigosamente a poboación, modificando a estrutura social do concello.

Lingua

En Santiso de Abres do mesmo xeito que no resto de Asturias, a única lingua oficial é o español ou castelán[7]. Con todo, a lingua tradicional de Santiso de Abres é o galego central[8] , que é o mesmo tipo de galego que se fala nos concellos veciños da Pontenova e toda a zona de Meira. O galego falado neste concello non é da variedade eonaviega como na maioría dos concellos das terras de Eo-Navia[9].

Patrimonio

Imaxe da 'Pena do Encanto'.

A Pena do Encanto é un salto de auga situado no concello, preto do núcleo de poboación de Salcido. A partir de alí hai unha ruta a pé sinalizada (que se desdobra para poder ir a Trabada) e que, en pouco máis de 1 km leva ó salto de auga, a través de camiños sen gran dificultade.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

  • Xeografía de Asturias

Ligazóns externas

Lugares da parroquia de Santiso de Abres no concello de Santiso de Abres (Asturias)

A Antigua | A Carretera | O Castro | O Chao | Eilale | Espasande | Foxas | Goxe | A Grandela | Lombal | O Louredal | Lourido | Matela | A Mourela | Naraío | Prado | Salcido | San Andrés | Sobre da Veiga | Solmaior | Tras da Corda | Valiñaseca | As Veigas | Vilar | Vilelas

Asturias | Parroquias de Santiso de Abres
Santiso de Abres (San Salvador)