Ove, Ribadeo

parroquia civil do concello de Ribadeo

San Xoán de Ove é unha parroquia do concello de Ribadeo, na provincia de Lugo. Pertence ao arciprestado de Ribadeo. Segundo o censo en 2004 tiña 439 habitantes, agrupados en 27 entidades de poboación e 9 lugares, cunha densidade media de 25,5 hab/km². Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 387 habitantes, sendo 199 homes e 188 mulleres.

Ove
Hórreo no núcleo da igrexa de Ove
ConcelloRibadeo[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas43°31′00″N 7°03′00″O / 43.51666667, -7.057°03′00″O / 43.51666667, -7.05
Poboación366 hab. (2020)
Entidades de poboación34[1]
editar datos en Wikidata ]

Linda ao leste coas parroquias de Piñeira e Ribadeo (a cal xa absorbeu algunhas das aldeas desta parroquia no norte), Villapol (que o limita a Ría de Ribadeo de Asturias), ao sur con Vilausende (coa que fai límite a través de río Grande) e ao oeste con Covelas e A Devesa. Ten unha altitude media de 40 m. Polo seu territorio pasan diversas vías de comunicación, incluíndo a N-642, a LU-133 e a Liña de ferrocarril de vía estreita Ferrol-Xixón.

Historia

A freguesía pertenceu á antiga Diocese de Britonia e figurou nun documento do ano 1128 baixo a nomenclatura de "Sanctus Joanne de Euve".[2] En canto a outros autores din que recibe o seu nome do río que a limita: Euve, o actual Eo que dá orixe á ría de Ribadeo, e co que compartiría o significado de 'auga corrente'.[3] A -u- de Euve converterase en -o- pola atracción da semiconsoante seguinte, o -v-, dando orixe ó nome evolucionado Eove. Ó estar normalmente precedida da preposición de, ...San Xoán de Eove..., prodúcese un falso corte do E- inicial e a súa desaparición, ó confundirse co -e da preposición de. Queda, pois, así a súa forma actual Ove ou Obe, xa que entre o -v- e o -b- prodúcese unha vacilación por betacismo.

Patrimonio

Igrexa de Ove

A igrexa é do século XVII, con retablo rococó no presbiterio, de dous corpos. Nas naves laterais, outros dous do mesmo estilo. Sufriu varias reformas posteriores. No lugar da Graña encóntrase a capela de Santo Estevo, cun retablo barroco dun corpo e tres fornelas; tamén se atopan as capelas de Santa Cruz, San Lázaro e Santo Estevo, e na aldea da Frieira está a capela de Santa Lucia.

Da prehistoria conserva o Castro das Cárcovas, na Capela.[4]

Festas

As festas patronais de Ove celébranse o día 24 de xuño, na honra a San Xoán.

Tamén é moi coñecida a Festa de Santa Cruz na honra da Virxe da capela do monte, o 25 de abril. Antigamente a romaría adoitábase facer no monte do mesmo nome onde unha procesión, ademais dos penitentes de peregrinos acoden a realizar a coñecida Xira da Santa Cruz (que na actualidade se fai o primeiro Domingo de agosto e se lle atribúe á parroquia de Ribadeo); porén esta parroquia acostuma facer a Xira homenaxe á Gaita, que está declarada de interese turístico.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias

Lugares de Ove

Lugares da parroquia de Ove no concello de Ribadeo (Lugo)

As Aceñas | Acevedo | A Capela | As Casas Novas | O Chao de Ove | O Covo | A Eirexa | A Escaleira | A Estación | A Faxarda | Frieira a Nova | Frieira a Vella | Os Garitos | A Graña | Grañol | Os Guildeiros | Os Malatos | Ove | A Palmeira | Pastoriza | A Pega | Reme | O Río de Ove | O Río de Ramos | Río Pequeno | San Lázaro | Santa Cruz | Seixadelo | As Travesas de Ove | O Valín | Veigadaira | Vilar | A Vilavella | O Xardín

Parroquias de Ribadeo

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Ribadeo

Arante (San Pedro) | Cedofeita (Santa María Madanela) | Couxela (Santiago) | Covelas (San Vicente) | A Devesa (Santalla) | Ove (San Xoán) | Piñeira (San Xoán) | Ribadeo (Santa María) | Rinlo (San Pedro) | Santalla de Vilausende (Santalla) | Vilaframil (San Lourenzo) | Vilaselán (Santa María)

Notas

Véxase tamén

Outros artigos