Faiais primarios dos Cárpatos e outras rexións de Europa

Faiais primarios dos Cárpatos e outras rexións de Europa constitúen unha propiedade natural patrimonio da Humanidade de carácter transnacional composto por máis de 94 bosques (bosques de faia europea, Fagus sylvatica) en 18 países de Europa.[1][2]

Modelo:Xeografía políticaFaiais primarios dos Cárpatos e outras rexións de Europa
Imaxe

Localización
Mapa
 49°N 15°L / 49, 1515°L / 49, 15
Bosque primario78 Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie98.124,96 ha Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Evento clave
Patrimonio da Humanidade  
TipoPatrimonio natural  → Europa-América do Norte
Data2007 (31ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (ix) Editar o valor em Wikidata
Extensión dun sitio Patrimonio da Humanidade2011
2017
2021 Editar o valor em Wikidata
Identificador1133

Rexión dos Cárpatos

Os bosques primitivos de faias dos Cárpatos inclúen dez macizos separados situados ao longo do eixo longo de 185 km. das montañas desde Rakhiv e Chornohora en Ucraína pasando sobre a crista Poloniny (Eslovaquia) ata as montañas Vihorlat en Eslovaquia. Os antigos bosques de faias de Alemaña inclúen cinco lugares, abarcan 4.391 hectáreas e engadíronse en 2011.

O sitio dos Cárpatos abrangue unha superficie total de 77 971,6 ha, dos cales só 29 278,9 ha forman parte da área actual preservada , mentres que o resto considérase unha "zona colchón". Os bosques primitivos de faias dos Cárpatos abarcan áreas de Zakarpattia e Rexión de Prešovs. Máis do 70% do sitio está situado en Ucraína. A área inclúe dous parques nacionais, e algunhas áreas de hábitat controlado, principalmente en Eslovaquia. Ambos parques nacionais, xunto cunha zona veciña de Polonia, compoñen unha reserva da biosfera separada, a Reserva da Biosfera dos Cárpatos Orientais. Ademais de Havešová, Rožok e Stužica (todos eles situados en Bukovské vrchy), hai un cuarto compoñente situado en Eslovaquia, chamado Kyjovský prales of Vihorlat. Entre as localizacións ucraínas inclúense Chornohora, Kuziy-Trybushany, Maramarosh, Stuzhytsia – Uzhok, Svydovets e Uholka-Shyrikyi Luh. Só algúns dos dez compoñentes son accesibles aos visitantes. Stužica é o único dos tres lugares en Bukovské vrchy (Eslovaquia) con rutas de sendeirismo dispoñibles. En 2017, a UNESCO ampliou o sitio, engadindo bosques en Albania, Austria, Bélxica, Bulgaria, Croacia, Italia, Romanía, Eslovenia e España.[3][4]

O último bosque virxe intacto nas latitudes temperadas de Europa atopámolo nos Cárpatos. As árbores poden vivir ata os cen anos nestes bosques, proporcionando un hábitat importante a organismos como cogomelos, musgo, lique, insectos, aves raras (por exemplo, Pita do monte e Pita do monte negra) e mamíferos (por exemplo, morcegos, oso pardo, lobo e lince). Perdéronse grandes partes do bosque na parte romanesa dos Cárpatos debido á deforestación. A presión sobre a madeira como recurso pode aumentar debido á demanda internacional e as empresas europeas poden comezar a cortar a grande escala na veciña Ucraína. Actualmente as áreas desprotexidas do bosque virxe poden conservarse permanentemente nos Cárpatos ucraínos ampliando e reforzando as áreas de conservación. Nos Cárpatos ucraínos hai nove parques nacionais e dúas reservas da biosfera. Existe unha prohibición xeral de talla de árbores en zonas forestais de coníferas superiores aos 1.100 metros. Se se demostra que as administracións dos parques funcionan, pode producirse a xestión de áreas maiores, antes desprotexidas, do bosque virxe para preservalas de xeito permanente. Hai aproximadamente 100.000 hectáreas adicionais de bosque que se poderían integrar nas áreas de conservación existentes.[5]

Lista de partes compoñentes


Faiais Patrimonio da Humanidade

N.ºBen protexidoTipo de reserva naturalRexiónPaísZona protexidaZona de respecto
1133-006Stužnica – Bukovské vrchyParque nacional de PoloninyPrešovEslovaquia2950 ha11300 ha
1133-005RožokÁreas preservadas de PrešovPrešovEslovaquia67,1 ha41,4 ha
1133-010VihorlatÁreas preservadas de PrešovPrešovEslovaquia2578 ha2413 ha
1133-002Bosque primario de HavešováÁreas preservadas de PrešovPrešovEslovaquia171,3 ha63,9 ha
1133bis-011JasmundParque nacional de JasmundMecklemburgo-Pomerania OccidentalAlemaña492,5 ha2510,5 ha
1133bis-012SerrahnParque nacional MüritzMecklemburgo-Pomerania OccidentalAlemaña268,1 ha2568 ha
1133bis-013GrumsinReserva Natural do Bosque de GrumsinBrandeburgoAlemaña590,1 ha274,3 ha
1133bis-014HainichParque nacional HainichTurinxiaAlemaña1573,4 ha4085,4 ha
1133bis-015KellerwaldParque nacional Kellerwald-EderseeHesseAlemaña1467,1 ha4271,4 ha
1133ter-064Faiais de Ayllón - Tejera NegraParque natural da Serra Norte de GuadalajaraCastela-A ManchaEspaña255,52 ha13880,86 ha *
1133ter-065Faiais de Ayllón - Faial de MontejoSitio Natural de Interese Nacional do Faial de Montejo de la SierraComunidade de MadridEspaña71,79 ha13880,86 ha *
1133ter-066Faiais de Navarra - LizardoiaReserva Integral de LizardoiaNavarraEspaña63,97 ha24494,52 ha *
1133ter-067Faiais de Navarra - AztaparretaReserva Integral do Barranco de AztaparretaNavarraEspaña171,06 ha24494,52 ha *
1133ter-068Faiais de Picos de Europa- Faial de Cuesta FríaParque nacional de Picos de EuropaCastela e LeónEspaña213,65 ha14253 ha*
1133ter-069Faiais de Picos de Europa - Canal de AsotínParque nacional de Picos de EuropaCastela e LeónEspaña109,58 ha14253 ha*
1133ter-019Kalkalpen-HintergebirgParque nacional KalkalpenAlta AustriaAustria2946,2 ha14197,24 ha *
1133ter-020Kalkalpen-BodinggrabenParque nacional KalkalpenAlta AustriaAustria890,89 ha14197,24 ha *
1133ter-021Kalkalpen-UrlachParque nacional KalkalpenAlta AustriaAustria264,82 ha14197,24 ha *
1133ter-022Kalkalpen-Wilder GrabenParque nacional KalkalpenAlta AustriaAustria1149,75 ha14197,24 ha *
1133ter-018DürrensteinSelva de DürrensteinBaixa Austria, EstiriaAustria1867,45 ha1545,05 ha
1133ter-016Lumi i GashitParque nacional do val ValbonaKukësAlbania1261,52 ha8977,48 ha
1133ter-017RrajcaParque nacional Shebenik-JabllanicaElbasanAlbania2129,45 ha2569,75 ha
1133ter-023Bosque de Soignes - Reserva Forestal “Joseph Zwaenepoel”Bosque de SoignesFlandresBélxica187,34 ha4650,86 ha *
1133ter-024Bosque de Soignes - Grippensdelle ABosque de SoignesBruxelasBélxica24,11 ha4650,86 ha *
1133ter-025Bosque de Soignes - Grippensdelle BBosque de SoignesBruxelasBélxica37,38 ha4650,86 ha *
1133ter-026Bosque de Soignes - Reserva forestal de Ticton ABosque de SoignesValoniaBélxica13,98 ha4650,86 ha *
1133ter-027Bosque de Soignes - Reserva forestal de Ticton BBosque de SoignesValoniaBélxica6,5 ha4650,86 ha *
1133ter-028Balcanes Centrales - Reserva de BoatinParque Nacional dos Balcáns CentraisLovechBulgaria1226,88 ha851,22 ha
1133ter-029Balcáns Centrais - Reserva de TsarichinaParque Nacional dos Balcáns CentraisLovechBulgaria1485,81 ha1945,99 ha
1133ter-030Balcáns Centrais - Reserva de Kozya StenaParque Nacional dos Balcáns CentraisLovechBulgaria644,43 ha289,82 ha
1133ter-031Balcáns Centrais - Reserva de StenetoParque Nacional dos Balcáns CentraisLovechBulgaria2466,1 ha1762,01 ha
1133ter-032Balcáns Centrais - Reserva de Stara RekaParque Nacional dos Balcáns CentraisPlovdivBulgaria591,2 ha1480,04 ha
1133ter-033Balcáns Centrais - Reserva de DjendemaParque Nacional dos Balcáns CentraisPlovdivBulgaria1774,12 ha2576,63 ha
1133ter-034Balcáns Centrais - Reserva de Severen DjendemParque Nacional dos Balcáns CentraisLovechBulgaria926,37 ha1066,47 ha
1133ter-035Balcáns Centrais - Reserva de Peeshti SkaliParque Nacional dos Balcáns CentraisGabrovo, LovechBulgaria1049,1 ha968,14 ha
1133ter-036Balcáns Centrais - Reserva de SokolnaParque Nacional dos Balcáns CentraisStara ZagoraBulgaria824,9 ha780,55 ha
1133ter-062KrokarReserva forestal do Bosque Virxe de KrokarKočevjeEslovenia74,50 ha47,90 ha
1133ter-063Snežnik – ŽdrocleReserva forestal de Snežnik – ŽdrocleIlirska Bistrica, CerknicaEslovenia720,24 ha128,80 ha
1133ter-038Parque nacional de Paklenica - Suva draga-KlimentaParque nacional de PaklenicaZadar e Lika-SenjCroacia1241,04 ha414,76 ha
1133ter-039Parque nacional de Paklenica - Oglavinovac-JavornikParque nacional de PaklenicaLika-Senj e ZadarCroacia790,74 ha395,35 ha
1133ter-037Reservas Estritas de Hajdučki e Rožanski KukoviParque nacional Sjeverni VelebitLika-SenjCroacia1289,11 ha9869,25 ha
1133ter-050Cheile Nerei-BeuşniţaParque nacional Cheile Nerei-Beuşniţa Caraș-SeverinRomanía4292,27 ha5959,87 ha
1133ter-051Bosque secular de ȘincaBosque secular de ȘincaBrașovRomanía338,24 ha445,76 ha
1133ter-052Bosque secular de SlătioaraBosque secular de SlătioaraSuceavaRomanía609,12 ha429,43 ha
1133ter-053Cozia - Macizo de CoziaParque nacional CoziaVâlceaRomanía2285,26 ha2408,83 ha *
1133ter-054Cozia - LotrisorParque nacional Cozia VâlceaRomanía1103,3 ha2408,83 ha *
1133ter-055Domogled - Valea Cernei - Domogled-Coronini- BedinaParque nacional Domogled-Valea CerneiCaraș-Severin, Mehedinți,Romanía5110,63 ha51461,28 ha *
1133ter-056Domogled - Valea Cernei - Iauna CraioveiParque nacional Domogled-Valea CerneiCaraș-Severin, Gorj, MehedințiRomanía3517,36 ha51461,28 ha *
1133ter-057Domogled - Valea Cernei- Ciucevele CerneiParque nacional Domogled-Valea CerneiGorjRomanía1104,27 ha.51461,28 ha *
1133ter-058Groșii Țibleșului - Izvorul ȘuriiGroșii ȚibleșuluiMaramureș]]Romanía210,55 ha563,57 ha *
1133ter-059Groșii Țibleșului - PreluciGroșii ȚibleșuluiMaramureșRomanía135,82 ha563,57 ha *
1133ter-060Izvoarele NereiParque nacional Semenic-Cheile CaraşuluiCaraș-SeverinRomanía4677,21 ha2494,83 ha
1133ter-061Strîmbu BăiuțStrîmbu BăiuțMaramureșRomanía598,14 ha713,09 ha
1133-001ChornohoraReserva da Biosfera dos CárpatosZakarpatiaUcraína2476,8 ha12925 ha
1133-009Uholka – Shyrikyi LuhReserva da Biosfera dos CárpatosZakarpatiaUcraína11860 ha3301 ha
1133-008SvydovetsReserva da Biosfera dos CárpatosZakarpatiaUcraína3030,5 ha5639,5 ha
1133-004MaramaroshReserva da Biosfera dos CárpatosZakarpatiaUcraína2243,6 ha6230,4 ha
1133-003Kuziy – TrybushanyReserva da Biosfera dos CárpatosZakarpatiaUcraína1369,6 ha3163,4 ha
1133-007Stuzhytsia – UzhokParque natural Nacional de UzhZakarpatiaUcraína2532 ha3615 ha
1133ter-070GorganyReserva Natural de GorganyIvano-FrankivskUcraína753,48 ha4637,59 ha
1133ter-071RoztochyaReserva da Biosfera de RoztochyaLeópolisUcraína384,81 ha598,21 ha
1133ter-072Satanіvska DachaParque nacional natural Podilski TovtryÓblast de JmelnitskiUcraína212,01 ha559,37 ha
1133ter-073Synevyr - DarvaikaParque nacional natural de SynevyrZakarpatiaUcraína1588,46 ha312,32 ha
1133ter-074Synevyr - KvasovetsParque nacional natural de SynevyrZakarpatiaUcraína561,62 ha333,63 ha
1133ter-075Synevyr - StrymbaParque nacional natural de SynevyrZakarpatiaUcraína260,65 ha191,14 ha
1133ter-076Synevyr - VilshanyParque nacional natural de SynevyrZakarpatiaUcraína454,31 ha253,85 ha
1133ter-077Zacharovanyi Krai - IrshavkaParque nacional natural de Zacharovanyi KraiZakarpatiaUcraína93,97 ha1275,44 ha *
1133ter-078Zacharovanyi Krai - Velykyi DilParque nacional natural de Zacharovanyi KraiZakarpatiaUcraína1164,16 ha1275,44 ha *
1133ter-040Abruzos, Lacio e Molise - Valle CervaraParque nacional dos Abruzos, Lacio e MoliseAbruzosItalia119,7 ha751,61 ha*
1133ter-041Abruzos, Lacio e Molise - Selva MoricentoParque nacional dos Abruzos, Lacio e MoliseAbruzosItalia192,7 ha751,61 ha*
1133ter-042Abruzos, Lacio e Molise - Coppo del MortoParque nacional dos Abruzos, Lacio e MoliseAbruzosItalia104,71 ha415,51 ha
1133ter-043Abruzos, Lacio e Molise - Coppo del PrincipeParque nacional dos Abruzos, Lacio e MoliseAbruzosItalia194,49 ha446,62 ha
1133ter-044Abruzos, Lacio e Molise - Val FondilloParque nacional dos Abruzos, Lacio e MoliseAbruzosItalia325,03 ha700,95 ha
1133ter-045Cozzo FerrieroParque nacional do PollinoBasilicata, CalabriaItalia95,74 ha482,61 ha
1133ter-046Foresta UmbraParque nacional do GarganoPugliaItalia182,23 ha1.752,54 ha
1133ter-047Monte CiminoMonte CiminoLacioItalia57,54 ha87,96 ha
1133ter-048Monte RaschioParque natural rexional do complexo lacustre de Bracciano-MartignanoLacioItalia73,73 ha54,75 ha
1133ter-049Sasso FratinoParque nacional de Foreste Casentinesi, Monte Falterona e CampignaEmilia-Romaña, ToscanaItalia781,43 ha6.936,64 ha
Faiais primarios dos Cárpatos e outras rexións de Europa

Notas

Véxase tamén

🔥 Top keywords: