Franxa de Gaza

territorio palestino autogobernado
Este é un artigo sobre un territorio de Palestina, se procura outro artigo de igual nome vexa Gaza.

A Franxa[1] de Gaza (en árabe: قطاع غزة, Qita' Ghazzah; en hebreo: רצועת עזה, Retzu'at 'Azza) é un estreito anaco de terra que se atopa na costa oriental do mar Mediterráneo,[2] limitado por Israel polo leste e norte, e por Exipto polo suroeste. Cunha poboación de 2 millóns de persoas[3] concentradas en 365 km², Gaza ten unha densidade de poboación comparablemente alta.[4][5] É un dos dous territorios palestinos, xunto con Cisxordania.[6][7] Dende 2007, Gaza é gobernada de facto como un estado de partido único polo grupo político e militar islamita sunnita Hamas.[8][9][10][11]

Modelo:Xeografía políticaFranxa de Gaza
Imaxe

Nomeado en referencia aGaza Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 31°27′N 34°24′L / 31.45, 34.434°24′L / 31.45, 34.4
Territorio reivindicado porIsrael Editar o valor em Wikidata
CapitalGaza Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación2.098.389 (2023) Editar o valor em Wikidata (5.749,01 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie365 km² Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoAbu Auda (105 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Creación1949 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoMahmoud Abbas
Ismail Haniya Editar o valor em Wikidata
MoedaNovo sheqel Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Prefixo telefónico+970 Editar o valor em Wikidata

A Franxa de Gaza xurdiu nun principio como territorio ocupado por Exipto logo da guerra árabe-israelí de 1948. Despois da guerra dos Seis Días de 1967, o territorio pasou baixo o control militar israelí até o plan de retirada de 2005. Na década de 1990, como parte dos Acordos de Oslo, a administración sobre a maior parte da área foi entregada á Autoridade Nacional Palestina, xunto coa existencia de asentamentos israelís nalgunhas áreas, que foron evacuadas en 2005 para a desvinculación israelí de Gaza. Logo da retirada de Israel, en 2006 Hamas gañou as últimas eleccións lexislativas celebradas en Palestina e comezou a administrar Gaza; tomou o control total dunha pequena guerra civil o ano seguinte.[9] Desde entón, Hamas reprimiu e executou brutalmente os seus opositores.[12]

Historia

Gaza foi parte do Imperio Otomán antes de ser ocupada polo Reino Unido (1918–1948), Exipto (1948–1967), e despois Israel, que en 1993 concedeu á Autoridade Nacional Palestina un autogoberno limitado en Gaza de acordo cos Acordos de Oslo. Dende 2007, a Franxa de Gaza foi gobernada de facto como un estado de partido único por Hamas, que di representar ao Estado de Palestina e ao pobo palestino.[8][9][10][11]

Conflito israelí-palestino de 2023

O 7 de outubro de 2023, Hamas lanzou un ataque a grande escala contra Israel dende a Franxa de Gaza, matando unhas 1.300 persoas e tomando cando menos uns 199 reféns.[13] O 9 de outubro de 2023, Israel declaroulle a guerra a Hamas e impuxo un "bloqueo total" sobre a Franxa de Gaza.[14] O bloqueo foi anunciado polo ministro de Defensa israelí Yoav Gallant, quen declarou: "Non haberá electricidade, nin comida, nin combustible, todo está pechado. Estamos loitando contra animais humanos e actuamos en consecuencia".[15][16]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: