Operación Marxe Protectora

A Operación Marxe Protectora (en hebreo: מִבְצָע צוּק אֵיתָן, Mivtza' Tzuk Eitan) e ás veces tamén coñecida como guerra de Gaza de 2014,[15][16][17] foi unha operación militar lanzada por Israel o 8 de xullo de 2014 na Franxa de Gaza controlada por Hamas. Despois do secuestro e asasinato de tres adolescentes israelís por membros de Hamas, as Forzas de Defensa de Israel levaron a cabo Operación Gardián do Irmán para deter os líderes militantes, e Hamas lanzou foguetes cara a Israel comezando un conflito de sete semanas. Foi un dos conflitos entre Palestina e Israel con maior número de mortos en décadas. A combinación de ataques aéreos e bombardeos terrestres israelís e os foguetes palestinos provocaron milleiros de mortes, a gran maioría delas entre os palestinos de Gaza.[18]

Operación Marxe Protectora
Parte de Conflito árabe-israelí

(esquerda) Un fogar en Gaza bombardeado por Israel
(dereita) Un lanzamísiles da Cúpula de Ferro intercepta foguetes de Gaza en Israel central (8 de xullo)
Data8 de xullo de 201426 de agosto de 2014
LugarFranxa de Gaza (Palestina) e Israel
Coordenadas34°50′L / 30.667, -34.833
ResultadoVitoria reclamada polos dous bandos.[1]
  • Segundo Israel e o presidente palestino Abbas,[2] Hamas foi gravemente debilitado e non conseguiu ningunha das súas demandas.[3]
  • Segundo Hamas, Israel foi repelido de Gaza.[4]
Belixerantes
Israel (Exército de Israel) Hamás
Xihad Islámica de Palestina
Brigadas dos Mártires de Al Aqsa
Comités de resistencia popular
Fronte Popular para a Liberación de Palestina
Líderes
Benjamin Netanyahu
Primeiro Ministro
Moshe Ya'alon
Ministro de Defensa
Benny Gantz
Xefe das Forzas de Defensa
Amir Eshel
Comandante das Forzas aéreas
Sami Turgeman
Comandante do sur

Yoram Cohen
Chief of Shin Bet

Ismail Haniyeh
Xefe de Hamas
Mohammed Deif
Xefe das Brigadas Izz ad-Din al-Qassam
Ramadan Shalah
Líder de PIJ
Forzas en combate
176 500 soldados activos
565 000 reservistas[5](datos de 2012, dos cales non todos estiveron directamente involucrados)
brigadas de Al-Qassam: 20 000[6]–40 000[7]

Brigadas de Al-Quds: 8 000[8]

Baixas
67 soldadados e 6 civís (1 deles tailandés) mortos,[9][10][11] 469 soldados e 87 civís feridos[12][13]Segundos as fontes:
Hamas: 2 310 mortos,[a][14] 10,626 feridos[14]
UN HRC: 2 251 mortos
Israel MFA: 2 125 mortos

A operación israelí foi deseñada para deter o lanzamento de foguetes dende Gaza a Israel, o cal se incrementou despois dunha ofensiva israelí contra Hamas en Cisxordania por mor do secuestro a asasinato de tres adolescentes o 12 de xuño a mans de dous membros de Hamas.[19][20][21] Pola contra, os obxectivos de Hamas eran facer presión internacionalmente que obrigase a Israel a erguer o bloqueo da Franxa de Gaza, rematar coa ofensiva de Israel, obtén un terceiro implicado para controlar e garantir o cumprimento dun cesamento do fogo,[22] a liberación dos prisioneiros palestinos e superar o illamento político.[23] De acordo coa BBC, en resposta ó lanzamento de foguetes dende a Franxa de Gaza, Israel lanzou ataques aéreos sobre Gaza.[24]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: