From the Muddy Banks of the Wishkah

álbum de directo de Nirvana

From the Muddy Banks of the Wishkah é un disco de Nirvana no que reúnen gravacións de cancións realizadas en concertos pola banda entre 1989 e 1994.

From the Muddy Banks of the Wishkah
Álbum de directo de Nirvana
Edición1 de outubro de 1996
Gravaciónde 1989 a 1994
Duración53:55
Xénero(s)grunge
Selo(s)Geffen Records
Producido porShauna O' Brien, Diane Stata

From The Muddy Banks Of The Wishkah foi o segundo álbum lanzado despois da morte do cantante e guitarrista Kurt Cobain en abril de 1994. Foi compilado polo baixo Krist Novoselic, que canda ao batería Dave Grohl, querían sacar un álbum en directo en 1994, para acompañar o que se converteu en MTV Unplugged In New York, mais tardaron dous anos en facelo

Lista de cancións

Todas as cancións escritas por Kurt Cobain agás onde estea indicado

  1. Intro - 0:52
  2. "School" - 2:40
  3. "Drain You" - 3:34 (Cobain/Nirvana)
  4. "Aneurysm" - 4:31 (Cobain/Grohl/Novoselic)
  5. "Smells Like Teen Spirit" - 4:47 (Cobain/Grohl/Novoselic)
  6. "Been A Son" - 2:07
  7. "Lithium" - 4:10
  8. "Sliver" - 1:55
  9. "Spank Thru" - 3:10
  10. "Scentless Apprentice" - 3:31 (Cobain/Grohl/Novoselic)
  11. "Heart-Shaped Box" - 4:41
  12. "Milk It" - 3:45
  13. "Negative Creep" - 2:43
  14. "Polly" - 2:30
  15. "Breed" - 3:28
  16. "Tourette's" - 1:55
  17. "Blew" - 3:36
  18. Varias tomas de concertos, só incluídas no lado 4 da versión de vinilo - 5:00

Persoal

Banda

Gravado en

Teatro Astoria, Londres, Reino Unido, 5 de decembro de 1989

  • Cancións: Intro, Polly, Breed
  • Gravado por: Craig Overbay

Teatro Paramount, Seattle, Washington, Estados Unidos, 31 de outubro de 1991

  • Canción: Negative Creep
  • Gravado e mesturado por: Andy Wallace

Teatro Castelo, Roma, Italia, 19 de novembro de 1991

  • Cancións: Spank Thru
  • Gravado por: Stereoral (cadea de radio italiana)

Paradiso, Ámsterdan, Holanda, 25 de novembro de 1991

  • Cancións: School, Been a Son, Lithium, Blew
  • Gravado por: VPRO (cadea de televisión e radio holandesa)

Pavillón O'Brien, Del Mar Fairgrounds, California, Estados Unidos, 28 de decembro de 1991

  • Cancións: Drain You, Aneurysm, Smells Like Teen Spirit
  • Gravado por: Westwood One (cadea de televisión)
  • Mesturado por: Andy Wallace

Reading Festival, Reading, Inglaterra, 30 de agosto de 1992

  • Canción: tourette's
  • Gravado por: Fujisankei Communications International Inc.

Civic Center, Springfield, Massachusetts, Estados Unidos, 10 de novembro de 1993

  • Canción: Sliver
  • Gravado por: Craig Overbay

Muelle 48, (Seattle) 13 de decembro de 1993

  • Canción: Scentless Apprentice
  • Gravado por: Scott Litt para el programa 'MTV Live And Loud'
  • Mesturado por: Andy Wallace

Great Western Forum (Os Ánxeles) 30 de decembro de 1993

  • Canción: Heart-Shaped Box
  • Gravado por: Craig Overbay

Seattle Center Arena, Washington, Estados Unidos, 5 de xaneiro de 1994

  • Canción: Milk It
  • Gravado por: Craig Overbay
  • Mesturado por: Andy Wallace