Gascón

O gascón é a variedade máis occidental da lingua occitana, abondo diferente do resto dos dialectos do occitano, non só debido a un substrato vasco, se non que existen diferenzas léxicas, morfolóxicas e sintácticas propias do gascón que non se dan nos outros dialectos. Por estas diferenciacións algúns lingüistas afirmaron e afirman que se trata dunha lingua diferente[Cómpre referencia].

Gascón
Gascon
Falado en:Francia, España
Rexións: Aquitania e Mediodía-Pireneos en Francia, Val de Arán en España
Total de falantes:250.000 aprox
Familia:Indoeuropea
 Linguas itálicas
  Linguas romances
   Linguas occitanorromances
    Occitano
     Gascón
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Val de Arán na forma aranesa
Códigos de lingua
ISO 639-1:oc
ISO 639-2:oci
ISO 639-3: oci
SIL: OCI
Mapa
Status

O gascón está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

O gascón divídese en varios subdialectos entre os cales domina por tradición secular a variedade bearnesa (que na parte pirenaica presenta unhas peculiaridades que o afastan do occitano). Estas variedades pirenaicas presentan tendencias peculiares como o artigo eth (feminino era), a conservación posible do son [-a] final átono polo grafema -a final e, máis localmente, uns plurais femininos en [es]. O aranés, un subdialecto do gascón na zona pirenaica, transcribe xeralmente esta particularidade coa grafía -es no canto de -as). O bearnés, ademais das peculiaridades pirenaicas, presenta as mesmas variedades dialectais que o resto do gascón. A única discrepancia que existe hoxe en día é a maneira de escribir a lingua, habendo dúas formas distintas de grafías.

As principais variedades do gascón son:

  • Landés marítimo ou "fala negra" (Biarritz, Baiona e Landas costeiras).
  • Gascón central (Auch).
  • Bearnés (Pau).
  • Gascón oriental.
  • Aranés (Val de Arán) variante pirenaica do gascón que conta coa súa propia codificación, oficial no Val de Arán.
  • Bordalés (Bordeos, Medoc).

Gramática, características léxicas e fonolóxicas

A morfoloxía é moi conservadora e o léxico posúe unha serie de palabras características.Entre os préstamos procedentes do aquitano e do vasco antigo inclúense termos alusivos a plantas, animais, paisaxes, agricultura, clima e vida social.

Algunhas características léxicas e fonolóxicas:

  • Nunha parte do territorio gascón (vales de Aspe e Barétous en Béarn) consérvanse as intervocálicas xordas, como nalgúns dialectos aragoneses (natau, do latín natale(m); réco de rica “rego, suco”.
  • O latín f pasa a h: filium > hilh (“fillo”); farina > haria; flore > hlor ("flor")
  • Como o galego e portugués, perda do -n- intervocálico: luna > lua ("lúa")
  • redución de mb > m : celta cumba > coma (“vale”),
  • Como no catalán, nd > n: vendere > béne “vender”);
  • conservación de kw e gw como no ibero-romance (quando pasa a quan; xermánico wardon pasa a guardar “observar, gardar” (mentres que no resto dos dialectos occitanos desaparece o "u").
  • Como o vasco, o gascón desenvolve unha vogal protética ante r- inicial: rota > arròda; *racimu > arrasim.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: