Linguas itálicas

As linguas itálicas constitúen un grupo de linguas indoeuropeas cunha serie de trazos comúns. Inclúe as linguas romances (entre as que se atopan o galego, o español, o portugués, o francés, o italiano e o romanés) e a un certo número de linguas extintas, como o latín e outras linguas faladas na Antigüidade na Península Itálica.

Aínda que se adoita considerar como unha única rama que se diversificou a partir dun estadio común ou protoitálico, posterior ao período protoindoeuropeo, algúns autores dubidan desta filiación común[1]. Todas as linguas itálicas comparten un bo número de isoglosas comúns; así, todas elas son linguas centum que non presentan palatalización das (palato)velares indoeuropeas /*k, *kw, *g, *gh, *ghw/. Curiosamente, as linguas romances si presentan unha palatalización posterior dos fonemas latinos /k, g/, aínda que só ante fonemas anteriores /ε,e,i/.

Distribución das linguas romances máis faladas a principios do século XXI: castelán (verde escuro e verde claro), francés (azul e celeste), portugués (alaranxado), italiano (amarelo) e romanés (vermello).

Clasificación das linguas itálicas

As linguas itálicas están formadas por tres subfamilias propiamente ditas:

  • Linguas osco-umbras.
    • Osco, falado na rexión centro-meridional da Península Itálica.
    • Grupo Umbro, que inclúe a:
      • Peligno, Vestino, Marrucino.
      • Picénico meridional.
      • Umbro, falado na rexión centro-setentrional da península.
      • Volsco
  • Linguas latino-faliscas.
    • Falisco, que era falado na área de Falerii Veteres (actual Civita Castellana), ao norte da cidade de Roma.
    • Latín, que era falado na Italia centro-occidental. As conquistas romanas expandírono a través do imperio e máis aló.
  • Linguas venético-mesapias
Ligazón morta]] Linguas da Italia prerromana][Ligazón morta].

Características comúns

Actualmente o termo linguas itálicas úsase para referirse a un conxunto de linguas indoeuropeas que comparten un certo número de trazos comúns e que tras un período longo de convivencia común sufriron un certo proceso de converxencia[2].

Con todo, autores como Silvestri [3] e Rix[4] argumentan que non existiu un proto-itálico común reconstructible, que cumpra estas dúas condicións:

  1. Debería ter un sistema fonolóxico que explicase o do latín e as linguas osco-umbras simultaneamente mediante cambios fonéticos posteriores.
  2. Debería representar unha fonoloxía e morfoloxía que presentase cambios respecto ao estado común indoeuropeo.

Do mesmo xeito que a teoría obsoleta do italo-céltico común, moitos autores refugaron a idea de que todas as similitudes das linguas itálicas débanse á existencia dun estadio lingüístico chamado itálico común, de cuxa diversificación xurdisen as linguas. De feito varios autores propuxeron explicar algunhas da características comúns como un fenómeno de Sprachbund que afectaría á chamada área lingüística medio-itálica.

Desenvolvementos fonológicos

As linguas itálicas comparten certo número de isoglosas e cambios fonéticos comúns respecto ao protoindoeuropeo común:

  • *p > p, *b > b, *bh- > f-, -*bh- > -b-,(-f-)
  • *t > t, *d > d, *dh- > f-, -*dh- > -d-
  • *k > k (<c>), *g > g, *gh- > h-
  • *kw > kw (<qu>)/k (<c>), *gw > v/g/f
  • *l > l
  • *Vm > Vm, *mV > mV, *Cm(C) > Cem(C)
  • *Vn > Vn, *nV > nV, *Cn(C) > Cen(C)
  • *r > r,
  • *s > s,
  • *w > v, *e > i

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

🔥 Top keywords: