Geraldo Rivera

presentador estadounidense de talk shows, xornalista e escritor

Geraldo Rivera, nado como Gerald Michael Riviera en Nova York o 4 de xullo de 1943,[1][2] é un presentador estadounidense de talk shows, xornalista e escritor. Foi o presentador do programa Geraldo entre 1987 e 1998. Rivera presentou os programa Geraldo at Large e Geraldo Rivera Reports e aparece regularmente en programas de Fox News como The Five.

Infotaula de personaGeraldo Rivera

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Gerald Michael Rivera Editar o valor em Wikidata
4 de xullo de 1943 Editar o valor em Wikidata (80 anos)
Brooklyn, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaShaker Heights Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónState University of New York Maritime College (en) Traducir
Universidade de Pensilvania
Columbia University Graduate School of Journalism
Brooklyn Law School (en) Traducir - Juris Doctor
Universidade do Arizona (pt) Traducir - graduado en ciencias
West Babylon High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , escritor , avogado , presentador de televisión , locutor de radio Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1970 Editar o valor em Wikidata -
Partido políticoPartido Republicano Editar o valor em Wikidata
Familia
Cónxuxevalor descoñecido (2003–)
valor descoñecido (1987–2000), divorcio
valor descoñecido (1976–1984), divorcio
Edith Vonnegut (1971–1975), divorcio
valor descoñecido (1965–1969), divorcio
IrmánsCraig Rivera (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webgeraldo.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0729273 TV.com: people/geraldo-rivera
Facebook: GeraldoRivera Twitter: GeraldoRivera WikiTree: Rivera-671 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Primeiros anos

Rivera naceu no Beth Israel Medical Center de Nova York, fillo de Lillian (de solteira Friedman; 16 de outubro de 1919 – 3 de xuño de 2018) e Cruz "Allen" Rivera (1 de outubro de 1915 – novembro de 1987), traballadora nun restaurante e taxista, respectivamente.[3][4] O pai de Rivera era un católico portorriqueño,[5] e a súa nai era de ascendencia rusa xudía. Foi criado "principalmente como xudeu" e tivo cerimonia de Bar Mitzvah.[6][7] Creceu en Brooklyn e West Babylon, Nova York, onde asistiu ao West Babylon High School. A familia de Rivera foi en ocasións obxecto de prexuízos e racismo, e a súa nai adoptou a grafía do seu apelido como "Riviera" para evitar a intolerancia (só a súa irmá Sharon tivo o apelido sen modificar a grafía.).[8][9]

Carreira

Rivera foi contratado por WABC-TV en 1970 como reporteiro para Eyewitness News. En 1972, recibiu atención nacional e gañou un premio Peabody[10] pola súa reportaxe sobre a neglixencia e o abuso sobre pacientes con discapacidade intelectual na Willowbrook State School de Staten Island, e comezou a aparecer en programas nacionais da ABC como 20/20 e Nightline nas súas estreas en 1978 e 1979 respectivamente. Despois de que John Lennon vise a reportaxe de Rivera sobre Willowbrook, el e Rivera organizaron un concerto benéfico chamado "One to One" o 30 de agosto de 1972, no Madison Square Garden de Nova York, que Yoko Ono estreou postumamente en 1986, como Live in New York City.Entre 1994 e 2001, Rivera presentou Rivera Live, un programa de tarde de novas e entrevistas na CNBC que se emitía durante a semana.[11]

Rivera deixou a CNBC en novembro de 2001, dous meses despois dos atentados do 11 de setembro de 2001 para converterse en correspondente de guerra de Fox News. O seu irmán Craig acompañouno como cámara en Afganistán. En 2001, durante a guerra de Afganistán, Rivera foi ridiculizado por unha información en que afirmaba que estaba no lugar dun incidente por fogo amigo; despois revelouse que realmente estaba a 300 millas de distancia. Rivera culpou a un malentendido pola discrepancia.[12]

Vida persoal

Rivera casou cinco veces:

  1. Linda Coblentz (1965–1969, divorciados)
  2. Edith Vonnegut (14 de decembro de 1971 – 1975, divorciados)
  3. Sherryl Raymond (31 de decembro de 1976 – 1984, divorciados)
    fillo: Gabriel Miguel (nado en xullo de 1979)[13][14]
  4. C.C. (Cynthia Cruickshank) Dyer (11 de xullo de 1987 – 2000, divorciados)
    fillas: Isabella Holmes (nada en 1992)[15] e Simone Cruickshank (nada 1994). Seis intentos de ter fillos mediante inseminación artificial acabaron en aborto[16]
  5. Erica Michelle Levy (dende agosto de 2003)
    filla: Sol Liliana (nada en 2005)[17]

Rivera admitiu que tivo unha relación durante varios anos ata 1985 con Marian Javits, esposa do senador por Nova York Jacob K. Javits.[18]

Política

Rivera é republicano,[19] e considerou en presentarse na elección especial de New Jersey de 2013 para ocupar o asento deixado vacante no Senado trala morte de Frank Lautenberg.[20] Finalmente decidiu non presentarse á elección.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: