Pobo ruso

Os rusos[9] (en ruso: русские, russkiye) son un grupo étnico eslavo oriental nativo de Europa Oriental. A maioría dos rusos habitan no estado nación de Rusia, tendo notables minorías noutros estados veciños como Ucraína, Casaquistán e Belarús. Unha grande diáspora rusa está presente en todo o mundo, con poboacións importantes nos Estados Unidos, Alemaña, Israel e o Canadá. Os rusos son o meirande grupo étnico de Europa.

Pobo ruso


Poboación
Poboación total:
130-150 millóns
Rexións principais:
Rusia Rusia111 016 896[1](censo de 2010)
Ucraína Ucraína8 334 141 (censo de 2001)[2]
Casaquistán3 793 764 (censo de 2009)[3]
Alemaña Alemaña
(incluíndo xudeus rusos e alemáns rusos)
3 500 000 (estimación de 2013)[4]
Estados Unidos de América Estados Unidos
(incluíndo xudeus rusos e alemáns rusos)
3 072 756 (censo de 2009)
Israel
(incluíndo xudeus rusos)
1 240 122 (censo de 2015)
Uzbekistán1 199 015 (estimación de 2000)[5]
Belarús Belarús785 084 (censo de 2009)[6]
Canadá550 520 (censo de 2011)[7]
Letonia Letonia520,136 (censo de 2014)
Aspectos culturais
LinguaLingua rusa
RelixiónIgrexa ortodoxa (Igrexa ortodoxa rusa)
Grupos
relacionados
Outros eslavos orientais (belarusos e ucraínos)[8]

Os rusos comparten moitos trazos culturais con outros pobos eslavos orientais, como os belarusos e os ucraínos así como con certos eslavos do sur como os búlgaros, os macedonios, os montenegrinos e os serbios. Son maioritariamente de relixión ortodoxa. A lingua rusa é lingua oficial en Rusia, Belarús, Casaquistán, Kirguizistán e Taxiquistán, e tamén é falada como segunda lingua en moitos dos antigos estados soviéticos.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: