Hockey Club Liceo da Coruña

club profesional de hóckey a patíns da cidade da Coruña
(Redirección desde «H.C. Liceo»)

O Hockey Club Liceo da Coruña, por motivos de patrocinio Deportivo Liceo[1], é un club profesional de hóckey a patíns da cidade da Coruña. Foi fundado en 1972 por catro persoas entre as que salienta a figura de Augusto César Lendoiro e na tempada 1979-80 debutou na máxima categoría do hóckey a patíns español, categoría na que compite dende aquela. Trátase dunha icona dentro do hóckey galego, historicamente é o club deportivo máis laureado de Galiza cun total de 43 títulos (21 a nivel estatal, e 22 títulos internacionais). Destacan entre os seus títulos oito ligas, dez Copas do Rei e seis Copas de Europa.

H.C. Liceo
CidadeA Coruña, Galicia Galicia
Historia1972
Fundado1972
PavillónPazo dos Deportes de Riazor (5000)
PresidenteGalicia Daniel Echevarría
AdestradorGalicia Juan Copa
CompeticiónOK Liga/Euroleague
OK Liga Feminina
Títulos
Copa de Europa6 (1987, 1988, 1992, 2003, 2011, 2012)
Copa CERS3 (1982, 1999, 2010)
Recopa de Europa2 (1989, 1996)
Copa Continental6 (1987, 1988, 1989, 1992, 2003, 2012)
Copa Intercontinental5 (1987, 1989, 1993, 2004, 2012)
OK Liga8 (1982-83, 1985-86, 1986-87, 1989-90, 1990-91, 1992-93, 2012-13, 2021-22)
Copa do Rei10 (1982, 1984, 1988, 1989, 1991, 1995, 1996, 1997, 2004, 2021)
Supercopa de España3 (2016, 2018, 2021)
Cores          Verde e branco
Na rede
http://www.hockeyclubliceo.com
Sitio web
Sitio web oficial
Tempada 2020/21 do HC Liceo

As cores do equipo son a verde e a branca, sendo branquiazul o segundo equipamento por motivos de patrocinio.[2] Xoga os seus partidos como local no Pazo dos Deportes de Riazor e o seu presidente é Daniel Echevarría.

En 2010 o club recibiu a Insignia de Ouro da Real Federación Española de Patinaxe en recoñecemento da súa traxectoria e o labor de promoción do hóckey a patíns.[3]

Historia

Véxase tamén: Historia do Hockey Club Liceo da Coruña e Tempadas do Hockey Club Liceo da Coruña.

Os inicios

As súas orixes debemos buscalas no ano 1972, data na que se funda o Club Deportivo Liceo La Paz no colexio coruñés Liceo La Paz, por iniciativa de catro persoas: os directores do centro Antonio Pintor e Carlos Pérez Roca, Javier Chaver e a figura destacada de Augusto César Lendoiro. A honra de ser o seu primeiro presidente recaeu en Felipe Marcos Nieto. Na súa primeira tempada, a 1972-73, o Liceo conseguiu facerse co campionato galego de Segunda División, o cal lle permite acceder á máxima categoría do hóckey a patíns galego. Na seguinte campaña (1973-74), conseguiu (lucindo xa as cores verde e branca actuais no seu uniforme) un novo ascenso, desta vez á división de prata española. Na segunda categoría do hóckey a patíns español militou o daquela denominado Hockey Club Liceo Banco Simeón dende a tempada 1974-75 ata a tempada 1978-79, na cal o club verdibranco conseguiu un subcampionato de liga e polo tanto o ascenso á máxima categoría, a División de Honra (hoxe chamada OK Liga). O ascenso culminouse o 17 de marzo de 1979 tras derrotar por 9-5 ao Deportivo da Coruña en Riazor. O Liceo formou naquel partido con Pipo Romeu, Javier Chaver, Juan Carlos, José Manuel Campos, Carlos Gil, Carlos Llonch, Pepe Amado e Varela como porteiro suplente.[4]

No seu debut na en Primeira División, o daquela Liceo La Paz finalizou na 10º posición dun total de 12 equipos, conseguindo a permanencia sen ter que disputar a promoción, xa que non houbo descensos automáticos.[5] Na segunda tempada do club coruñés na segunda categoría finalizou na 10ª posición, conseguindo a permanencia sen ter que disputar a promoción, logo da ampliación a 14 equipos, dos cales os dous últimos descenderon de xeito directo, e os 11º e 12º disputaron a promoción.[6]

Na tempada 1976-77 o Liceo finalizou na 11ª posición, tendo que disputar a promoción fronte ao conxunto canario de La Salle, conseguindo a permanencia logo de gañar na ida 15-3 na casa e perder na volta por 6-3.[7]

Ascenso á elite

Logo do ascenso á máxima categoría en 1979, o club experimentou unha profunda reestruturación, Rivero foi sucedido no banco do club coruñés por Campos logo de seis tempadas ao mando do equipo verdibranco; foron varios tamén os xogadores que deixaron o equipo, entre eles Romeu, J. Carlos, C. Llonch, P. Amado, Boada ou Glez Chas, o que fixo que os herculinos debutaran na División de Honra cun equipo curto (tan só oito xogadores). O debut liceísta na División de Honra enfrontouno ao Club Patí Vic en Vic, nun partido no que puido sumar a súa primeira vitoria, mais que finalizou cun empate a sete goles que lle valeu para situarse na oitava posición da táboa.[8] A primeira vitoria herculina chegou na segunda xornada, cando derrotou na Polideportiva de Riazor ao CE Noia por 4-2 (3-2 no descanso), sendo ademais o primeiro encontro da máxima categoría do hóckey a patíns español disputado en Galiza.[9] Na súa primeira tempada na División de Honra (1979-80), o daquela Hockey Club Liceo Camisas Texman finalizou a competición de liga na sétima praza cun rexistro de 14 vitorias, 5 empates e 11 derrotas para facer un total de 33 puntos. Na súa segunda tempada, con Campos e Gallén ao mando, o cadro coruñés conseguiu unha histórica terceira praza cunha notable mellora nos resultados, conseguindo 22 vitorias, 1 empate e 7 derrotas; esta terceira posición na liga deulle ao Liceo a posibilidade de debutar nunha competición europea, a Copa CERS, no seu 9º aniversario. No equipo, daquela dirixido por Gallén e Campos, estaban xogadores como P. Llonch, L. Rivero, Carlos Gil, Areces, Cristiano, Zabalía, Chaver, Castiñeiras, J.E. Torner e Arcadio.[10] Con todo, Gallén dimitiu no banco liceísta ao considerar que non era posible conseguir os obxectivos que se marcara o club esa tempada, considerando que non era posible nesa tempada que o equipo se proclamara campión de liga, sendo substituído por José María Campos.[11]

A época dourada

Augusto César Lendoiro, presidente do Liceo durante a época dourada do club.

Na década de 1980 cun dos mellores grupos da súa historia o Liceo conseguiu tódolos títulos posibles, nesta década, o hóckey a patíns era o deporte rei na capital coruñesa e os partidos rexistraban grandes entradas que en partidos importantes podían chegar a roldar os 10.000 espectadores no Pazo dos Deportes de Riazor.[12]

Na tempada 1981-82 comezou a lenda liceísta, pois durante o transcurso da mesma o Liceo Caixa Galicia comezou a selar os primeiros títulos para as vitrinas do equipo que daquela tiña a súa sede na Praza de Lugo da cidade herculina. O primeiro título dos coruñeses chegou na súa primeira participación na Copa CERS, na que os liceístas derrotaron na final disputada a dobre partido ao HC Monza italiano por 12 goles a 4 na Coruña e 6 goles a 8 en Monza.[13] Dúas semanas antes, o 18 de xullo de 1982, o Liceo conquistara a súa primeira Copa do Rei na localidade de Alcoi logo de impoñerse ao Reus Deportiu por 8 goles a 5. A estes dous triunfos uníuselles o subcampionato na División de Honra.[10]

Na súa cuarta tempada, o Liceo completou o seu rápido ascenso ao conseguir o seu primeiro título de Liga, o cal supuxo todo un fito, posto que se trataba do primeiro equipo non catalán que conseguía tal logro[14] con xogadores como Huelves, Taibo, Areces, Alabart, Rubio, Martinazzo, Alejandro Avecilla, Pujalte, Carlos Figueroa e Celso, por diante dun FC Barcelona que viña de gañar as seis edicións anteriores de xeito consecutivo. A partir de entón as vitrinas da escuadra coruñesa non fan máis que almacenar máis títulos, non só a nivel peninsular, senón tamén europeo e mundial.

Na tempada 1986-87 chegou á Coruña a primeira Copa de Europa de hóckey sobre patíns da man dos xogadores que poucos anos antes conseguiran o título de Liga, logo de derrotar na final, a dobre partido, ao FC Porto gañando en Porto por 2 goles a 4 e na Coruña por 4 a 3 nun Pazo dos Deportes de Riazor ateigado con 7.000 seareiros nas bancadas[15][16]. Este título foi acompañado na campaña pola Supercopa de Europa gañada fronte ao FC Barcelona na final a dobre partido por 4-4 na ida e 4-1 no partido de volta, e pola Copa Intercontinental conseguida fronte ao equipo arxentino do Concepción Patín Club de San Juan.

Na tempada 1989-90, logo de finalizar a liga regular na primeira posición con 22 puntos, cinco máis que o segundo clasificado, o tamén coruñés Volkswagen Arrojo Dominicos, con dez vitorias, dous empates e outras tantas derrotas,[17] o Liceo alzouse co título de liga logo de derrotar no terceiro e definitivo partido dos play-offs polo título ao defensor do título, o ONCE Igualada por tres goles a un na Coruña.[18] En xuño 1990 chegou o último título continental que faltaba nas vitrinas liceístas ao proclamarse campión da Recopa de Europa ao derrotar nunha final sen historia disputada a dobre partido ao conxunto belga do RH Rolta Louvain por un contundente 9-2 en Bélxica e 22-1 na Coruña,[19][20] para alzarse co título os herculinos superaron ao Hockey Monza italiano nos cuartos de final (vitorias por 3-8 e 9-2)[21] e nas semifinais ao Paço d'Arcos portugués (vitorias por 11-1 e 4-8).[22]

Foi nesta época cando a escuadra herculina se converteu nunha das dominadoras (xunto con clubs como o FC Barcelona, o Igualada HC ou o Porto) do hóckey europeo e mundial.

Os anos escuros

Carlos Gil foi adestrador do Liceo na consecución dos últimos títulos do club antes da seca, que volveu dirixir na segunda etapa dourada.

O 26 de xuño de 2000 Lendoiro deixaba a presidencia do club logo de 28 anos no cargo, nos que o club alzou outros tantos títulos nacionais e internacionais. Lendoiro deixaba o club para dedicarse en exclusiva á presidencia do Deportivo da Coruña, e fíxoo nunha asemblea extraordinaria que tivo lugar no salón de actos do Complexo de Elviña, deixando paso a un proceso electoral do que debía saír a nova directiva liceísta.[a][23]

A partir da temporada 1998-99 o equipo viviu un certo decaemento que xa comezara trala consecución da última Liga do cadro coruñés e que coincidiu co ascenso do Real Club Deportivo da Coruña á Primeira División que implicou un progresivo descenso no número de espectadores nos enfrontamentos do Liceo, que entrou nunha seca de títulos, a cal romperá ao grande na temporada 2002-03, na que gañou a Copa de Europa na Coruña ante a súa afección tras derrotar ao Igualada na quenda de penaltis logo dun intensísimo partido. Ao ano seguinte conseguiu a Supercopa de Europa, a Copa do Rei e a Copa Intercontinental. Aínda así, isto resultou un espellismo, posto que o Liceo pasou en branco as seguintes cinco campañas (2004-05, 2005-06, 2006-07, 2007-08 e 2008-09).

En 2005, e logo de case cinco anos dirixido por unha xunta xestora,[24] chegaba á presidencia Eduardo Lamas, que fora secretario xeral para o deporte da Xunta de Galicia e concelleiro no Concello da Coruña.[25]

Á tempada seguinte á consecución da Copa do Rei, a Supercopa de Europa e a Copa Intercontinental, o Liceo acadou unha discreta oitava posición que lle permitiu disputar os play-offs polo título, aínda que caeu na primeira rolda fronte ao FC Barcelona en tres partidos, ademais o conxunto liceísta non se clasificou para a Copa do Rei; tampouco foi boa a tempada europea dos herculinos, xa que caeron eliminados na rolda previa da Copa de Europa polo Salerno italiano, polo que non puideron xogar a fase de grupos da máxima competición europea. Na tempada 2005-06 a situación empeorou, xa que na OK Liga o Liceo non foi quen de clasificarse para os play-offs polo título, tampouco puido clasificarse para a Copa do Rei por segundo ano consecutivo e viuse privado de disputar unha competición europea por primeira vez en moitos anos.

A tendencia negativa do equipo comezou a inverterse na tempada 2006-07, cando os branquiverdes, que non disputaban competicións europeas por segundo ano consecutivo, volveron aos postos de cabeza na liga ao acadar un meritorio cuarto posto por detrás de FC Barcelona, Reus Deportiu e CP Vic e polo tanto a vantaxe de campo na primeira eliminatoria, que pasou sen moitos problemas fronte ao Vilanova L'Ull Blau en dous partidos; porén, os coruñeses caerían en semifinais en tres partidos (2-1) fronte ao FC Barcelona, quen finalmente se alzaría co título. O mesmo verdugo tiveron os coruñeses na Copa do Rei (na que foron un dos catro cabezas de serie), onde caeron nas semifinais por 2 goles a 5.

Na seguinte tempada, o equipo mellorou os seus resultados e conseguiu unha importante terceira posición na liga, o que lle permitiu disputar os play-off polo título con vantaxe de campo na primeira eliminatoria, a pesar desta vantaxe, o Liceo encontrouse a un difícil Viva Hàbitat Blanes que forzou os cinco partidos da serie, nas semifinais o Liceo caeu fronte ao Reus en tres partidos nunha eliminatoria na que os coruñeses non puideron gañar ningún partido e que finalizou na Coruña cunha quenda de penaltis que se decantaría a favor dos cataláns; nos cuartos de final da Copa do Rei, celebrada en terras catalás, eliminou o FC Barcelona gañando por 2-3, mais perdeu en semifinais fronte ao Noia Freixenet por 3-1, con tres goles do Noia tras xogadas polémicas nun partido do que non gardan boas lembranzas os afeccionados liceístas; na Copa de Europa acadou a clasificación para a última Final-Four (final a catro) que se ía disputar nesta competición debido ao cambio de modelo da competición tras finalizar primeiro no seu grupo, nas semifinais caeu fronte ao Reus Deportiu cun gol de ouro na prorroga, despois de ir por diante todo o partido ata que quedaban 40 segundos para o final cando o Reus empatou o partido e forzou dita prorroga.

Na tempada 2008-09 chegou un novo título ás vitrinas liceístas, xa que o Liceo se proclamou campión da primeira edición da Copa Galiza ao vencer na final ao daquela Cerceda Liceo (despois Club Patín Cerceda) por 5 goles a 4. Se ben este non era un título oficial, sería a antesala dos títulos que chegarían nos seguintes anos. Antes de comezar a tempada, o Coinasa Liceo disputou en Reus o Mundial de Clubs, onde caeu nos cuartos de final fronte ao Valdagno italiano por 3-5 debido en parte ao cansazo acumulado nunha pretempada intensa. Na liga conseguiu un meritorio terceiro posto na liga regular por detrás do FC Barcelona e do CP Vic, porén, o Liceo conseguiría o subcampionato de liga tras derrotar nos cuartos de final ao Proinosa Igualada en dous partidos e nas semifinais ao Roncato Vic en catro partidos (3-1), superando o factor cancha que tiñan os de Vic, finalmente caería na final fronte ao FC Barcelona en tres partidos (3-0) nunha eliminatoria na que reinou a igualdade en tódolos partidos agás o primeiro. Esa tempada, o Liceo foi o organizador da Copa do Rei, unha competición na que os liceístas se desfixeron nos cuartos de final do Igualada (6-3), mais non puideron pasar das semifinais, onde o Vic, cando restaban 18 segundos para o final do partido calou a un Riazor cheo e desfixo os soños e ilusións que todos os liceístas puxeran na competición copeira. Na Copa de Europa clasificouse para a primeira Final-Eight (final a oito), onde eliminou primeiramente ao Noia Freixenet (2-5), e posteriormente caeu eliminado nas semifinais fronte ao Roncato Patí Vic (1-4), nun partido no que, como na Copa do Rei, o Liceo non tivo a sorte necesaria para meterse na gran final europea contra o Reus Deportiu, que finalmente se faría co seu 7º título da máxima competición continental.

Volta ao cumio europeo

O equipo nas semifinais da Copa CERS en 2010, competición coa que poría punto e final á seca de títulos.

Na tempada 2009-10 o Liceo rachou coa seca de títulos das últimas cinco tempadas ao proclamarse campión da Copa CERS, acadando este título por terceira vez na súa historia, e un ano despois conseguiu en Andorra la Vella a súa quinta Copa de Europa tras derrotar na final ao Reus Deportiu por 7-4 logo de remontar o 0-3 inicial dos tarraconenses, nunha dura final a oito na que o conxunto dirixido por Carlos Gil tivo que realizar o seu mellor hóckey. Ademais destes dous títulos continentais, o Liceo conseguiu tres subcampionatos de Liga de xeito consecutivo entre a tempada 2008-09 e a 2010-11 loitando polo título de Liga ata o último momento nas dúas últimas campañas e especialmente na última, na que chegou á derradeira xornada empatado a 59 puntos co Reus Deportiu e co gol average a favor dos coruñeses, mais a súa besta negra esa tempada, o FC Barcelona espertaría aos liceístas do soño de conquistar a Liga 18 anos despois da última e privándoos dun dobrete de Liga e Copa de Europa que o Liceo non conseguía dende a tempada 1986-87 ao derrotalos no Palau Blaugrana por 7 goles a 4, e aproveitando o Reus a derrota para impoñerse ao Tenerife por 4 a 1 e gañar así o seu quinto título de Liga.

A tempada 2011-12 caracterizouse por un claro dominio blaugrana, tanto na OK Liga como na Copa do Rei (alzándose o equipo barcelonés cos dous títulos). Na liga o Liceo conseguiu un novo subcampionato (cuarto de xeito consecutivo), cun dos cadros máis novos da competición, mentres que na Copa do Rei eliminou o C.E. Vendrell nos cuartos de final por un contundente 8 a 3, mais caeu en semifinais fronte ao Noia Freixenet por catro coles a dous nun mal partido dos coruñeses. Porén, o máximo logro do equipo esa tempada chegou na 47ª edición Liga Europea, na que estivo encadrado no difícil Grupo C, clasificándose para a Final Eight cun rexistro de 4 vitorias e 2 derrotas, na Final Eight disputada na localidade italiana de Lodi conseguiu chegar á final tras desfacerse do Candelária SC portugués (4-2) e do Hockey Valdagno italiano (5-3), na final víase as caras co FC Barcelona, o equipo que privara de conseguir máis títulos ao equipo galego as tempadas anteriores, nunha final moi igualada o Liceo conseguiu derrotar ao conxunto catalán por 4 a 2, revalidando o título conseguido a tempada anterior e conseguindo o seu sexto título da súa historia da máxima competición continental, igualando deste xeito ao Igualada HC e situándose cun título menos que o Reus Deportiu (segundo equipo máis laureado da competición tralo FC Barcelona).

A sétima liga

Artigo principal: Tempada 2012-2013 da OK Liga.
O HC Liceo fronte ao FC Barcelona no partido da primeira volta da OK Liga disputado en Riazor na tempada 2012-13.

A tempada 2012-13 comezaba coa consecución de dous novos títulos para o equipo herculino. O primeiro deles foi a Copa Intercontinental conquistada fronte ao Club Atlético Huracán arxentino, ao que derrotou por 6 goles a 4 nun partido cómodo para cadro galego, que chegou a dominar o marcador por 6-0 (min. 34) no Pazo dos Deportes de Riazor o 13 de novembro de 2012.[26][27] Non obstante, a causa do proceso electoral no que se encontraba o máximo organismo do hóckey a patíns mundial, o partido da final non puido acadar relevancia, polo que os dous clubs decidiron de mutuo acordo considerar o partido como a final da Copa Intercontinental, solicitando o recoñecemento por parte do CIRH do equipo gañador do partido como campión da competición unha vez o organismo recobrara a normalidade.[28]

O segundo título en chegar ás vitrinas liceístas ao principio da tempada sería tamén un título internacional, a Copa Continental, disputada nunha final a dobre partido fronte ao Bassano Hockey 54 italiano. No partido de ida, disputado na cidade italiana de Bassano del Grappa o 11 de decembro de 2012, o Liceo caía por un contundente 5-1. Non obstante, no partido de volta no Pazo dos Deportes de Riazor cinco días despois, o Liceo conseguía un 6-2 ao finalizar o tempo regulamentario que igualaba a eliminatoria, que finalmente se decantaría a favor dos verdibrancos por 2-1 na quenda de penaltis.

A pesar destes dous éxitos a nivel internacional, foi na competición doméstica onde chegaría o maior logro do equipo herculino na tempada, a consecución do sétimo título de liga para a entidade vinte anos despois do último campionato de liga conquistado.[29] Na máxima competición do hóckey a patíns español, o Liceo presentouse cun equipo cunha das medias de idade máis baixas da competición e un plante curto (8 xogadores do primeiro equipo) que foi completando con xogadores da canteira. Logo dun bo inicio ligueiro no que os coruñeses permaneceron imbatidos nas 10 primeiras xornadas (9 vitorias e 1 empate), o equipo acusou o esforzo ao final da tempada, polo que o colchón de 8 puntos que tiña sobre o seu inmediato perseguidor, o FC Barcelona, se foi reducindo ata o punto de quedar todo por decidir nunha derradeira xornada na que o equipo galego chegaba cun so punto de bantaxe á pista do Lleida Llista Blava, ao que finalmente derrotaría por 3 goles a 4 a poucos minutos do final do partido, facendo estéril a vitoria dos azulgrana en Igualada por 1-3, e levando o sétimo título ligueiro para A Coruña.

O Liceo iniciou a tempada 2016-17 disputando en Reus a Supercopa de España, competición que iniciou cunha vitoria nos segundos finais fronte ao Patí Vic grazas a un gol a porta baleira de Carlo di Benedetto cando os de Osona xogaban sen porteiro na procura do empate. Na final os herculinos enfrontáronse ao conxunto anfitrión do Reus La Fira, que derrotara nas semifinais ao Barça Lassa (3-2),[30] nun partido moi aberto no que o Liceo adiantouse no marcador por medio de David Torres e que sentenciou Marc Coy a falta de seis minutos para a conclusión, rompendo o empate a un gol que establecera Torra nos primeiros minutos da segunda parte. Deste xeito o Liceo conseguía a súa primeira Supercopa de España, o último título que faltaba no seu palmarés.[31]

Etapa con Juan Copa

O luns 10 de xullo de 2017 o club confirmou a saída de Carlos Gil. Deste xeito o adestrador arxentino poñía fin á súa cuarta etapa no banco liceísta.[32] Quince días despois da saída de Carlos Gil, o 25 de xullo de 2017, o club anunciou a chegada de Juan Copa ao banco. Deste xeito o técnico coruñés facíase cargo do equipo por segunda vez, logo de ter exercido como técnico interino na tempada 2005-06.[33] Tamén adestrara durante anos ao segundo equipo, ao que conseguira ascender á OK Liga en 2009.[b][34][35] Finalizou a tempada de liga en segunda posición e xogou a final de Copa do Rei contra o Barcelona, perdendo por 1-2.[36]

O Liceo comezou a tempada 2018-19 proclamándose por segunda vez campión da Supercopa de España ao vencer 3-2 na final ao Barcelona.[37] O 17 de decembro de 2018, o Liceo e o Deportivo da Coruña firmaron un acordo polo que o segundo pasou a ser o patrocinador oficial do primeiro a partir do 1 de xaneiro de 2019 e ata 2023.[1] O equipo pasou a chamarse Deportivo Liceo o 1 de xaneiro de 2019 e segundo o acordo levaría as cores do equipo de fútbol, branca e azul, no seu primeiro equipamento a partir da tempada seguinte.[1] Meses despois anunciouse que esas cores se usarían no segundo equipamento, mentres o primeiro segue coas cores tradicionais do club.[38][2] O equipo rematou a tempada 2018/19 como subcampión da OK Liga[39] e da Copa do Rei,[40] en ambos casos por detrás do Barcelona, mentres que quedou eliminado na fase de grupos da Liga Europea.[41]

Comezaron a tempada 2019-20 xogando a Supercopa e perdendo nas semifinais contra o Reus, polo que non puideron revalidar o título do ano anterior.[42] Con todo, realizaron un grande inicio de liga, gañando os dez primeiros partidos e igualando o seu mellor arrinque histórico.[43] Finalizou a primeira volta empatado co Barcelona no liderado, tras gañar ambos equipos 12 de 13 partidos.[44] En marzo de 2020, a falta dunha xornada para finalizar a tempada regular a liga foi paralizada debido á pandemia por coronavirus, ocupando o Liceo a segunda praza. Finalmente en maio a RFEP deu por finalizada a competición sen que se xogasen os play-offs, declarando campión ao Barcelona e subcampión ao Liceo.[45] A decisión non foi ben recibida polo club coruñés, que emitiu un comunicado mostrando o seu desacordo e declarándose como o principal prexudicado.[46] Tamén se suspenderon as edicións dese ano da Copa do Rei e da Liga Europea.

Na tempada 2020/21 o Liceo comezou mellorando as cifras do ano anterior e asinou o mellor arrinque da súa historia, con 12 vitorias nos 12 primeiros partidos, incluído un triunfo por 3-4 fronte ao FC Barcelona no Palau, onde o club coruñés levaba máis dunha década sen gañar.[47][48][49] Con todo, tivo que conformarse unha vez máis co subcampionato, que volveu ser para o Barcelona. En xuño disputouse na Coruña a Copa do Rei, onde o Deportivo eliminou en cuartos ao Voltregá e en semifinais ao Caldes, acadando a súa terceira final consecutiva, de novo contra o Barcelona. Jordi Adroher e César Carballeira puxeron por diante con senllos goles ao equipo galego, pero estes foron igualados por Ignacio Alabart e Matías Pascual. Finalmente, Adroher anotou o terceiro gol liceísta, dándolle así ao club coruñés un título de Copa que se lle resistía dende había 17 anos.[50]

Para a campaña 2021/22 o club coruñés mantivo case o mesmo bloque de xogadores, contando con Àlex Rodríguez Dalmau como a súa incorporación máis destacada.[51] A competición iniciou cun novo título do club coruñés, que derrotou ao Barcelona na Supercopa de España por 3-2, sendo os tres tantos obra de Adroher e os tres de falta directa.[52] Na OK Liga o Liceo, liderado polos goles do seu capian Dava Torres, volveu acabar segundo a liga regular, o que lle serviu para disputar o título nos recuperados play-offs. Tras eliminar ao Alcoi e ao Noia o equipo verde acadou unha nova final, onde tivo como rival a un Reus que deu a sorpresa deixando fóra ao Barcelona nas semifinais.[53] O Liceo precisou só tres dos cinco partidos posibles da final, logrando tres vitorias e conquistando o título de liga despois de nove anos.[54]

Historial

Historial na liga

TempadaCategoríaPosto
1972/732ª Galega
1973/741ª Galega
1974/751ª División10º
1975/761ª División10º
1976/771ª División11º
1977/781ª División
1978/791ª División
1979/80División de Honra
1980/81División de Honra
1981/82División de Honra
1982/83División de Honra
1983/84División de Honra
1984/85División de Honra
1985/86División de Honra
TempadaCategoríaPosto
1986/87División de Honra
1987/88División de Honra
1988/89División de Honra
1989/90División de Honra
1990/91División de Honra
1991/92División de Honra
1992/93División de Honra
1993/94División de Honra
1994/95División de Honra
1995/96División de Honra
1996/97División de Honra
1997/98División de Honra
1998/99División de Honra
1999/00División de Honra
TempadaCategoríaPosto
2000/01División de Honra
2001/02División de Honra
2002/03OK Liga10º
2003/04OK Liga
2004/05OK Liga
2005/06OK Liga
2006/07OK Liga
2007/08OK Liga
2008/09OK Liga
2009/10OK Liga
2010/11OK Liga
2011/12OK Liga
2012/13OK Liga
2013/14OK Liga
TempadaCategoríaPosto
2014/15OK Liga
2015/16OK Liga
2016/17OK Liga
2017/18OK Liga
2018/19OK Liga
2019/20OK Liga
2020/21OK Liga
2021/22OK Liga

Historial na Copa do Rei

TempadaRoldaOpoñenteIdaVoltaTotal
1978Oitavos de finalFC Barcelona3-823-25-31
1979Oitavos de finalCH Caldes9-72-511-12
1980Dezaseisavos de finalCP Tordera2-14-13-5
1981Oitavos de finalHC Sentmenat7-75-5 (q.p.)12-12
1982CampiónReus8-5
1983SubcampiónReus1-4
1984CampiónFC Barcelona4-2
1985SubcampiónFC Barcelona0-7
1986SubcampiónFC Barcelona3-35-25-8
1987SubcampiónFC Barcelona12-36-69-18
1988CampiónCE Noia-[55]
1989CampiónIgualada HC7-73-411-10
1990Oitavos de finalCE Noia6-47-611-12
1991CampiónCP Voltregá5-1
1992Cuartos de finalIgualada HC7-64-511-11
1993Cuartos de finalIgualada HC6-27-79-13
1994SubcampiónFC Barcelona3-5
1995CampiónCP Vic5-2
1996CampiónIgualada HC5-4
1997CampiónIgualada HC9-3
1998Cuartos de finalReus5-74-39-10
1999Cuartos de finalCE Noia1-3
2000Cuartos de finalCP Voltregá2-3
TempadaRoldaOpoñenteIdaVoltaTotal
2001Oitavos de finalCP Voltregá3-3 (q.p.)
2002Oitavos de finalCP Voltregá1-2
2003Oitavos de finalCP Vilanova3-4
2004CampiónIgualada HC2-0
2005Non clasificado
2006Non clasificado
2007SemifinaisFC Barcelona2-5
2008SemifinaisCE Noia1-3
2009SemifinaisCP Vic1-2
2010SemifinaisCP Vilanova3-4
2011SemifinaisFC Barcelona1-4
2012SemifinaisCE Noia3-4
2013SemifinaisReus2-3
2014Cuartos de finalCE Vendrell3-6
2015SemifinaisCP Vic1-2
2016SemifinaisCP Vic1-4
2017SemifinaisFC Barcelona2-2 (q.p.)
2018SubcampiónFC Barcelona1-2
2019SubcampiónFC Barcelona1-4
2020Suspendida
2021CampiónFC Barcelona3-2
2022Cuartos de finalReus Deportiu1-4
2023SubcampiónFC Barcelona2-4

Historial en competición europea

TempadaCompeticiónRoldaOpoñenteIdaVoltaTotal
1981/82Copa CERSCampión HC Monza12-46-820-10
1982/83Recopa de EuropaSemifinais FC Porto5-46-27-10
1983/84Copa de EuropaSubcampión FC Barcelona6-23-25-8
1984/85Recopa de EuropaSemifinais Sporting Clube8-54-39-11
1985/86Copa de EuropaCuartos de final Novara6-75-17-12
1986/87Copa de EuropaCampión FC Porto2-44-38-5
1987/88Copa de EuropaCampión Novara2-14-15-3
1988/89Copa de EuropaCuartos de final CE Noia1-711-34-18
1989/90Recopa de EuropaCampión Rolta2-922-131-3
1990/91Copa de EuropaCuartos de final HC Monza4-53-26-8
1991/92Copa de EuropaCampión Seregno6-72-29-8
1992/93Copa de EuropaSemifinais Benfica3-34-57-8
1993/94Copa de EuropaCuartos de final Novara5-22-74-12
1994/95Recopa de EuropaSemifinais HC Monza6-44-17-8
1995/96Recopa de EuropaCampión Amatori Lodi5-25-27-7 (q.p.)
1996/97Copa de EuropaSemifinais FC Porto6-8
1997/98Copa de EuropaFase de grupos
1998/99Copa CERSCampión OC Barcelos7-45-09-7
1999/00Copa de EuropaOitavos de final OC Barcelos4-06-15-6
2000/01Copa de EuropaSubcampión FC Barcelona2-4
2001/02Non clasificado
2002/03Copa de EuropaCampión Igualada HC3-3 (q.p.)
2003/04Copa de EuropaFase de grupos
2004/05Copa de EuropaOitavos de final Roller Salerno2-32-45-6
Copa CERSOitavos de final CE Noia2-35-02-8
2005/06Non clasificado
2006/07Non clasificado
TempadaCompeticiónRoldaOpoñenteIdaVoltaTotal
2007/08Copa de EuropaSemifinais Reus1-2
2008/09Copa de EuropaSemifinais CP Vic1-4
2009/10Copa CERSCampión Blanes HC7-2
2010/11Copa de EuropaCampión Reus7-4
2011/12Copa de EuropaCampión FC Barcelona4-2
2012/13Copa de EuropaCuartos de final FC Barcelona2-25-35-7
2013/14Copa de EuropaCuartos de final FC Porto1-26-88-9
2014/15Copa de EuropaCuartos de final CP Vic2-23-24-5
2015/16Copa de EuropaCuartos de final FC Barcelona6-02-22-8
2016/17Copa de EuropaCuartos de final Benfica2-36-24-9
2017/18Copa de EuropaCuartos de final Reus4-17-26-8
2018/19Copa de EuropaFase de grupos
2019/20Copa de EuropaSuspendida
2020/21Copa de EuropaFase de grupos
2021/22Copa de EuropaRenunciou

Pavillón

Exteriores do Pazo dos Deportes de Riazor.
Artigo principal: Pazo dos Deportes de Riazor.

O HC Liceo xoga os seus partidos como local no Pazo dos Deportes de Riazor, un edificio que foi inaugurado o 1 de agosto de 1970 e que ten capacidade para 5.000 espectadores. Está situado xunto ao Estadio de Riazor, no paseo marítimo da cidade herculina. A pista é de parqué e conta ademais cunha pista sintética de catro rúas para a práctica do atletismo, ximnasio, sala de judo e sala de esgrima, así como vestiarios e sala de prensa. O Pazo dos Deportes de Riazor foi tamén a sede de multitude de eventos relacionados co hóckey a patíns.

Durante a época dourada do Liceo, o pavillón rexistraba entradas que podían achegarse aos 10.000 espectadores, mais o ascenso do Deportivo da Coruña a primeira división foi pouco a pouco reducindo a media de espectadores nos partidos de hóckey, nos que actualmente non se chega á metade da capacidade, a excepción de partidos importantes, cando o pavillón se enche.

Canteira

En 1981, durante a segunda tempada do club herculino na máxima categoría do hóckey a patíns español, o Liceo creou unha escola de hóckey a patíns. A escola púxose en funcionamento o 29 de abril no Colexio Liceo La Paz da cidade herculina baixo a dirección técnica de Areces e o portugués Cristiano, ambos xogadores do primeiro equipo.[56]

O club liceísta conta cunha canteira con equipos en tódalas categorías de base que se proclamaron campións de España en diversas ocasións.

O Liceo conta tamén cun equipo "B" que compite na OK Liga Prata (segunda categoría do hóckey español). Este equipo filial xa xogara moitos anos na Primeira División (nome que tiña antes a segunda categoría), ata que na tempada 2008-09, o daquela Cerceda Liceo (polo patrocinio do Concello de Cerceda, onde disputaba os seus partidos como local) conseguiu o campionato da división de prata e polo tanto o ascenso á OK Liga, este feito propiciou a aparición xa como club independente do Club Patín Cerceda, equipo que durante a súa existencia acolleu a boa parte das promesas verdibrancas. Debido a esta cesión da praza o filial do Liceo tivo que comezar de novo dende abaixo, logrando regresar á OK Prata na tempada 2017/18.[57]

Rivalidades

Pancarta durante o partido de cuartos de final da Liga de Campións 2013 entre o HC Liceo e o FC Barcelona.

Co ascenso do Liceo á elite do hóckey mundial aumentou a rivalidade con outros que historicamente dominaron o hóckey a patíns, especialmente o FC Barcelona[58]. Tamén existe unha forte rivalidade co CE Noia.[59][60] Existiu tamén unha forte rivalidade local co A.A. Dominicos durante as tempadas que os da Cidade Vella xogaron na elite, porén o descenso dos branquinegros evitou que se puideran disputar máis choques entre os dous clubs máis importantes do hóckey a patíns coruñés.

EquipoPXogGañEmpPerGoles
HC Liceo79161350184
FC Barcelona5016313
EquipoPXogGañEmpPerGoles
HC Liceo5023522171
CE Noia2223163

Actualizado en outubro de 2012

Xogadores

Equipo 2022-23

Jordi Bargalló, antigo capitán do Liceo.
HC Liceo
NomePosiciónIdade
2 Sito RicartDefensa/Medio(25 anos)
3 Bruno Di BenedettoDefensa/Medio(26 anos)
5 César CarballeiraDefensa/Medio(28 anos)
7 Pol ManrubiaDianteiro(23 anos)
8 Dava TorresDianteiro(29 anos)
9 Fabri CiocaleDianteiro(25 anos)
10 Martí SerraPorteiro(27 anos)
27 Àlex RodríguezDianteiro(26 anos)
44 Fran TorresDianteiro(19 anos)
49 Arnau CanalDianteiro(24 anos)
87 Matías BridgePorteiro(23 anos)

Destacados

Daniel Martinazzo foi o estandarte do Liceo na segunda metade dos anos '80 e os primeiros anos dos '90.

Ao longo da súa historia, pasaron polo club herculino algúns dos mellores xogadores de hóckey a patíns a nivel internacional. Entre os xogadores máis destacados do equipo coruñés están:

Adestradores

AdestradorPeríodoLogros
Chicho Faraldo1972–1973
  • 1 Campionato de 2ª División Galega e ascenso
Chicho Rivero1973–1979
  • 1 Campionato de 1ª División Galega e ascenso
  • 1 Subcampionato de 1ª División Estatal e ascenso
José Manuel Campos (con Gallén na tempada 1980-81)1979–1983
Juan Andrés Caramés1985-1993
Willy Duarte1998-2000
Carlos Gil1983–1985
1993-1998
2000-2005
2010-2017
Paco González/Juan Copa2005-2006
José Querido2006–2009
Juan Copa2017-

Palmarés

Palmarés estatal

Palmarés internacional

Palmarés non oficial

Patrocinadores

Ao longo da súa historia o Hockey Club Liceo tivo os seguintes patrocinadores:

Tempadas

Galería de imaxes

Notas

Referencias

Véxase tamén

Bibliografía

  • Novo, Lois (2012). Mandala Ediciones, ed. Visten de verde y blanco (en castelán). p. 213. ISBN 8483527707. 

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: